Noso blog: Pequesreboreda

By Susana

O INICIO DO CURSO 2007-8

   Hoxe comenzamos a nosa andaina,”PEQUESREBOREDA”  Somos os nenos e nenas de Educación infantil , pouco a  pouco iremos enchendo este blog coas nosas experiencias,amosandovos parte do noso traballo diario na aula,das excursións ,cumpleanos…etc

    Ningún comenzo é perfecto,así que tendes que ter un pouco de paciencia con nós, iremos a modo pero con paso firme,estámos a medrar, a aprender, a facernos persoas autónomas  e eso as veces é duro e leva tempo,así que …..a ter paciencia.

 Desexamos que vos guste,esta é a nosa páxina,o noso traballo ,a nosa vida na escola .Coincidindo coa chegada da primaveira  empezamos a andar. BENVIDOS A TODOS.

2 comentarios para “Noso blog: Pequesreboreda”

  1. Profe Rosa Dice:

    Estamos moi ledos de ter un espazo especial para os nosos peques porque eles tamén son especiais, fan cousas incribles e gústalles compartir con todos os seus traballos, esperamos que todos os papás e mamás disfruten e compartan dun xeito máis directo todas as experiencias que nos fan crecer un chisquiño máis. Un bico enorme e que isto sexa o comezo dunha grande experiencia.

  2. Profe Vero Dice:

    O traballo en Infantil moitas veces parece invisible porque non se plasma nun papel. Nembargantes, cada día nas nosas aulas hai un espírito de traballo, de experimentación e descuberta que nos ensina a coñecer e actuar no mundo.
    O mellor, sen dúbida, e que todos os días se aprende algo novo e iso é o que nos fai medrar.
    Agora queremos compartir cos papás e mamás esta aventura máxima que é aprendizaxe. Non vola perdades.

Escribe un comentario