Estes últimos días estiveron cheos de novidades e sorpresa. Aproveitamos para ver o festival de fin de curso onde actuaban os Copérnicos e os Galileos. Os papás e mamás da ANPA convidáronnos a comer palomiñas de millo que estaban boísimas, fomos a graduación dos Copérnicos e dos Galileos e movemos con eles o embigo, celebramos os aniversarios e… o mellor de todo, xogamos cos hinchables. Foi unha pasada, algúns tiñamos medo e aproveitamos para tirarnos coas profes, saltamos nas colchonetas e pasámolo xenial.








26 Junio 2009 a las 11:45 |
Que buena idea lo de los hinchables y las colchonetas… se lo pasaron genial.
Salian del cole todos emocionados… Quien fuera niño de nuevo ….
Un besazo,
Rita