ÁS FAMILIAS DOS GRADUADOS (COPÉRNICOS E GALILEOS)

By profe Rosa

Deixaría empurrar o tempo cara atrás para retrasar este momento.

Cada despedida ven cargada de recordos que deixan unha imborrable marca no meu corazón: o primeiro día de clase, as saídas, os pucheiros, algúns medos e moitísimas risas.

Fomos coñecéndonos pouco a pouco, con apertas, bicos e moito traballo xuntos.

Todo o camiño que percorremos dende aquel lonxano día contribuíu ao desenvolvemeto emocional dos vosos fill@s e indudablemente, foi fundamental para todo este proceso, que, tanto vós coma nós, compartíramos o mesmo obxectivo.

A miña tarefa hoxe rematou pero vós non vos despedides, nin tedes vacacións. Querémosvos agradecer o voso apoio, o voso afecto, o voso tempo e as vosas axudas. Pero sobre todo, darvos as grazas por prestarnos eses pequenos tesouros que son “OS COPÉRNICOS” e “OS GALILEOS”, para crecer, tamén nós, como mestras e convencernos, unha vez máis, de que eleximos a máis gratificante das profesións.

Moitos bicos e grazas pola vosa confianza!!!!!!

Escribe un comentario