Como sabedes este ano adicámonos a ciencia porque foi un ano moi científico. Cúmplese o bicentenario do nacemento de Darwin e 150 anos da “Orixe das especies”. Hai centos de páxina adicadas a Darwin pero hai unha que nos gustou especialmente. A páxina está en inglés pero permítemos subir unha foto de carnet e ver a nosa evolución, está xenial para pasar un bo rato, podemos meter unha foto dos nenos e dos papás e comparar o noso parecido, iso si, todos quedamos monísimos.
