A semana pasada tivemos unha gran sorpresa, chegounos unha carta da China. Fomos a clase dos exploradores e abrimos a carta para ver que traia. Dentro viña un mapa da China e un cd con fotos e vídeos. Estivemos vendo o mapa e os Vincis contáronlle aos exploradores a historia dos 4 dragóns que se converteron en ríos que viña no libro de Samuel. Despois puxemos o cd no ordenador e estivemos vendo as fotos da China e falando de cada unha delas. Os Vincis fixeron moi ben de guías porque xa sabían moitas cousas e llas ensinaron aos exploradores. Foi moi divertido.
