SE AOS EXPLORADORES QUEREDES VER DANZAR ……………………………. NESTE VÍDEO TEREDES QUE PINCHAR!!!
SE AOS EXPLORADORES QUEREDES VER DANZAR ……………………………. NESTE VÍDEO TEREDES QUE PINCHAR!!!
A China é unha cultura moi interesante, chea de cousas misteriosas e sorprendentes. Cada día aprendemos unha cousa nova e, canto máis sabemos, máis nos gusta ese país. Como non podemos ir ata alá porque está moi lonxe estamos convertendo a nosa clase nun recanto oriental. O primeiro que fixemos foi preparar farois e colgámolos polo teito.