Archivo de 4/11/09

XOGANDO COS NOSOS NOMES

4 Noviembre 2009

ESTES DÍAS OS EXPLORADORES ESTÁN XOGANDO COS SEUS NOMES.

NUNHAS TARXETAS TEÑEN ESCRITOS OS SEUS NOMES E NOUTRAS APARECE A SÚA FOTOGRAFÍA. UNHAS VECES XOGAN A BUSCAR O SEU NOME ENTRE TODOS OS NOMES DOS SEUS COMPAÑEIROS, XOGAN A EMPARELLAR O NOME COA FOTORAFÍA, OUTRAS VECES DEBEN ADIVIÑAR DE QUEN É O NOME QUE AMOSA A PROFE OU OUTRO COMPAÑEIRO. 

E AÍNDA QUE TODO ISTO TODAVÍA É UN POUCO DIFÍCIL, NÓS PASÁMOLO MOI BEN TENTANDO DESCUBRIR DE QUEN É CADA NOME, ALGÚNS COMEZAN A UTILIZAR OS SEUS RECURSOS E AS SÚAS ESTRATEXIAS PARA RECORDAR CADA NOME, POR EXEMPLO: SABEMOS QUE OS NOMES MÁIS LONGOS SON OS DE LUCÍA C. A., E DE LUCÍA C. C. TAMÉN SABEMOS QUE O NOME DE SHEYLA COMEZA POR UNHA LETRA QUE É COMA UNHA SERPE, E MARA XA SABE QUE O SEU NOME É COMA UNHA MONTAÑA QUE SUBE E BAIXA. TAMÉN DESCUBRIMOS QUE NA CLASE HAI CATRO NOMEs QUE COMEZAN POR “L” (Lucas, Lucía C. A., Lucía C. C. e Lois), E TRES QUE COMEZAN POR “A” (Anxo, Antia e Antón).

 

4 Noviembre 2009

Os nosos amig@s de Asturias , Villapendi celebran os cumples como en Reboreda, cun taller de cociña , queredes velos ???

nuestroentornonosidentifica.blogspot.com , na columna da dereita do blog tendes o enlace directo

¡¡FELICIDADES A TOD@S @S CATIV@S!!

O POMELO CHINO

4 Noviembre 2009

Fai unhas semanas unha das exploradoras trouxo ao cole unha froita moi rara que comen os chinos. Parecía como unha cabaza pero era máis branda. A súa mamá díxonos que era un pomelo, un pouco insípido pero moi codiciado polos chinos. Hoxe xuntámonos na clase dos exploradores e comezamos a investigar. Foi moi interesante e ilustratido.

TEMOS UNS E-MAILS

4 Noviembre 2009

Despois dun longo período sin poder conectarnos e ver o noso correo, cousas das tecnoloxías, hoxe por fín accedimos a nosa conta ” ossinefos@gmail.com”, e tivemos unha chea de sorpresas, tíñamos moitos correos atrasados para ver, a mamá de Rodrigo e o papá de Antía enviáronnos unhas cousas que nos gustaron moito ,entre elas unha canción dun pitiño que nós xa coñecíamos e que nos gusta moitísimo, e como nós tamén queremos corresponder , escribimos os nosos primeiros e-mails, agradecéndollo.
Gracias por esta sorpresa!!!

OS ANIMAIS DO BRASIL

4 Noviembre 2009

Unha das primeiras cousas que os Sinefos quixeron saber do Brasil ,é qué animais hai alí, así que …coa axuda das familias estámos recopilando moita información e estes investigadores xa coñecen e identifican un montón de animais, e conste que o nome de algún é moi raro ehhh!!!!

O BRASIL DOS SINEFOS

4 Noviembre 2009

Neste curso traballamos a interculturalidade como xa sabedes, e os Sinefos estámos a investigar para coñecer un montón de cousas de Brasil, o primeiro que necesitábamos era un Brasil grande sobre o que poder traballar, así que …..mans a obra, preséntovos o Brasil destes pequenos grandes artistas.