MÁIS CHINA

A profe de música Isabel, mandounos unhas fotos da China preciosas. Aproveitamos para velas e comentalas. Como estes días tedes tempo, vouvos deixar o vídeo cos comentarios dos Vincis, saben tanto que parecen que xa estiveron na China varias veces. Tamén hai momentos de confusión que vos sacaron un sorriso. Pero, ademáis, vouvos colgar as fotos que nos mandou Isa porque podedes aproveitar para velas cos vosos peques e que volas comenten. Xa veredes canto saben.

Por certo: FELIZ ANO A TODOS.

 

UNHA SORPRESA REAL

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE, MENTRAS ESTABAMOS FACENDO A ASEMBLEA E FALANDO DAS COUSAS QUE ÍAMOS FACER DURANTE O NADAL, UN FORTE GOLPE NA PORTA SOBRESALTOUNOS, QUEN SERÍA???

NADAL CULTURAL EN REDONDELA

Non esquezades que nestas datas hai moitas opcións de ocio para os nosos peques. Na nosa vila temos o programa Nadal Cultural con moitas actividades. Hoxe, por exemplo, temos teatro na Xunqueira ás 18 coa compañía Sarabela, e mañá, tamén as 18 os Bolechas.
O 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis e o 6 as Rondallas e Ranchos de Reis.
nadal_09
TEDES MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://www.turismoredondela.net/gal_index.php

Tamén podedes achegarvos ata o IFEVI onde ten lugar:
VIGOLANDIA
Vigo, IFEVI (Avenida do Aeroporto, 772)Desde o sábado 26 ata o 30 de decembro. Horario: De 15.00 a 21.00 horas

Hai unha pista de xeo no Náutico que vai estar ata o 20 de xaneiro de 11 da mañá a 23 horas.
Na porta do Sol hai unha carpa con actividades, todas as tardes as 18. Hoxe, por exemplo, hai sesión de contacontos.
E non esquezades o cine que sempre é unha boa alternativa, sobre todo, nos días de choiva.

TAMBIÉN EN NAVIDAD PODEMOS CUIDAR NUESTRO PLANETA

Un video para que pensemos .Entre tod@s podemos cuidar un poco más a este nuestro planeta que cada vez está peor , sencillas acciones para un gran cambio. Es muy bonito y para ver con nuestros peques.

OS VINCIS VOS DESEXAN

</

OS VINCIS FELICITAN O NADAL AOS PATITOS

Antes de marchar de vacacións os Vincis prepararon un vídeo de felicitación aos Patitos cunha canción que nos ensinou Luisa o ano pasado. Levabamos moitos días querendo preparar o vídeo pero, por unhas cousas ou outras, nunca tiñamos tempo. Os Vincis non quixeron ir de vacacións sen deixar o traballo feito, e aquí o tedes.

VISITA REAL

O outro día tivemos a sorte de que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente viñeran ao cole a falar cos nen@s. Os Vincis estabamos moi nerviosos ante tan elevada presencia e costábanos un pouco poder falar con eles, pero, pouco a pouco, e tirándonos da lingua conseguimos falarlles e pedirlles os agasallos que queremos para este Nadal.

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE

O último día que fomos a clase antes das vacacións foi un día moi intenso. Tivemos que facer os últimos ensaios da panxoliña, gravar unha canción para os Patitos, viñéronnos visitar os reis, fomos ao festival e degustamos productos de nadal.
Unai trouxonos unha galletas moi ricas, tamén comemos bombóns. Nerea e Antía trouxeron améndoas e turrón de chocolate e, por suposto, todas as lambetadas que nos deron os Reis Magos.
Despois fixemos unha foto cos Reis e ao acabar o recreo cantamos e escoitamos aos nosos compañeiros.
Para rematar o día levamos os nosos centros de nadal para casa.

TRES LINGUAS PARA UNHA MESMA CANCIÓN, A PANXOLIÑA DE INFANTIL

AQUÍ TENDES A CANCIÓN EN CHINO INTERPRETADA POLOS VINCIS

OS EXPLORADORES PIDEN O AGUINALDO

LEVAMOS SEMANAS ENSAIANDO O NOSO AGUINALDO COA PROFE ISABEL, É UN CANTO BRASILEIRO, UN CANTO DE NINAR, É DICIR, UNHA NANA.

CADA UN DOS EXPLORADORES TEN QUE TOCAR UN INSTRUMENTO MOI PARTICULAR CUNS TIMBRES MOI ESPECIAIS AO TEMPO QUE VAN CANTANDO SUAVEMENTE PARA DURMIR A “MEU AMOR”.

PRESTADE ATENCIÓN E MIRADE COMO FOI TODA A NOSA PREPARACIÓN.

ASI FIXEMOS OS CENTROS DE NADAL

Este ano quixemos que os peques de Reboreda tamén participasen na preparación das ceas e comidas de Nadal, por iso preparamos con eles un centro para que adorne as vosas mesas. Para facelo os Vincis escolleron onde querían que fosen cada un dos elementos. As cousas que había que pegar con cola había que esperar a que a profe a puxera, pero os Vincis escolleron a cor da candea, picaron as flores, fixeron as bolas de plastilina e pegáronas e diseñaron ao seu gusto o centro. Tamén como lles gusta moito escribir puxeron unha mensaxe de BO NADAL no centro.
Temos que darlle as grazas a Luisa e a profe de apoio Ánxeles que nos axudaron a facer os centros, porque somos moitos e como había que preparalos de un en un, a profe Vero non daba feito.

LOS REYES VISITAN A LOS SINEFOS

Hay algo mejor que ver la cara de ” felicidad, sorpresa, alegria, ILUSIÓN ” de un niño cuando en su clase y mientras hace las rutinas de  aula el día que le toca ser el jefe le llegan los REYES MAGOS ?. Esto fué lo que nos pasó en la clase de los Sinefos , mientras Pablo G saludaba a sus compañeros para colocarlos en el panel llegaron los Reyes, sin avisar, por sorpresa!!!! , él no pudo reaccionar, se quedó inmóvil en la puerta de la clase, parpadeando sin parar como si al hacerlo  intentara verificar que de verdad estaban allí, pero no sólo  él se quedó sin palabras, todos en general estaban  boquiabiertos mirándoles, no hablaban , no sabían qué decir, poco a poco se soltaron , pero muy timidamente, recogieron la bolsita de chuches que les regalaron y se despidieron , fué entonces cuando comenzaron a hablar sin parar , lo que le iban a pedir, lo que querían , mirad sus caras, pero como esta semana en el cole no paramos ni un minuto , en plena conversación llegaron los mayores a pedir permiso para cantarnos su canción y luego los Galileos . Carlos y Raúl tienen a sus hermanas Marta y Sara en 1º , vereis su cara escuchándolas .

Gracias Majestades por venir a visitarnos y gracias a la profe Isabel por hacer este trabajo tan maravilloso de recopilación de Villancicos de muchos paises  del mundo

RESOLUCIÓN DE LOS “PREMIOS ECOMETTA”

Hoy  tengo  la suerte de poder comunicaros que cuatro alumnos de nuestro centro han sido premiados en el concurso ECOMETTA. Este  es el mensaje que recibimos del equipo del concurso:

Antes de nada agradecer el esfuerzo y la dedicación por el concurso ECOMETTA. Vuestra participación ha sido ejemplar. ALBA, de los Sinefos, se llevará un premio especial por su dibujo  y todos los niños participantes recibirán un pequeño obsequio. Próximamente os diremos como os los haremos llegar. También comentar que del equipo del maiz el dibujo 171220091125.jpg se llevará un regalo especial por su magnífico dibujo al igual que MARA del equipo de los Exporadores y Samu del equipo de los Vincis.
 
Espero que hayáis disfrutado de este concurso.
 
Un abrazo muy grande y muchas gracias
 
FELIZ NAVIDAD Y PRÓSPERO 2010
 
 


PREMIOS ECOMETTA

FELICIDADES A TODOS LOS GANADORES.

OS VINCIS CANTAN O AGUINALDO

Como sabedes no cole andamos viaxando polo mundo para coñecer outras culturas e entender mellor o mundo no que vivimos. Neste proxecto participa todo o cole, así temos un belén tribal, un festival de panxoliñas intercultural, cada clase representa a un país e… dende a aula de música coñecemos instrumentos, cancións e melodías doutros países.
Os Vincis aprenderon unha canción de berce na lingua zapoteka, dunha cultura indíxena que está en Guajaca. A letra era moi difícil pero eles aprendéronna moi ben, tanto que ata ma ensinaron a min porque eu non a daba aprendido.
O venres xunto a profe Isabel e a Bibi foron polas aulas cantando e recibindo o aguinaldo a cambio. Foi unha actividade preciosa e dunha gran labor e dedicación por parte da profe de música que non so preparou aos Vincis senon a todos os cursos ata terceiro. Esta actividade de interacción cos outros cursos e de inmersión cultural é fantástica e moi enriquecedora para nenos e mestres por iso non podiamos deixar de compartila con vos.
E, por suposto, dende infantil, queremos darlle as GRAZAS a profe Isabel polo seu entusiasmo, ganas e traballo incansable. ERES XENIAL PROFE, SEGUE ASÍ.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.