O LIBRO DOS TRASNOS

Durante o primeiro trimestre estivemos traballando ao redor dos contos tradiconais galegos. Nós estivemos descubrindo ás personaxes máis famosas destes contos, os trasnos.

E despois de varias semanas traballando con estas personaxes elaboramos “O libro dos trasnos”. Así de bonito quedou!!!

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO, UN SÍNEFO MÁIS CON 6 ANOS

ESTA VEZ FOI PABLO G. O NOSO COMPAÑEIRO QUE CUMPRIU 6 ANOS, E FOI CURIOSO DESCUBRIR QUE OS NOSOS PABLOS SON OS MAIORES DA CLASE, AQUÍ TENDES UNHAS IMAXES ONDE VOS MOSTRAMOS O BEN QUE O PASAMOS. ALGÚN SÍNEFO COMEZOU A CREAR PRESONAXES FANTÁSTICAS CÓS ALIMENTOS FIXADEVOS BEN ESTÁN XENIAL; SON UNS ARTÍSTAS. A SÚA IMAXINACIÓN, INXENIO, CREATIVIDADE E COOPERACIÓN AFLORAN CONSTANTEMENTE.

ANIVERSARIOS EXPLORADORES DO MES DE FEBREIRO

Neste mes temos que felicitar a… Valentina e Jorge, da clase dos exploradores. Xa son todos uns mociños porque xa teñen… 6 aniños!!!

Nesta festa dos aniversarios non cociñamos porque quixemos celebrar o entroido cunha festa chea de lambetadas: chocolate, pombiñas de millo, galletas doces, pauciños de pan, zume de ananás,…

Cantamos, rimos e sobre todo, non paramos de comer. Mirade que ben o pasamos todos xuntos nunha festa tan especial. Noraboa a todos os cumpreañeiros!!!

OS CUMPLES COCORICOS DE FEBREIRO

Neste mes de febreiro festexamos os cumples d@s peques de Reboreda. As Cocoricas María Victoria e María cumpriron 4 aniños e están feitas unhas mociñas. Entre todos cantámoslle o cumple, tirámoslle das orellas e fixemos unha grande comilona cos demais amig@s.
¡MOITOS PARABÉNS PEQUES!Esperamos que o desfrutásedes moito.
¡Unha aperta!

A PELÍCULA “Os Cocoricos conquistan Redondela”

A familia do Cocorico Diego Toucedo trouxonos unha fermosa película de piratas, elaborada con moito agarimo para todos os nenos e nenas do colexio de Reboreda. Nela recóllese a emocionante travesía que os nosos peques, xunto coas súas familias, levaron a cabo pola vila de Redondela.
Foi un día impresionante, cheo de maxia, ledicia, amor e, sobre todo, con grandes doses de aventura e diversión. ¡Desexamos que a desfrutedes moito! ¡Unha aperta!

O ENTROIDO PIRATA DOS SÍNEFOS

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DE TÓDOLO ACONTECIDO NA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO, ESA FESTA PAGÁ QUE TANTO NOS GUSTA, XA QUE ANUNCIA A CHEGADA DA PRIMAVERA.
AQUÍ PODEDES VER COMO POUCO A POUCO OS SÍNEFOS E AS SÚAS FAMILAS TRABALLARON, E SEN DEIXAR DE PENSAR COMO DISFRUTAR AO MÁXIMO, E CONSEGUÍRONO, TOD@S O PASAMOS XENIAL COA NOSA BANDEIRA PIRATA, A MÁIS GRANDE QUE VIRAN.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRACIAS A TÓDALAS FAMILIAS POR COMPARTIR E COLABORAR CON NÓS, DA GUSTO.

ENTROIDO DOS WATERS II

BOS DIAS, UNA VEZ VISTO TODO O QUE TRABALLARON OS PAIS TAMÉN TEMOS QUE VER TODO QUE FIXERON OS NENOS NO ENTROIDO. AQUÍ VOS DEIXO UN RESUME DE TODO O BEN QUE O PASARON TODA A SEMANA E UN BO RECORDO DUN GRAN DIA. SAÚDOS

SEMANA DO ENTROIDO NA CLASE DOS WATERS

BOAS, XA TEMOS FEITA A RECOPILACIÓN DE FOTOS DO ENTROIDO DOS WATERS NO COLE DE REBOREDA…FOI UNHA SEMANA MOI INTENSA PARA TODOS PERO TAMÉN MOI FESTEXADA E DISFRUTADA: FIXEMOS CASO A MARGARIDA, CONFECCIONAMOS OS DISFRACES DE PIRATAS, DISFRAZAMONOS NA AULA E DESFRUTAMOS DUN DESFILE MONTADOS NUN BARCO PIRATA INCRIBLE.
PERO ANTES DE VER ÓS NENOS VEXAMOS O OUTRA PARTE IMPORTANTE DO ENTROIDO QUE FORON OS PAPÁS/MAMÁS DOS WATERS QUE FORON OS QUE FIXERON ESE BARCO NO QUE OS NENOS DISFRUTARON COMO NUNCA.
GRACIAS ÓS PAPÁS/MAMÁS DA MIÑA PARTE XA QUE SEN ESTA COLABORACIÓN TAN GRANDE, O ENTROIDO NON SERÍA O MESMO. DA GUSTO VER COMO VOS IMPLICADES COA ESCOLA CO FIN DE FACER FELICES ÓS VÓSOS FILLOS.
ASÍ COMEZOU TODO.MIRADE COMO TRABALLARON PARA CONSEGUIR ESA OBRA DE ARTE…

UNS PIRATAS MOI EXPLORADORES NO ENTROIDO DE REBOREDA

Despois dunhas longas semanas e dun duro traballo chegou o día tan esperado, o desfile de entroido na escola de Reboreda. Os peques da escola, como este ano estamos a traballar ao redor dos contos, elexiron a unhas personaxes moi aventureiras, “Os Piratas”.

Tivemos que preparar os traxes, os complementos (cintos, panos da cabeza, catalexos, loros,…) coa gran axuda das familias e tamén nós soíños. Tamén decoramos o noso barco pirata, e como era un barco de “piratiñas”, enchémolo de cores e moitos adornos, como calaberas, bandeiras piratas, cofres cheos de tesouros, anclas, ata lle fixemos as ondas do mar.

Eiquí deixámosvos unha chea de retazos de eses bos momentos desa coidada elaboración…

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Make your own presentación

OS PIRATAS COCORICOS

Neste Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de Piratas, uns piratas moi chusquiños e aventureiros. É por isto que Os Cocoricos estivemos preparándonos a conciencia, ¡traballamos moito! Aprendemos cousas novas de piratas, lemos contos, vimos vídeos, cantamos cancións e preparamos os nosos disfraces; poñéndolle lunares aos panos, pintando os catalexos ou decorando o barco con peixes, estrelas e cabaliños de mar.
No día sinalado, estabamos moi emocionados e ilusionados, ¡por fin chegaba o que tanto desexabamos! Vestímonos coas roupas de piratas, pintamos o parche no ollo, colocamos o pano na cabeza, pillamos os catalexos e subimos ao noso grande barco. ¡Xa estabamos listos!
Coa axuda das familias saímos do cole e surcamos os mares de Reboreda, foi unha viaxe trepidante á par que divertida, onde nos defendemos dos ataques externos coas máxicas pompas de xabón.
Ese día xa rematou, pero Os Cocoricos seguimos soñando que somos uns valentes e feroces piratas, que navegamos polos mares do mundo na procura de enormes tesouros.
¡FELIZ ENTROIDO!

AS FAMILIAS COCORICAS E O ENTROIDO

Os Cocoricos estamos moi contentos, porque as nosas familias traballaron moito moito moito para festexar un Entroido memorable. Construíronnos un grande e fermoso barco pirata, axudáronnos a preparar os disfraces de piratas e acompañáronnos neste grande día.
¡Moitas gracias familias!Esperamos que o desfrutásedes como o fixemos nós. ¡Unha aperta!

OBRADOIROS DE ENTROIDO COAS FAMILIAS

Coa chegada do entroido e nunha ocasión máis as familias participan activamente no desenvolvemento da nosa labor educativa, achegándose a traballar duramente nos nosos obradoiros pirateiros.

Durante varias semanas estes nen@s grandes voltan á escola por unhas horas e gozan traballando ao lado dos máis peques da escola. Soamente tedes que ver este vídeo para observar que ben o pasan… os nen@s ou… as familias??? Jajajajaja. Vos me diredes!!!

SEMANA DO MECO NA CLASE DOS EXPLORADORES

Antes da chegada do entroido na escola de Reboreda preparamos a semana do meco. Nesta ocasión “Margarida”, a mascota de biblioteca foi a encargada de dar as ordes do que deberíamos levar cada día da semana para recibir ao entroido.

Así de lindos e divertidos chegaban á escola os exploradores durante esa semana.

¡BENVIDO AMIGO BRAIS!

Hoxe recibimos cos brazos abertos a un novo amigo co que compartir os mellores momentos. Desexamos que desfrutase moito no primeiro día e que este sexa o primeiro de moitos onde o pase moi ben ao mesmo tempo que aprenda cousiñas novas. ¡Unha aperta grande!

UN POEMA PARA O ENTROIDO

ESTOS DÍAS, INMERSOS NA PREPARACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO, OS SÍNEFOS APRENDEMOS UN POEMA.
NUN PRINCIPIO DECIDIMOS RECITALO COA NOSA AMIGA MARGARIDA XA QUE FOI A PRIMEIRA EN DISFRAZARSE, PERO GÚSTANOS TANTO QUE IMOS COMPARTILO CON TOD@S PARA QUE O APRENDADES.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.