DÍA DOS XOGOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
23 may 2012 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, CONMEMORACIONS, DÍA DOS XOGOS, NOVAS
Como remate final á semana das letras galegas, os peques disfrutaron dunha chea de xogos, como: o baile da vasoira, as sillas, a canasta, o baile da pataca,as chave, os aros, a pesca da botella,… Pero o máis divertido de todo foi candno voltamos á clase, unha chea de xoguetes estaban esperando por nós. Foi xenial!!!
DÍA DA ÁRBORE NO COLE DE REBOREDA
21 may 2012 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, COÑECEMENTO DO MEDIO, CONMEMORACIONS, NOVAS, VOZ NATURA
Un ano máis no cole de Reboreda tivo lugar unha das celebracións más populares da escola “O día da árbore”.
Este ano as comunidades de montes de Reboreda e Ventosela recomendáronnos ir a plantar as árbores preto do campo de fútbol de Reboreda. Alí os peques axudaron a plantar as árbores, merendaron e xogaron sen parar.
Ahí vos deixamos algúns recordos deses momentos.
OS RAPACIÑOS DO CARBALLO- MAIOS 2012
20 may 2012 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, Costumes e tradicións galegas, FALANDO EN PÚBLICO, NOVAS
“Os rapaciños do carballo” quixeron compartir con nós e cos “Cocoricos” as súas cantigas e experiencias no concurso dos maios en Redondela. Cantáronnos as súas coplas e ensináronnos unha chea de fotografías que explicaban todo o proceso de elaboración do seu maio, tan orixinal. Tamén ensiráronnos fotografías dese gran día. Noraboa peques!!! Sodes xeniais!!!
FÍOS, TÍTERES EN REDONDELA
20 may 2012 Dejar un comentario
in CONTOS, NOVAS, RECURSOS PARA TODOS
O pasado martes, todo o alumnado da escola baixou a Redondela ao multiusos para ver a obra de títeres, “Fíos”, xa que era o XIII festival de títeres en Redondela.
Ahí os deixamos unha pequena mostra de xenial obra teatral coa que nos agasallou Baobab, coa súa preciosa posta en escea.
AS ESTATUAS, UN NOVO XOGO COOPERATIVO
16 may 2012 Dejar un comentario
in APRENDIZAXE COOPERATIVA, CREATIVIDADE, MEDRANDO NO COLE, XOGOS DE AULA
Dentro das nosas actividades de “traballo cooperativo” que estivemos desenvolvendo durante todo este curso, aprendemos a importacia que ten saber traballar en equipo, as ventaxas que ten traballar deste xeito, onde os esforzos de tod@s poden axudarnos a conseguir resultados sorprendentes.
Nesta ocasión quixemos traballar en equipo para favorecer a cohesión grupal co divertido xogo das estatuas na aula de psicomotricidade. O xogo consistía en ir elaborando orixinais e singulares estatuas co noso corpo. Primeiro tiñamos que traballar por parellas, logo por pequenos grupos, e ao final entre tod@s tiñamos que construir unha enorme estatua. Para elo, estes pequenos artistas, tiñan que falar entre eles antes de facelas, porse dacordo para dar forma a súa estatua grupal. Os resultados foron sorprendentes pero o máis me deixa abraiada é o ben que saben traballar cooperativamente estes peques. Parabéns a tod@s!!!
“A GALIÑA QUE QUERÍA VOAR”, O CONTO DE MONTSE E JERO
15 may 2012 3 comentarios
in CONTOS, CREATIVIDADE, FAMILIA EN EL AULA, SESIÓN TEATRAL
E chegou o día esperado… Montse e Jero invitaron a todos os peques de Reboreda a asistir á sesión de contacontos máis especial da escola.
Así comezou a mañá, cunhas invitacións moi especiais para tod@s.
E ás 12:30 h. deu comezo a sesión teatral, cunha magnífica acollida por parte de todos os peques e cunha chea de aplausos ao seu final.
Atentos, atentos, que o espectáculo vai comezar….
MENCIÓN ESPECIAL NOS PREMIOS VOZ NATURA
14 may 2012 Dejar un comentario
in NOVAS, PREMIOS, VOZ NATURA
O noso blog de Voz Natura foi premiado cunha mención especial entre 214 blogs que participaban no proxecto deste curso. Estamos super-contentos!!!
PREPARATIVOS E PRIMEIROS ENSAIOS DA NOSA GRAN OBRA TEATRAL
14 may 2012 Dejar un comentario
in APRENDIZAXE COOPERATIVA, CONTOS, CREATIVIDADE, FAMILIA EN EL AULA, MEDRANDO NO COLE, SESIÓN DE CONTACONTOS
As familias dos exploradores quixeron darnos unha gran sorpresa cun divertido conto, chamado: “A galiña que quería voar”
Polo que nos pediron axuda para acompañalos nese día no seu gran debut artístico. Os exploradores estaban moi emocionados porque levaban días preparando as máscaras, a máquina para voar, as entradas para ir ver a obra teatral, invitar a todos os compañeiros do ciclo, profes,… Utilizaron diferentes recursos e materiais de refugallo e tentaron traballar de forma cooperativa na elaboración das entradas. Tamén durante varios días ensaiaron coas familias para que resultado final fose marabilloso.
Queredes ver todo o proceso de preparación??? Pois ahí vos deixamos un pequeno adianto.
FACENDO MÁSCARAS DE ANIMALES DA GRANXA CON MATERIAIS DE REFUGALLO
13 may 2012 Dejar un comentario
in CONTOS, CREATIVIDADE, TRABALLOS
Os exploradores estiveron traballando arreo para preparar un pequeno conto coas familias. Como a historia desenvolvíase nunha granxa tivemos que preparar máscaras de galos, de porcos, de cabras e ovellas, de coellos, de cabalos e ata….. duns ratiños moi travesos. Para dar forma a estas divertidas máscaras tentamos utilizar diferentes materiales de refugallo, como: platos de usar e tirar, “hueveras”, cartóns do papel hixiénico, tapas, algodón, botóns,…
Mirade que bonitas quedaron ao final…
ALEX, UN CONTACONTOS MOI FEROZ
10 may 2012 Dejar un comentario
in CONTOS, PEQUENOS CONTACONTOS, SESIÓN DE CONTACONTOS
Pouco a pouco van pasando pola clase dos exploradores e do resto dos peques de Reboreda uns contacontos moi especiais. Nesta ocasión Alex agasalóunos cun conto moi chulo, “O oso e a espada”. Gustóulles tanto aos peques que Alex estaba encantado ensinándolles as ilustracións, explicando as súas dúbidas e para comprobar se estiveran atentos ao final fíxolles moitas preguntas pero estes pequenos espectadores non perderan detalles.
Mirade que bonita foi esta sesión de contacontos…
DE COMPRAS CON ANTÍA, A TENDEIRA
09 may 2012 Dejar un comentario
in A TENDA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, EXPERIMENTANO NA AULA, RECURSOS
Unha vez máis na tenda dos exploradores vivimos mil e unha experiencias. Cada día que pasa estes peques mercan moi ben. Facemos moi ben a lista da compra, algúns queren aforrar pero cando queremos mercar algún caprichiño…….. os aforros desaparecen, outros teñen que pedir axuda aos compañeiros máis aforradores, etc.
E que dicir da tendeira??? Esta tendeira estivo moi metida no seu papel, axudando a aqueles compradores despistados, moi atenta por se algúen marchaba sen pagar ou lle daba mal os cartos, asesoraba a aqueles indecisos,… Noraboa a tod@s!!! Cada día facédelo moi pero que moi…….. ben!!! Temos que ir pensando en complicar un pouquiño máis estas compras.
OS MAIORES DO COLE CONVÉRTENSE EN CONTACONTOS POR UN DÍA
07 may 2012 Dejar un comentario
in AMIGOS, BIBLIOTECA, CONTOS, FALANDO EN PÚBLICO, PEQUENOS CONTACONTOS
Despois dun longo ano traballando ao redor dos contos, os maiores da escola queren agasallarnos cunhas interesantes sesións de contacontos nas clases dos máis pequenos. Nesta ocasión Pablo Amor, presentounos o conto: “Gato Guille e os monstros”.
Os exploradores xa coñecían este famoso conto pero estiveron moi atentos a esta diferente narración do conto. E como isto nos soubo a pouco Pablo quixo voltar a contalo pero agora coa axuda da PDI que temos na clase, porque nos estamos acostumados a velos case sempre na pantalla grande.
Parabéns Pablo!!! Fixéchelo moi, moi ben!!!
PEQUENOS ESCRITORES E LECTORES NA CLASE DOS EXPLORADORES
05 may 2012 Dejar un comentario
in NOVAS
Dende que pasou o día do libro, os exploradores espertaron brillantemente as súas ansias de escribir e ler a todas horas e en todos os lugares, calquera tipo de letra e en calquera formato.
Valentina o outro día estivo maliña e non víu a escola así que… aproveitou o día para escribir o seu primeiro relato e quixo compartilo con todos nós ao día seguinte, foi tan chulo que non nos chegou a nada e queríamos escoitar un pouquiño máis. Pero Valentina xa prometeu que pronto voltará a agasallarnos con novas historias.
Despois dun divertido conto quixemos xogar ás adiviñas. Sí, sí,……..aquelas que nos van mandando as familias a través dos seus correos. Antes a mestra axudaba a lelas pero agora como xa somos maiores podemos lelas soíños. Mirade que ben o facemos e que ben as resolvemos…
CONTO DOS TRES PORQUIÑOS INSTRUMENTADO
04 may 2012 Dejar un comentario
in AMIGOS, ASPECTOS MUSICALES, CONTOS, CREATIVIDADE, MATERIAIS E RECURSOS, PEQUENOS CONTACONTOS, SESIÓN DE CONTACONTOS
A profe Isabel, leva varias sesións liada cos compañeir@s de 4º preparando un coñecido conto cuns instrumentos moi particulares. Os peques tivemos que escoitar o conto dun xeito singular, tiñamos que estar de espaldas aos músicos e caladiños para escoitar atentamente todos os sons que aparecían para descubrir, como dunha adiviña se tratase, cal era o conto que os amig@s de 4º acababan de representar.
Unha vez rematada a instrumentalización rapidamente os peques adiviñaron o conto. Tratábase do conto: “Os tres porquiños”. Explicaron como o adiviñaron e logo pedíronlle aos músicos que nos explicasen como facían cada un dos sons que aparecían no conto, como facían os porquiños, como soaba o lume, ou o vento, ou mesmo a auga fervendo na cheminea. Pasámolo xenial!!!
Ahí vos deixamos algúns deses bonitos momentos.
UNHA BONITA SORPRESA FRANCESA PARA OS EXPLORADORES
03 may 2012 1 comentario
in AMIGOS, FAMILIA EN EL AULA, INTERCULTURALIDADE, NOVAS
A clase dos exploradores chegaron dúas amigas moi especiais, a curmá e a amiga de Lucas, que chegaban dun país cercano ao noso, aínda que como dixo Lucas para ir a pé todavía estaba moi lonxe, ese lugar chámase Francia. Clemence e Sterenn (aínda que Lucas presentóunolas con outros nomes máis doados de pronunciar) quixeron coñecer aos famosos exploradores, dos que tantas veces lles falara Lucas. Dixéronlle onde estaba Fracia e o lugar onde vivían elas, falaron un pouquiño en francés, cantáronnos unha pequena canción infantil (que logo tentamos cantar todos xuntos cando chegaran os pequesreboreda que faltaban) e ata quixeron agasallarnos contándonos o coñecido conto dos tres porquiños en francés, e ata nos deixaron unha sinxela receita dun doce do seu país.
Moitas grazas amigas foi moi interesante a vosa visita!!! Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas do voso país!!!




















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR