DE COMPRAS CON ANTÍA, A TENDEIRA

Unha vez máis na tenda dos exploradores vivimos mil e unha experiencias. Cada día que pasa estes peques mercan moi ben. Facemos moi ben a lista da compra, algúns queren aforrar pero cando queremos mercar algún caprichiño…….. os aforros desaparecen, outros teñen que pedir axuda aos compañeiros máis aforradores, etc.

E que dicir da tendeira??? Esta tendeira estivo moi metida no seu papel, axudando a aqueles compradores despistados, moi atenta por se algúen marchaba sen pagar ou lle daba mal os cartos, asesoraba a aqueles indecisos,… Noraboa a tod@s!!! Cada día facédelo moi pero que moi…….. ben!!! Temos que ir pensando en complicar un pouquiño máis estas compras.

UN NOVO DÍA NA TENDA DOS EXPLORADORES

Fai uns días, Antón foi o novo tendeiro na tenda dos exploradores e fíxoo moi ben. Atendeu aos clientes con moita educación, fixo as sumas e axudou aos compañeir@s a facer as contas. Eiquí deixámosvos unha pequena mostra deses momentos. Parabéns a Antón e a todos os exploradores!!!

DÍAS DE COMPRA NA TENDA DOS EXPLORADORES

En pasadas semanas xa vos contamos un pouquiño de como íamos traballar na tenda dos exploradores, hoxe imos amosarvos como mercan e venden estes peques nun recuncho tan completo. Facemos sumas e restas, aforramos cartos para mercar cousas moi ricas á semana seguinte, compartimos moedas con aqueles que non lles chegan as moedas que teñen,…

Eiquí vos deixamos soamente un pequeniña mostra destes primeiros pasiños. Noraboa a Anxo, por ser o noso primeiro tendeiro e a todos os exploradores por facelo tan ben dende o primeiro día!!!!!

OS PRIMEIROS PASIÑOS DA TENDA DOS EXPLORADORES

Semana a semana os exploradores vanse familiarizando co seu novo recurso e recuncho educativo, “A Tenda dos exploradores”.

Con tan pouco tempo de andaina xa facemos cousas incribles, é que………………………. estes exploradores non paran de asombrarme día a día.

Nesta ocasión vamos a mostrarvos como foron os nosos primeiros pasiños, presentación do recuncho, organización das merendas atendendo aos prezos (que eles mesmos puxeron dacordo coas súas propias preferencias, é dicir, os alimentos que máis lles gustaban eran os máis caros e aqueles máis comúns ou necesarios serían os máis baratos, así os caprichos sempre serán os que custen máis adquirilos) e finalmente aprendemos un montón sobre como facer o reparto das moedas acumuladas polo equipo ao longo da semana. Na seguinte ocasión vos amosaremos como mercan e venden estes peques tan emprendedores.

Isto si que foi un gran comezo!!!

OS PRIMEIROS PASOS DA TENDA DOS EXPLORADORES

Tardamos pero xa estamos dando os primeiros pasiños na nosa tenda. Levamos varios días falando de como tiñamos que facela, de como íamos mercar, con que, como íamos colocar os alimentos no super,…

Nesta ocasión ímosvos a amosar todas aquelas explicacións que deron os meus grandes “exploradores” sobre como tiñamos que mercar e con que. Aínda non comezamos coa tenda e xa me deixaron coa boca aberta. E que xa son tan maiores!!!

OS VINCIS VAN A MERCAR AO FAMILIA

Levamos todo o ano mercando no super da clase e, coma vistes ao longo deste meses, fixemos unha chea de avances e aprendemos moitísimas cousas. Non podía haber mellor final para este proxecto que ir ao supermercado de verdade e facernos responsables de mercar a comida para a festa de fin de curso.

Esta era unha gran responsabilidade, tiñamos que pensar ben que iamos mercar, tiña que chegar para os 90 nen@s de educación infantil así que cada parella fixo unha lista de 3 cousas. Logo puxémolas en común e vimos que era o que máis se repetía. Así que refixemos a nosa lista para ir mercar.

Sorprendentemente, os Vincis colleron unha merenda con froita, empanada, galletas e chupinadas, todo moi variado.

Coa lista feita puxémonos en camiño agarrados da nosa parella, bolsa e monedeiro en man. Chegamos ao super e coa lista , collemos unha cesta e fomos polos corredores collendo o que nos facía falla. Tivemos axuda da profe Lucía e de Luisa para coller as cousas altas ou para aclarar algún prezo pero polo resto fixémolo todo sos.

Cando xa tiñamos todo mercado foi hora de pagar e todos tiñan as contas perfectas porque a ninguén lles faltou diñeiro.  Coma cada parella levala 6 euros, ao rematar a lista, se lles sobraba podían mercar o que quixeran, así que houbo parellas que foron polo barato e levaron o cesto cheo e outros que non quixeron renunciar as súas marcas favoritas para cubrir a lista e compraron so o que tiñan na lista.  Uns e outros portáronse xenial e mercaron estupendamente.

NORABOA VINCIS, SODES UNS CAMPEÓNS!!!

NOVA SEMANA DE TENDA: COMPRADORES E VENDEDORES PROFESIONAIS

Despois de todo un ano comprando e mercando na tenda, os Vincis son uns grandes profesionais, tanto facendo a lista da compra, coma sumando, mercando ou organizando o mellor para o grupo.

Todos os vídeos da tenda son os meus favoritos porque da gusto velos pensar, razonar e buscar solucións para poder ter merenda para todos.  Xa nos quedan poucas semanas de tenda antes de ir ao super de verdade e estamos aproveitando para afianzar conceptos. Normalmente, antes de facer a lista hai un debate previo para escoller o encargado e decidir que se merca, non o poño porque cos 25 falando entre eles hai moito balbordo, pero nestas últimas tendas vouvos poñer un pouquiño dese proceso inicial para que vexades a riqueza das súas reflexións.

Non se entende moito no primeiro minuto, pero se estades atentos podedes ver coma organizan as compras. Despois teredes a lista xa feita e o último vídeo é Emmanuel facendo de tendeiro.

Unha gozada!!!

MÁIS TENDA

Unha semana máis aquí tedes aos Vincis facendo a lista da compra para poder ir a tenda.

Nesta ocasión o noso tendeiro foi Hugo

A LISTA DA COMPRA

O outro día vimos o vídeo dos nosos dous tendeiros, pero, antes de ir mercar, tivemos que escoller o encargado do grupo, facer a lista da compra e calcular ben para que o soldo nos dera para comer os cinco. Mirade que ben fixeron as listas os encargados desta semana.

A TENDA CON DOUS TENDEIROS

A última vez que tivemos tenda na clase dos Vincis, tivemos a dous tendeiros, primeiro Alba M e logo David. A Alba tocáballe a semana anterior pero eu despistei e mandei ao seguinte e ela non me dixo nada. Tardei dous días en darme conta, así que David compartiu o seu turno con ela. Unha vez máis primeiro tiveron que facer a lista da compra nos equipos, escoller quen ia ir comprar, anotar todo, facer as contas e, logo, a comprar.

Mirade que maiores.

MÁIS TENDA

Como xa vos comentei no artigo do outro día, durante estas semanas os Vincis van ir a compra facendo a lista  antes. Claro que, cada semana, o encargado de ir a tenda ten que ser un novo membro do grupo para que todos teñan que facer a lista e asumir a responsabilidade de comprar para todo o grupo.

Esta semana a nosa tendeira foi Antía, que ademais, era a encargada de mercar no seu grupo, iso si, organizándonos todo foi posible.

IMOS A TENDA COA LISTA DA COMPRA

Con estes Vincis, cada semana hai que buscar novos retos para seguir sacándolle partido a  tenda. Esta semana comezamos unha nova variante nas nosas compras. Durante varias semanas, imos ir mercar facendo a lista da compra. Para isto cada equipo debe seleccionar a quen vai ir mercar, teñen que escoller o que queren, facer a lista e ese representante mercará para todos. En principio parece sinxelo pero, coma sempre, hai unha pequena trampa. Esta semana cada equipo ten 10 euros e teñen que facer lista e anotar os prezos, facer a suma e axustarse a ese presuposto. A pesar dalgúns tropezos, todos conseguen facer a súa lista.

Agora que todos teñen a lista feita toca ir mercar. Hoxe o tendeiro é Rober que ten unha gran responsabilidade. Facer a contas de cada cliente e a conta final da tenda. Mirade, mirade!!!

A NOSA TENDA: PRECISAMOS UN GRUPO DE EXPERTOS

Que facer cando os Vincis xa adquiriron o que se pretendía nun principio cun proxecto coma a tenda? Sempre hai dúas opcións, deixar o recuncho como xogo ou tentar darlle unha volta e sacarlle máis rendemento.

Coma ir mercar e ser os tendeiros gústalles moito parecíame unha pena desaproveitar o potencial educativo da tenda, así que, esta semana complicamos as cousas. Cando chegou a hora de repartir os soldos resulta que non había un soldo por equipo, senón que tiñamos un soldo para toda a clase que había que repartir a partes iguais. Así que tiveron que debatir nos equipos e designar a un experto para que fose a unha mesa de debate onde se decidira como facer un reparto xusto. Non vos adianto máis.

Xa vedes que escoller aos expertos non lles custou moito, iso si, non parece que teñan moi claro coma van a repartir os cartos. Aquí tedes o vídeo dos expertos debatindo, teñen que sacar todo o seu potencial porque a pregunta non é sinxela e parece que non lle van a dar atopado unha solución. Nembargante, estade atentos, de seguro que quedades moi sorprendidos.

Eu cando puxen  actividade pensaba que ian chegar a conclusión de que os billetes podíanse dividir en moedas e así era máis sinxelo dividilos. Nunca pensei que se lles ocurriría botar man dos aforros. E isto é o maravilloso, non hai unha única solución, calquera é válida sempre que se responda ao problema formulado. Da gusto velos traballar en equipo e poñer todas as súas cabeciñas a funcionar.

Repartido o diñeiro so quedaba ir mercar a tenda. Nesta ocasión tocáballe a Antía ser a tendeira. Ser tendeiro é unha responsabilidade enorme e, normalmente, están super nervosos e cústalle moito facer as contas porque teñen medo a traducarse. Aquí tedes a nosa tendeira facendo contas e máis contas.

TÓCALLE A UNAI SER O TENDEIRO

Unha semana máis o noso supermercado volve a abrir as portas. Esta volta é Unai o tendeiro, que ten moitísimo traballo atendendo as compañeiros e facendo as sumas.

Estade atentos porque a próxima semana vai volver a haber novidades no noso super.

OUTRA SEMANA DE COMPRAS NA NOSA TENDA

A semana pasada volvemos a mercar na nosa tenda.  Nesta ocasión tocoulle ser o tendeiro a Pablo, que estaba super nervoso. A verdade é que o fixo xenial e ata lle deu consellos sobre o que tiñan que mercar aos que se achegaban a sua tenda, como un tendeiro profesional. Ninguén nos coñece mellor que nos mesmos e, por iso, Pablo, decidiu facer as contas aos poucos, sabía que así podía levalas mellor.

Os Vincis esta semana gañaron máis diñeiro e iso notouse nos ingresos da tenda, xa que, a pesar de ser moitos menos mercando, conseguimos case tantos beneficios coma a semana pasada.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.