A PELÍCULA “Os Cocoricos conquistan Redondela”

A familia do Cocorico Diego Toucedo trouxonos unha fermosa película de piratas, elaborada con moito agarimo para todos os nenos e nenas do colexio de Reboreda. Nela recóllese a emocionante travesía que os nosos peques, xunto coas súas familias, levaron a cabo pola vila de Redondela.
Foi un día impresionante, cheo de maxia, ledicia, amor e, sobre todo, con grandes doses de aventura e diversión. ¡Desexamos que a desfrutedes moito! ¡Unha aperta!

O ENTROIDO PIRATA DOS SÍNEFOS

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DE TÓDOLO ACONTECIDO NA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO, ESA FESTA PAGÁ QUE TANTO NOS GUSTA, XA QUE ANUNCIA A CHEGADA DA PRIMAVERA.
AQUÍ PODEDES VER COMO POUCO A POUCO OS SÍNEFOS E AS SÚAS FAMILAS TRABALLARON, E SEN DEIXAR DE PENSAR COMO DISFRUTAR AO MÁXIMO, E CONSEGUÍRONO, TOD@S O PASAMOS XENIAL COA NOSA BANDEIRA PIRATA, A MÁIS GRANDE QUE VIRAN.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRACIAS A TÓDALAS FAMILIAS POR COMPARTIR E COLABORAR CON NÓS, DA GUSTO.

ENTROIDO DOS WATERS II

BOS DIAS, UNA VEZ VISTO TODO O QUE TRABALLARON OS PAIS TAMÉN TEMOS QUE VER TODO QUE FIXERON OS NENOS NO ENTROIDO. AQUÍ VOS DEIXO UN RESUME DE TODO O BEN QUE O PASARON TODA A SEMANA E UN BO RECORDO DUN GRAN DIA. SAÚDOS

SEMANA DO ENTROIDO NA CLASE DOS WATERS

BOAS, XA TEMOS FEITA A RECOPILACIÓN DE FOTOS DO ENTROIDO DOS WATERS NO COLE DE REBOREDA…FOI UNHA SEMANA MOI INTENSA PARA TODOS PERO TAMÉN MOI FESTEXADA E DISFRUTADA: FIXEMOS CASO A MARGARIDA, CONFECCIONAMOS OS DISFRACES DE PIRATAS, DISFRAZAMONOS NA AULA E DESFRUTAMOS DUN DESFILE MONTADOS NUN BARCO PIRATA INCRIBLE.
PERO ANTES DE VER ÓS NENOS VEXAMOS O OUTRA PARTE IMPORTANTE DO ENTROIDO QUE FORON OS PAPÁS/MAMÁS DOS WATERS QUE FORON OS QUE FIXERON ESE BARCO NO QUE OS NENOS DISFRUTARON COMO NUNCA.
GRACIAS ÓS PAPÁS/MAMÁS DA MIÑA PARTE XA QUE SEN ESTA COLABORACIÓN TAN GRANDE, O ENTROIDO NON SERÍA O MESMO. DA GUSTO VER COMO VOS IMPLICADES COA ESCOLA CO FIN DE FACER FELICES ÓS VÓSOS FILLOS.
ASÍ COMEZOU TODO.MIRADE COMO TRABALLARON PARA CONSEGUIR ESA OBRA DE ARTE…

UNS PIRATAS MOI EXPLORADORES NO ENTROIDO DE REBOREDA

Despois dunhas longas semanas e dun duro traballo chegou o día tan esperado, o desfile de entroido na escola de Reboreda. Os peques da escola, como este ano estamos a traballar ao redor dos contos, elexiron a unhas personaxes moi aventureiras, “Os Piratas”.

Tivemos que preparar os traxes, os complementos (cintos, panos da cabeza, catalexos, loros,…) coa gran axuda das familias e tamén nós soíños. Tamén decoramos o noso barco pirata, e como era un barco de “piratiñas”, enchémolo de cores e moitos adornos, como calaberas, bandeiras piratas, cofres cheos de tesouros, anclas, ata lle fixemos as ondas do mar.

Eiquí deixámosvos unha chea de retazos de eses bos momentos desa coidada elaboración…

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Make your own presentación

OS PIRATAS COCORICOS

Neste Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de Piratas, uns piratas moi chusquiños e aventureiros. É por isto que Os Cocoricos estivemos preparándonos a conciencia, ¡traballamos moito! Aprendemos cousas novas de piratas, lemos contos, vimos vídeos, cantamos cancións e preparamos os nosos disfraces; poñéndolle lunares aos panos, pintando os catalexos ou decorando o barco con peixes, estrelas e cabaliños de mar.
No día sinalado, estabamos moi emocionados e ilusionados, ¡por fin chegaba o que tanto desexabamos! Vestímonos coas roupas de piratas, pintamos o parche no ollo, colocamos o pano na cabeza, pillamos os catalexos e subimos ao noso grande barco. ¡Xa estabamos listos!
Coa axuda das familias saímos do cole e surcamos os mares de Reboreda, foi unha viaxe trepidante á par que divertida, onde nos defendemos dos ataques externos coas máxicas pompas de xabón.
Ese día xa rematou, pero Os Cocoricos seguimos soñando que somos uns valentes e feroces piratas, que navegamos polos mares do mundo na procura de enormes tesouros.
¡FELIZ ENTROIDO!

AS FAMILIAS COCORICAS E O ENTROIDO

Os Cocoricos estamos moi contentos, porque as nosas familias traballaron moito moito moito para festexar un Entroido memorable. Construíronnos un grande e fermoso barco pirata, axudáronnos a preparar os disfraces de piratas e acompañáronnos neste grande día.
¡Moitas gracias familias!Esperamos que o desfrutásedes como o fixemos nós. ¡Unha aperta!

OBRADOIROS DE ENTROIDO COAS FAMILIAS

Coa chegada do entroido e nunha ocasión máis as familias participan activamente no desenvolvemento da nosa labor educativa, achegándose a traballar duramente nos nosos obradoiros pirateiros.

Durante varias semanas estes nen@s grandes voltan á escola por unhas horas e gozan traballando ao lado dos máis peques da escola. Soamente tedes que ver este vídeo para observar que ben o pasan… os nen@s ou… as familias??? Jajajajaja. Vos me diredes!!!

SEMANA DO MECO NA CLASE DOS EXPLORADORES

Antes da chegada do entroido na escola de Reboreda preparamos a semana do meco. Nesta ocasión “Margarida”, a mascota de biblioteca foi a encargada de dar as ordes do que deberíamos levar cada día da semana para recibir ao entroido.

Así de lindos e divertidos chegaban á escola os exploradores durante esa semana.

UN POEMA PARA O ENTROIDO

ESTOS DÍAS, INMERSOS NA PREPARACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO, OS SÍNEFOS APRENDEMOS UN POEMA.
NUN PRINCIPIO DECIDIMOS RECITALO COA NOSA AMIGA MARGARIDA XA QUE FOI A PRIMEIRA EN DISFRAZARSE, PERO GÚSTANOS TANTO QUE IMOS COMPARTILO CON TOD@S PARA QUE O APRENDADES.

OS DISFRACES DE KITTY

De novo a nosa amiga Belén Junquera comparte connosco un LIM precioso sobre o entroido. Clicade na imaxe e a xogar.

RECURSOS DO ENTROIDO

O outro día colgamos un albúm picassa con material do entroido. Agora a nosa amiga Belén Junquera ofrécenos este site cheo de recursos para traballar durante o entroido. Clicade na imaxe, tamén na barra lateral dereita. Grazas Belén.

O ENTROIDO DOS PEQUES DE REBOREDA

OS SINEFOS

DURANTE ESTE MES DE FEBREIRO TÓDOLOS SÍNEFOS E AS SÚAS FAMILIAS ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS, SO TENDES QUE VER CANTO TRABALLAMOS E QUE VEN O PASAMOS, NON FALTOU NINGUÉN.

PRIMEIRO ATENDENDO ÁS ORDES DO MECO

NO OBRADOIRO DO DISFRAZ DE PINGÜÍN, HOUBO MOITO QUE TRABALLAR, MIRADE, MIRADE

FACENDO O TRINEO, MOITAS TARDES DE ADICACIÓN E CON MERENDA, COMO NON.

E PARA FINALIZAR O GRAN DESFILE, NUN DÍA ONDE O BO TEMPO NOS FIXO COMPAÑA, PASERANDO POLAR RÚAS DE REBOREDA, CON CÁNTICOS E SAUDOS DE ADMIRACIÓN DE TÓDOLOS VECIÑOS.

VISTES BEN,SÍ, SÍ, REMATAMOS O DÍA CUNHA GRAN CEA DE COMADRES A QUE ESTABAN CONVIDADAS TÓDALAS NAIS DOS SÍNEFOS.
GRACIAS A TÓDALAS FAMILAS POR FACER QUE ESTE TRABALLO RESULTASE MÁIS DOADO.

 OS VINCIS

Despois de dúas semanas de traballo preparando o material para os disfraces, facéndoos, probándoos nos nen@s e decorando o trineo, por fin, chegou o día. Estabamos todos moi nerviosos con moitos ganas de sair a desfilar. Esta mal que eu o día pero estaban todos guapísimos, mirade, mirade!!!

Na clase démonos os últimos toques e alá marchamos. Coma xa tiñamos o trineo no campo de xogos so tivemos que agarrarnos a cordas e despois de esperar un anaco, que se nos fixo eterno, por fin comezou o desfile. Na primeira subida non montamos no trineo porque senón non había quen os movera. Os Vincis tiñan problemas para levar a corda e acababan todos enriba os uns dos outros porque ian para atrás. Cando montamos no trineo todo isto arreglouse porque xa tiñamos moito sitio. O paseo foi moi divertida e ao final ata os esquimós nos montamos e todos os pingüíns tiraron por nos.

Unha vez máis temos que darlle as grazas as familias non so por axudarnos a facer os traxes, facer un trineo precioso e moi resistente, senón por acompañarnos no desfile e levar o trineo.

SE VOS ISTO NON SERÍA POSIBLE, MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR ESTAR A NOSA BEIRA UNHA VEZ MÁIS.

E, BO ENTROIDO!!!

UNS PINGÜÍNS MOI EXPLORADORES

O pasado venres pola tarde celebramos na escola o noso tradicional desfile de comparsas e pasámolo xenial entre risas, xogos e carreiras. Nesta ocasión sen dúbida aínda foi máis entretido que nunca xa que cada 10 metros tiñamos que parar para poder ir subindo por grupiños no noso fermoso trineo, xa que o decoramos en homenaxe ao noso querido Papá Noel cunha cor vermella fermosísima e unhas branquísimas folerpas de neve.

Ahí vos deixamos un breve resumo do noso particular desfile. Esperamos que vos guste!!!

O TRINEO DOS VINCIS É SECUESTRADO POR UNHA TRIBU APACHE

O mellor de facer talleres en familia e ver coma iso serve de fío de unión entre as familias e da a oportunidade de compartir vos momentos xuntos. Mirade que ven o pasaron estes Vincis coas súas familias durante o entroido de Redondela.

DA GUSTO VERVOS PASALO TAN BEN, NORABOA A TOD@S!!!

OS ANIVERSARIOS DE FEBREIRO E MARZO

Este mes foi un pouco especial porque celebramos os aniversarios de dous meses xuntos. Isto debeuse a que o mes de febreiro é máis curto que os demais, e no de marzo tiñamos o entroido así que pareceunos boa idea economizar as celebracións e facelo todo xunto. Nesta ocasión non fixemos taller de cociña porque no entroido a ANPA sempre nos agasalla con ourellas e parecianos que non tiña sentido cociñar nada tendo ese manxar ao noso dispor.

Así que os nosos superheroes, princesas, bruxas, indios, vaqueiros… encheron o salón de actos e celebramos os aniversarios dos nosos peques. Dos Vincis cumpriron: GEMA, PAULA R, IVÁN E LUCAS G.

Aquí tedes unha mostra de coma o pasamos.

E así de ben comeron e bailaron os exploradores de Reboreda. Noraboa a tod@s!!!

ANIVERSARIOS DOS SÍNEFOS

NESTE MES DE FEBREIRO, SÍ QUE TIVEMOS A UN COMPAÑEIRO DE ANIVERSARIO, PABLO GARCÍA, QUE XA CUMPRIU 5 ANOS.
ESTE MES FIXEMOS UNHA CELEBRACIÓN MOI ESPECIAL XA QUE NOS COINCIDIU COA FESTA DO ENTROIDO, MIRADE, MIRADE QUE BEN O PASAMOS.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.