AS ESTATUAS, UN NOVO XOGO COOPERATIVO

Dentro das nosas actividades de “traballo cooperativo” que estivemos desenvolvendo durante todo este curso, aprendemos a importacia que ten saber traballar en equipo, as ventaxas que ten traballar deste xeito, onde os esforzos de tod@s poden axudarnos a conseguir resultados sorprendentes.

Nesta ocasión quixemos traballar en equipo para favorecer a cohesión grupal co divertido xogo das estatuas na aula de psicomotricidade. O xogo consistía en ir elaborando orixinais e singulares estatuas co noso corpo. Primeiro tiñamos que traballar por parellas, logo por pequenos grupos, e ao final entre tod@s tiñamos que construir unha enorme estatua. Para elo, estes pequenos artistas, tiñan que falar entre eles antes de facelas, porse dacordo para dar forma a súa estatua grupal. Os resultados foron sorprendentes pero o máis me deixa abraiada é o ben que saben traballar cooperativamente estes peques. Parabéns a tod@s!!!

PREPARATIVOS E PRIMEIROS ENSAIOS DA NOSA GRAN OBRA TEATRAL

As familias dos exploradores quixeron darnos unha gran sorpresa cun divertido conto, chamado: “A galiña que quería voar”

Polo que nos pediron axuda para acompañalos nese día no seu gran debut artístico. Os exploradores estaban moi emocionados porque levaban días preparando as máscaras, a máquina para voar, as entradas para ir ver a obra teatral, invitar a todos os compañeiros do ciclo, profes,… Utilizaron diferentes recursos e materiais de refugallo e tentaron traballar de forma cooperativa na elaboración das entradas. Tamén durante varios días ensaiaron coas familias para que resultado final fose marabilloso.

Queredes ver todo o proceso de preparación??? Pois ahí vos deixamos un pequeno adianto.

DE COMPRAS CON ANTÍA, A TENDEIRA

Unha vez máis na tenda dos exploradores vivimos mil e unha experiencias. Cada día que pasa estes peques mercan moi ben. Facemos moi ben a lista da compra, algúns queren aforrar pero cando queremos mercar algún caprichiño…….. os aforros desaparecen, outros teñen que pedir axuda aos compañeiros máis aforradores, etc.

E que dicir da tendeira??? Esta tendeira estivo moi metida no seu papel, axudando a aqueles compradores despistados, moi atenta por se algúen marchaba sen pagar ou lle daba mal os cartos, asesoraba a aqueles indecisos,… Noraboa a tod@s!!! Cada día facédelo moi pero que moi…….. ben!!! Temos que ir pensando en complicar un pouquiño máis estas compras.

UN NOVO DÍA NA TENDA DOS EXPLORADORES

Fai uns días, Antón foi o novo tendeiro na tenda dos exploradores e fíxoo moi ben. Atendeu aos clientes con moita educación, fixo as sumas e axudou aos compañeir@s a facer as contas. Eiquí deixámosvos unha pequena mostra deses momentos. Parabéns a Antón e a todos os exploradores!!!

DÍAS DE COMPRA NA TENDA DOS EXPLORADORES

En pasadas semanas xa vos contamos un pouquiño de como íamos traballar na tenda dos exploradores, hoxe imos amosarvos como mercan e venden estes peques nun recuncho tan completo. Facemos sumas e restas, aforramos cartos para mercar cousas moi ricas á semana seguinte, compartimos moedas con aqueles que non lles chegan as moedas que teñen,…

Eiquí vos deixamos soamente un pequeniña mostra destes primeiros pasiños. Noraboa a Anxo, por ser o noso primeiro tendeiro e a todos os exploradores por facelo tan ben dende o primeiro día!!!!!

MÁIS EXPRESIÓN MUSICAL COA MESTRA ISA

TAL E COMO ACORDAMOS AQUÍ TENDES AOS SÍNEFOS UNHA VEZ MÁIS DISFRUTANDO DAS CLASES DA MESTRA ISA.

NESTA OCASIÓN CUN POUCO DE PERCUSIÓN, MIRADE, MIRADE.

OS PRIMEIROS PASIÑOS DA TENDA DOS EXPLORADORES

Semana a semana os exploradores vanse familiarizando co seu novo recurso e recuncho educativo, “A Tenda dos exploradores”.

Con tan pouco tempo de andaina xa facemos cousas incribles, é que………………………. estes exploradores non paran de asombrarme día a día.

Nesta ocasión vamos a mostrarvos como foron os nosos primeiros pasiños, presentación do recuncho, organización das merendas atendendo aos prezos (que eles mesmos puxeron dacordo coas súas propias preferencias, é dicir, os alimentos que máis lles gustaban eran os máis caros e aqueles máis comúns ou necesarios serían os máis baratos, así os caprichos sempre serán os que custen máis adquirilos) e finalmente aprendemos un montón sobre como facer o reparto das moedas acumuladas polo equipo ao longo da semana. Na seguinte ocasión vos amosaremos como mercan e venden estes peques tan emprendedores.

Isto si que foi un gran comezo!!!

OS AMORODOS DO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Cada día o horto dos peques estase a encher con novas plantacións. Nesta ocasión plantamos amorodos porque así dentro dalgunhas semanas, e se o tempo o permite, poderemos degustalos antes de que remate o curso.

Esta soe ser a plantación que máis lles gusta aos peques porque rapidamente poden comprobar e probar as ricas e deliciosas froitas da súa horta que con tanto mimo coidaron durante semanas.

Agora deixámosvos un pequeno vídeo cun novo grupo dos exploradores cos amorodos e dando algúns retoques ao horto para que todo medre moitísimo.

XOGOS MUSICAIS COA MESTRA ISA

AO LONGO DESTRES TRES CURSOS OS SÍNEFOS APRENDERÓN UNHA CHEA DE CANCIÓNS, XOGOS E BAILES,… COA MESTRA ISA. FAI UNS DÍA DECIDIMOS RECORDARLOS  E GRABAR PARA QUE VEXADES CANTO APRENDEMOS E COMO DISFRUTAMOS.

ESTADE ATENTOS AO BLOG DE  PEQUESREBOREDA,  NOS VINDEIROS DÍAS IRÁN SAIDO MÁIS VIDEOS,  E PODEREDES SORPRENDERVOS PORQUE MÁIS DE UN E UNHA POSUEN VERDADEIRAS DOTES ARTÍSTICAS ;)

GRACIAS  MESTRA ISA POR ABRIRNOS AS PORTAS AO MUNDO  DA  EXPRESIÓN  MUSICAL.

“O BAILE DOS ABRAZOS”, UNHA NOVA ACTIVIDADE COOPERATIVA E DE COHESIÓN DE GRUPO

Nesta ocasión a través do “baile dos abrazos” tentamos coñecer un pouquiño máis ao noso grupo, favorecendo a integración de todos os membros da clase. Trátase dunha actividade de cohesión de grupo na que a través dun divertido xogo podemos descubrir quen é o líder, quen é o mellor aceptado do grupo, a quen lle costa integrarse,… Utilizamos dúas versións do xogo, primeiro bailamos libremente mentras soaba a música e cando a esta cesaba os peques tiñan que agruparse por parellas e se quedaba un nen@ descolgado unha das parellas debería acollel@ no seu pequeno grupo.A medida que o xogo ía pasando íamos introducindo variantes como por exemplo: agruparse de tres en tres ou en pequenos grupos de 5 nen@s.

Xogando, xogando o baile levóunos a un novo e diferente xogo musical, “O rey/xefe manda…” Consistía en adxudicar a un nos peques o papel de rei/xefe, o seu papel consistia en marcar o baile da clase e tod@s deberían seguilo. Con esta variante podemos descubrir os líderes da aula, quen dirixe mellor o xogo, que ten máis seguidores, quen é máis creativo,… Unha vez rematado o seu mandato este debería elexir ao seu sucesor e así ata que todos representaban o seu papel de mando.

Para que poidades ver en que consistíu esta actividade deixámosvos un pequeno resumo desta divertida actividade nun pequeno vídeo.

OS PRIMEIROS PASOS DA TENDA DOS EXPLORADORES

Tardamos pero xa estamos dando os primeiros pasiños na nosa tenda. Levamos varios días falando de como tiñamos que facela, de como íamos mercar, con que, como íamos colocar os alimentos no super,…

Nesta ocasión ímosvos a amosar todas aquelas explicacións que deron os meus grandes “exploradores” sobre como tiñamos que mercar e con que. Aínda non comezamos coa tenda e xa me deixaron coa boca aberta. E que xa son tan maiores!!!

TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO

Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.

Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.

OS PEQUES DE REBOREDA PARTICIPAN NO CONCURSO ESCOLAR: “MARGARIDA QUERE SABER”

Un ano máis os peques da escola tamén participan no famoso concurso da escola: “Margarida quere saber…”

Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?

Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,… É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.

Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.

OS WATERS, OS SÍNEFOS E OS EXPLORADORES SON ESTATUAS

EN PSICOMOTRICIDADE XOGAMOS, VIAXAMOS A TRAVÉS DA NOSA IMAXINACIÓN E CONVERTÉMONOS EN PERSOAXES QUE PASAN POR MOITAS AVENTURAS! AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO QUE NOS DIVERTIMOS SENDO ESTATUAS!

O DÍA DA PAZ

Co motivo da celebración do Día da Paz, Os Cocoricos aprendemos a traballar en equipo, a compartir e sobre todo o significado de moitas palabras de Paz: amizade, cariño, amor, felicidade, silencio, axuda, dar as gracias, pedir perdón, igualdade, bicar, abrazar, …
Desexamos que a xente poida sentilos e transmitilos coma nós, non soamente no Día da Paz senón que tamén todos os Días do Ano.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.