DOCES CASEIROS NA AULA DOS SÍNEFOS
08 may 2012 1 comentario
in ASEMBLEA, COCIÑANDO, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS
DURANTE O MES DE ABRIL A NOSA AULA PARECÍA UNHA PASTELERÍA, PERO CON DEREITO A DEGUSTACIÓN.
O PRIMEIRO EN DARLLE UN BO GUSTO AOS NOSOS PALADARES FOI RAÚL, QUE COA AXUDA DA SÚA IRMÁ E DA SÚA NAI FIXO UNHAS ENORMES E DELICIOSAS MAGDALENAS QUE COMPARTIU CON TODOS.
Á SEMANA SEGUINTE, ADRÍAN T. APARECEU CUN BISCOITO CASEIRO QUE HULÍA MOI, PERO QUE MOI BEN. ESE DÍA TOCÁBALLE SER ENCARGADO, POLO QUE DURANTE A TARDE DO DÍA ANTERIOS, CONVENCEU Á SÚA NAI PARA FACER O BISCOITO, QUE SABÍA XENIAL.
E CANDO XA PENSÁBAMOS QUE NON HABERÍA MAÍS DOCES PARA DEGUSTAR, APARECEU ANTÍA CUNHA CHEA DE MAGDALENAS DE CHOCOLATE, QUERÍA CELEBRAR O DÍA DO SEU SANTO, E CONVIDOUNOS A TODOS. A VERDADE É QUE ESTABAN RIQUISISÍSIMAS.
GRACIAS FAMILIAS
OS SÍNEFOS E OS COCORICOS RECIBIMOS UNHA CARTA DESDE LISBOA
16 mar 2012 Dejar un comentario
in AMIGOS, ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS
Cris, a tía do Sínefo Pablo e a Cocorica María Ulla, mandounos unhas postais moi simpáticas e emotivas de Lisboa, a cidade onde reside. Nelas aparecen unhas espectaculares imaxes da propia cidade, que María e Pablo coñeceron cando visitaron á súa tía. Foi unha grande ledicia recibir esta carta, non soamente para os Sínefos e os Cocoricos, senón que tamén para María e Pablo, ¡estaban moi emocionados!
Moitas grazas tía Cris por lembrarte de todos nós. ¡Unha aperta!
A RECEITA DOS NEGRITOS PARA OS NEN@S DE AGRUPACIÓNS
10 ene 2012 4 comentarios
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, AMIGOS, ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, NOVAS, RECURSOS
Os Cocoricos preparamos unha receita para os nenos e nenas de Agrupacións. É unha receita sinxela, rápida e deliciosa, que esperamos que fagades nas vosas casiñas. Pero antes queremos contarvos o proceso de elaboración.
Esta receita foi elexida entre todas as recibidas polas familias dos nos@s pequen@s. A súa escolla foi resultado de grandes deliberacións, unha receita moi enxebre e orixinaria de Redondela, Os Negritos.
Entre todos coñecemos os ingredientes, identificamos as cantidades, vimos o proceso de elaboración e coloreamos as letras do seu nome.
¡Deixámosvos unha mostra do traballo!
PERDENDO OS DENTES
09 ene 2012 1 comentario
in ASEMBLEA, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
Xa fai uns días tivemos unha sorpresa moi grande, mentras estabamos na asemblea facendo as rutinas e xogando un chisquiño coa PDI, Lucas, un pouquiño asombrado polo que lle acababa de ocurrir, comunicóunos a todos que lle caira un dente. Todos puxéronse moi contentos por el porque iso quería dicir que pola noite mentras estivese durmido ese pequeno ratiño tan argalleiro ía colarse entre os seus soños para deixarlle un agasallo pequeniño.
![]() |
| Make your own tarjeta |
O NADAL
28 dic 2011 1 comentario
in AMIGOS, ASEMBLEA, CELEBRACIÓNS, NADAL, NOVAS, RECURSOS, TICS
Coa chegada do Nadal, Os Cocoricos puxémonos mans á obra. Fixemos boliñas, abetos e estrelas para decorar a aula e o cole, aprendemos unha panxoliña para cantar no festival, traballamos na PDI, escribímoslle a carta aos Reis Magos e sobre todo, pasámolo moi ben.
Deixámosvos unha pequeniña probra do noso traballo. ¡Desfrutádea con moito agarimo!
OS SÍNEFOS E AS FROITAS DE OUTONO
01 dic 2011 1 comentario
in ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, NOVAS
DURANTE O MES DE SANTOS, NA AULA, OS SÍNEFOS ACTIVAMOS TÓDOLOS SENTIDOS PARA COÑECER UN POUQUÍÑO MÁIS POLO MIUDO AS FROITAS TÍPICAS DO OUTONO,EN ESPECIAL NOS FROITOS SECOS, E FIXEMOS EXCEPCIÓN COAS AMENDOAS QUE SE RECOLLEN NO VERÁN PERO CONSUMIMOS CON MÁIS FRECUENCIA NESTE MES DE NADAL.
TOCAMOS,CONTAMOS, HULIMOS, DEGUSTAMOS; HOUBO QUEN NON FOI CAPAZ DE PROBAR PERO RESPETAMOS A SÚA DECISIÓN, XA SE ENCARGARON ALGÚNS SÍNEFOS DE REPETIR PARA QUE NON SOBRASE NADIÑA DE NADA. AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS.
UNHA SEMANA CHEA DE ACONTECEMENTOS
12 abr 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, AMIGOS, ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS
DURANTE A SEMANA PASADA A AULA DOS SÍNEFOS RECIBIU MOITÍSIMAS VISITAS, TODAS INTERESANTES.
COMEZAMOS CÓS PEIXES DE PABLO ULLA, REPASAMOS MOITOS CONTIDOS TRABALLADOS SOBRE O COÑECEMENTO DO CONTORNO, A AUGA DOCE. O PROFESOR AMANDO TAMÉN ESTIVO CON NOS E LEUNOS OS INGREDIENTES QUE FORMAN A COMIDA DOS PEIXES, HULÍMOLA E DIREIVOS QUE CHEIRABA.
AO DÍA SEGUINTE, GRACIAS A RODRI, VIAXAMOS NO TEMPO 68 MILLÓNS DE ANOS ATRÁS PARA DESCUBRIR COMO VIVIAN OS TRICERATOPS.
O XOVES DESPOIS DA HORA DE LER, CHAMOU Á PORTA SARA RIOBÓ TROUXONOS UN AGASALLO PARA O RINCÓN DA CASIÑA, NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 5 BONECAS, SÍ, SÍ,CINCO.
E O VENRES CANDO XA REMATABA A XORNADA FIXONOS UNHA VISITA CARMEN A MAMÁ DE ANTÍA QUE VIÑA A RECOLLELA, PERO A SORPRESA FOI VER UN CARRIÑO DE BEBÉ, DENTRO ESTABA IRIA, TOD@S CONTEMPLAMOS O PEQUENIÑA E O BOA QUE É. ANTÍA DÍXONOS QUE SO CHORABA CANDO TIÑA FAME, PERO QUE O FACÍA A BERROS.
AITANA LEVOUNOS DE CAMPING
15 feb 2011 Dejar un comentario
in ASEMBLEA, E-MAILS, FALANDO EN PÚBLICO, MEDRANDO NO COLE
Este curso tivemos a sorte de ter unha incorporación nova, chámase Aitana e nesta ocasión tamén quixo compartir con todos nós algunhas das súas vivenzas máis tenras e doces. Aínda que é moi tímida fíxoo moi,moi ben.
Ahí vos deixamos uns anaquiños da súa exposición.
CARTAS DOS EXPLORADORES PARA SALVAR A FERVENZA
09 feb 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, E-MAILS, FALANDO EN PÚBLICO
Estes dias os meus exploradores estiveron debatindo o estado da fervenza, tentando buscar solucións e preparando as cartas que íamos enviar ao concello e a augas de Galicia para recuperar a nosa agochada fervenza.
Aquí vos deixamos o vídeo de análise da situación e as peticións ao concello e ao resto das autoridades pertinentes para que tomen cartas no asunto.
Tamén vos deixamos as nosas sinxelas cartas, aínda que somos pequenos e non sabemos escribir moi ben fixemos un gran esforzo para escribir estas catro palabras pero que son moi importantes. Queremos recuperar a nosa fervenza e con ela recuperar todos os recordos dos nosos avós e avoas.
PAULA LÉVANOS DE VIAXE POR OVIEDO
24 ene 2011 Dejar un comentario
in ASEMBLEA, E-MAILS, FALANDO EN PÚBLICO, MEDRANDO NO COLE, RECURSOS
Estes pequenos exploradores de Reboreda non para nin un minuto. Nesta ocasión Paula recibíu un correo moi interesante cunha chea de fotos da súa fría viaxe a Oviedo.
Estivo un coloquio moi entretido e case sen darnos conta estivemos traballando conceptos da auga coas fotos da nosa compañeira. Con elas poidemos falar do estado sólido da auga (a neve ou o xeo), das súas características, onde se atopaba, e tamén poidemos falar doutras cualidades da auga, como por exemplo: a flotación dos obxectos.
Como vedes o traballo cos correos que nos proporcionan as familias, é un recurso inagotable e unha fonte rica de coñecementos. Sérvennos para facer falar aos máis tímidos, para mellorar a nosa dicción cando falamos en público para que todos nos entendan e tamén sérvennos para traballar conceptos do noso proxecto escolar: “A auga”
Mirade e escoitade con moita atención todas as explicacións. Que ben o fan estes pequerrech@s!!!! Pero…. que vou a dicir eu…… son os meus exploradores e xa me teñen conquistado o corazón.
QUE AGASALLOS NOS DEIXARON OS REIS?
16 ene 2011 Dejar un comentario
in ASEMBLEA, FALANDO EN PÚBLICO, NADAL, NOVAS
O luns cando chegamos a clase estabamos tan contentos que non podíamos deixar de falar das cousas que fixemos nas vacacións, especialmente queríamos contarlles a tod@s os agasallos que nos deixaron Papá Noel e os Reis Magos. Unha morea de cousas!!!
Algúns non lles chegaban as palabras para contar en cinco minutos os agasallos tan bonitos que recibiron, outros non recordaban ben os seus nomes e outros tiñan tanta vergoña que case quedaron sen palabras. Pero descubrimos que deixaron unha morea de cousiñas, como: ordenadores de Hello Kitty, maquillaxes, bonecas, coches de Rayo, patíns, “Bakuban”, pistas de automovilismo, … e un sin fin de cousas con nomes moi, moi raros.
Aquí vos deixamos dous vídeos con todo o que contaron os exploradores o seu primeiro día de clase despois das vacacións e as sonrisas máis lindas da inocencia.
FACEMOS AS RUTINAS EMPREGANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS
12 dic 2010 2 comentarios
in ASEMBLEA, MEDRANDO NO COLE, RECURSOS, RUTINAS, TICS
Xa levamos algunhas semanas facendo as rutinas da mañá utilizando a nosa pseudo-pdi, pero este mes a profe déulle unha nova forma e deseñou unhas páxinas novas para: os recunchos, a data, o clima do día, o reconto dos compañeiros, elexir o encargado…
Como xa sabedes cada mañá, despois de colocar o mandilón sentámonos na asemblea para facer as rutinas de cada día, nelas traballamos a lecto-escritura, as matemáticas, relacionámosnos co grupo, melloramos a nosa linguaxe oral, perdemos a timidez,… unha chea de actividades moi educativas. Pero agora aínda queremos avanzar un pasiño máis. Estamos a utilizar conxuntamente os nosos carteis tradicionais (os de toda a vida, como son: dos recunchos, da data, do reconto) co emprego das novas tecnoloxías (o portátil, o retroproxector e a nosa pseudo-pdi, a nosa pantalla dixital interactiva) resultando así unha actividade altamente atractiva, na que todos participan axudando ao encargado do día sendo tamén, deste xeito, máis doado prestar atención.
Queredes ver como facemos as rutinas, pois….. atentos, atentos, que comeza a asemblea!!!!
E aquí nesta presentación deixámosvos un resumo das actividades que facemos…
A VISITA DE HUGO AO ACUARIO
28 nov 2010 Dejar un comentario
in A AUGA, ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, FALANDO EN PÚBLICO, FAMILIA EN EL AULA, MEDRANDO NO COLE
Os exploradores cada fin de semana adícanse a percorrer recunchos interesantes da nosa terra galega. Nesta ocasión Hugo viaxou a terras coruñesas para visitar á súa madriña e aproveitou para coñecer cousas do fondo mariño no gran acuario desa cidade. Alí atopou medusas, estrelas de mar, morenas, tiburóns, bancos de peixes,… e como un gran coñecedor das augas mariñas explicounos a tod@s un montón de cousas moi interesantes.
Así de ben falou Hugo e aclarou aos seus compañeir@s todas as dúbidas que tiñan. Deixade de facer o que tedes entre mans e escoitade con atención…
BUSCANDO O BOSQUE DOS DRAGÓNS CON LOIS
19 nov 2010 2 comentarios
in ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, E-MAILS, MEDRANDO NO COLE, PEQUENOS CONTACONTOS
Cando chega o fin de semana moitos exploradores pasan o seu tempo de lecer, explorando novos territorios. Nesta ocasión Lois viaxou a terras de Lugo coa súa familia e trouxo moitísimas fotos das súas aventuras.
Como xa é todo un experto contador de historias, explicóunos con todo detalle cada unha das instantáneas dun xeito moi profesional.
Queredes ver a este pequeno narrador en acción? Pois clicade neste vídeo e escoitade con atención como o fixo ante todos os pequenos exploradores…
TEMOS UN E-MAIL PARA TI
09 nov 2010 Dejar un comentario
in ASEMBLEA, E-MAILS, FALANDO EN PÚBLICO, RECURSOS, TICS
Hoxe unha das pequenas exploradoras recibíu un e-mail moi importante para ela. Marta (a súa educadora) mandóulle moitas fotos (das vacacións e de como pasa o seu tempo de lecer) dun xeito inesperado. Para ela foi unha gran sorpresa e encantóulle contar a todos os exploradores cada unha delas sen vergoña, non como facía o ano pasado.
Así de entretidas e educativas son os nosos momentos de conversa e de asemblea.



















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR