VISITA AO VERBUM
25 abr 2012 Dejar un comentario
in ASPECTOS MUSICALES, AUDICIÓN E LINGUAXE, NOVAS, SAÍDAS ESCOLARES
¡Ola! Os Cocoricos voltamos a facer unha pequena saída, esta vez fomos visitar O Museo da Palabra (VERBUM) xunto cos nos@s amig@s Os Waters. Foi unha saída un pouco mollada, posto que a chuvia nos acompañou durante todo o traxecto, tanto na ida coma na volta, pero aínda así pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.
Foi no Museo onde recoñecemos distintas maneiras de comunicarnos, como os xestos, a música … ou mesmo as palabras, ao igual que a importancia dos cinco sentidos (a vista, o olfacto, o oído, o tacto e o gusto) para percibir a información de todo o que nos rodea.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da visita para que o poidades desfrutar. ¡Unha aperta!
UNS ARTISTAS DE PULMÓN
23 ene 2011 1 comentario
in AUDICIÓN E LINGUAXE, CREATIVIDADE
Esta semana vimos un vídeo dos Pingotas de Casalonga onde pintaban soprando. A verdade é que gustounos moito e coma a profe Susana presumía do ben que o fixeran os Pingotas pois nos non quixemos ser menos.
Soprar é moi importante para relaxar a musculatura facial, para traballar a entrada e saída de aire, axuda a mover o padal… e, todo isto, está directamente relacionado coa pronuncia. Por iso, aínda que para os Vincis foi un xogo e un reto para superar aos Pingotas, este traballo vai máis alá da estética ou da expresión plástica.
No vídeo podedes ver o ben que o pasan e como lle poñen nome as cousas que lle van saindo.


















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR