OS MAIORES DO COLE CONVÉRTENSE EN CONTACONTOS POR UN DÍA

Despois dun longo ano traballando ao redor dos contos, os maiores da escola queren agasallarnos cunhas interesantes sesións de contacontos nas clases dos máis pequenos. Nesta ocasión Pablo Amor, presentounos o conto: “Gato Guille e os monstros”.

Os exploradores xa coñecían este famoso conto pero estiveron moi atentos a esta diferente narración do conto. E como isto nos soubo a pouco Pablo quixo voltar a contalo pero agora coa axuda da PDI que temos na clase, porque nos estamos acostumados a velos case sempre na pantalla grande.

Parabéns Pablo!!! Fixéchelo moi, moi ben!!!

AS MAMÁS DOS SÍNEFOS ANÍMANSE A CONTAR CONTOS

LULA, A MAMÁ DE GABI; E RO, UNHA COMPAÑEIRA FORON AS PRIMEIRA EN ANIMARSE A CONTARNOS UN CONTO. MOITAS GRACIAS.

CON ELAS DISTRUTAMOS DUNHA NOVA HISTORIA,  ACLARÁRONOS UNHA CHEA DE VOLABURARIO, SOBRE TODO  RELACIONADO COA ORNITOLOXÍA, E COMEZARÓN A COA SÚA INTERPRETACIÓN E NÓS  FIXEMOS VOAR A NOSA INAXIMACIÓN, E CUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS, CANDO NOS DECATAMOS XA REMATARAN. GUSTOUNOS MOITO E ESPERAMOS QUE VOLTEDES PRONTO.

OS PEQUES DE REBOREDA PARTICIPAN NO CONCURSO ESCOLAR: “MARGARIDA QUERE SABER”

Un ano máis os peques da escola tamén participan no famoso concurso da escola: “Margarida quere saber…”

Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?

Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,… É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.

Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.

VISITA SEMANAL POLO RECANTO DE MARGARIDA

Como todas as semanas, os venres ímos visitar a Margarida no seu recunchiño, a biblioteca da escola, alí buscamos, en silencio, o libro que leremos durante a fin de semana con papi e mami, mentras esperamos podemos ler un chisquiño e ao final se algún quere pode contarnos un conto. Nesta ocasión Lucía C.A. quixo agasallarnos co conto: “A ratiña presumida”, ao principio tiña moita vergoña pero pouquiño a pouco foi subindo a voz e rematou facéndoo moi, moi ben!!!

Da gusto velos traballar así e que maiores e responsables son. Noraboa meus pillabáns!!!

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.