DOCES CASEIROS NA AULA DOS SÍNEFOS
08 may 2012 1 comentario
in ASEMBLEA, COCIÑANDO, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS
DURANTE O MES DE ABRIL A NOSA AULA PARECÍA UNHA PASTELERÍA, PERO CON DEREITO A DEGUSTACIÓN.
O PRIMEIRO EN DARLLE UN BO GUSTO AOS NOSOS PALADARES FOI RAÚL, QUE COA AXUDA DA SÚA IRMÁ E DA SÚA NAI FIXO UNHAS ENORMES E DELICIOSAS MAGDALENAS QUE COMPARTIU CON TODOS.
Á SEMANA SEGUINTE, ADRÍAN T. APARECEU CUN BISCOITO CASEIRO QUE HULÍA MOI, PERO QUE MOI BEN. ESE DÍA TOCÁBALLE SER ENCARGADO, POLO QUE DURANTE A TARDE DO DÍA ANTERIOS, CONVENCEU Á SÚA NAI PARA FACER O BISCOITO, QUE SABÍA XENIAL.
E CANDO XA PENSÁBAMOS QUE NON HABERÍA MAÍS DOCES PARA DEGUSTAR, APARECEU ANTÍA CUNHA CHEA DE MAGDALENAS DE CHOCOLATE, QUERÍA CELEBRAR O DÍA DO SEU SANTO, E CONVIDOUNOS A TODOS. A VERDADE É QUE ESTABAN RIQUISISÍSIMAS.
GRACIAS FAMILIAS
“DELICIAS DE TERUEL” PARA OS ANIVERSARIOS DE ABRIL
02 may 2012 1 comentario
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, ANIVERSARIOS, COCIÑANDO
Dentro das actividades que tiñamos que facer dentro do proxecto de ARCE, era a elaboración dunha receita doutra comunidade. Grazas ás familias durante o primeiro trimestre estivemos recollendo as receitas máis típicas da nosa zona para elaborar un chulísimo recetario. Así todas as escolas do proxecto prepararon os seus recetarios para compartir con todas as escolas un anaquiño da súa gastronomía. Os peques de Reboreda quixemos probar un deses deliciosos platos e escollemos: “Delicias de Teruel”, porque era un dos máis sinxelos para facer cos nosos peques, ademáis dun almorzo moi nutritivo.
Empregamos pan, allo, tomate, aceite e xamón ibérico. Antes de comezar coa elaboración estivemos atentos á receita que nos deixaron os amigos de Teruel para saber moi ben como debiamos facela. Os peques sen problema puxéronse mans á obra e fixeron unhas delicias de Teruel realmente sabrosas. Estade atentos a este pequeno vídeo e non vos perdades detalle…
Pero antes de rematar……… cantamos e botamos foguetes en homenaxe aos cumpreañeiros. Noraboa aos cumpreañeiros e a estes grandes cociñeiros!!!!
No mes de abril Os Cococoric@s estivemos de celebración, xa que cinco amig@s cumpriron 4 aniños, ¡que maiores! Para festexalo decidimos elaborar unha deliciosa receita pertencente ao receteiro do nos@s amig@s de ARCE. Cada un dos receteiros elaborados foi o resultado dun grande traballo en conxunto dos colexios de Agrupacións e as familias, que aportamos numerosas receitas, que reflicten a tradición e a cultura de cada unha das zonas onde vivimos. Os peques de Reboreda escollemos unha receita sinxela, práctica e moi saborosa: “Delicias de Teruel” con ingredientes tan ricos como: pan, aceite, tomate e xamón ibérico. Durante os festexos atendemos á explicación, guiada pola receita que nos deixaron, realizamos unhas “Delicias” exquisitas e cantámoslle os parabéns aos cumpreañeir@s. Deixámosvos unha pequena mostra para que a desfrutedes ao igual que nós e animámosvos a que a elaboredes nas vosas casas. Moitas felicidades aos Cocoric@s Diego Toucedo, Alba, Marisa, Uxía e Teo e tamén aos amig@s cumpreañeir@s dos Waters, Exploradores e Sínefos. ¡Unha aperta!
O cumple da Cocorica Paula
10 abr 2012 Dejar un comentario
in AMIGOS, ANIVERSARIOS, COCIÑANDO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
¡Ola familias! No mes de marzo festexamos un cumple moi especial, a Cocorica Paula cumpriu 4 aniños. Para celebralo non soamente lle tiramos das orellas e cantamos os parabéns, senón que tamén fixemos unha grande merendola, que compartirmos cos demais amig@s. Xunto con Paula festexamos o cumple de dúas amigas Waters, xa teñen 5 aniños. ¡¡Moitos parabéns pequenas!!
Desexamos que vos guste a nosa receita deste mes, ¡A Ratiña Presumida!
¡Unha aperta!
UN BISCOITO DE VAINILLA PARA OS EXPLORADORES
22 mar 2012 Dejar un comentario
in COCIÑANDO, FALANDO EN PÚBLICO, FAMILIA EN EL AULA
Iván, o pasado venres, levou para casa un libro de Margarida. Era un libro moi lindo e ademais moi oloroso porque este era o seu nome: “Este libro huele a vainilla”
E a mamá de Iván tivo unha gran idea…….. facer un doce así de oloroso. E sen contar ata 10 Iván e Sonia metéronse na cociña e prepararon un delicioso biscoito de vainilla para tod@s os exploradores. O luns, Iván contou con todo detalle como foi a preparación coa axuda de mami e de Tati, a súa irmá maior.
Eiquí vos deixamos un album de fotos moi especial, xa sabedes tedes que esperar un pouquiño a que cargue e logo podedes ir pasando as follas pouco a pouco e se queredes ver mellor as fotos soamente tedes que clicar coa lupa enriba de cada foto e así poderedes agrandalas.
![]() |
| Another digital scrapbooking design by Smilebox |
OS CUMPLES COCORICOS DE FEBREIRO
26 feb 2012 1 comentario
in AMIGOS, ANIVERSARIOS, CELEBRACIÓNS, COCIÑANDO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
Neste mes de febreiro festexamos os cumples d@s peques de Reboreda. As Cocoricas María Victoria e María cumpriron 4 aniños e están feitas unhas mociñas. Entre todos cantámoslle o cumple, tirámoslle das orellas e fixemos unha grande comilona cos demais amig@s.
¡MOITOS PARABÉNS PEQUES!Esperamos que o desfrutásedes moito.
¡Unha aperta!
Cumples de Paz
31 ene 2012 Dejar un comentario
in ANIVERSARIOS, CELEBRACIÓNS, COCIÑANDO
No mes de xaneiro festexamos uns cumples moi amorosos e pacíficos, pois degustamos uns deliciosos corazóns de marmelada de amorodo, ao mesmo tempo que desfrutamos dun grande día: “O DÍA DA PAZ”. Os Cocoricos Clara, Iago e Bruno cumpliron 4 aniños. ¡Que maiores! ¡Moitas felicidades pequenos!
UN ANIVERSARIO MOI PACÍFICO
31 ene 2012 Dejar un comentario
in ANIVERSARIOS, CELEBRACIÓNS, COCIÑANDO, MEDRANDO NO COLE
Neste mes de xaneiro, quixemos celebrar os aniversarios dun xeito moi especial. Como coincidía coa celebración do día da Paz, quixemos facer unha receita moi pacífica e nesta ocasión realizamos “Doces corazóns de Paz”, empregando pan de molde, marmelada de amorodos, pombas de millo e lacasitos.
Así de ben o pasaron estes divertidos exploradores facendo cariñas de corazón moi divertidas.
AS GALLETAS DO BOSQUE DE ANTÍA
17 ene 2012 Dejar un comentario
in COCIÑANDO, FAMILIA EN EL AULA, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
Os intrépidos “Exploradores” cada día e nunha nova ocasiñon están embarcados en novas aventuras, últimamente no seu tempo de lecer están feitos uns grandes cociñeiros.
Nesta ocasión Antía fixo divertidas galletas do bosque: cogumelos, esquíos, flores, caracois e un simpático corazón para a profe Rosa. Traballou moitísimo xunto coa súa mami e así de ben quedaron esas riquísimas galletas e trouxo tantas que repetimos varias veces, jajajajaja, e que… somos moi lambóns!!!
Graciñas Antía e Bea, sodes fantásticas!!! pero…….. a próxima vez queremos ver fotos coas mans na masa, jajajaja.
![]() |
| Create a scrapbook |
LIBRO DE RECEITAS DO PROXECTO ARCE
09 ene 2012 Dejar un comentario
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, COCIÑANDO, NOVAS
Este año, dentro del proyecto de Agrupaciones Escolares decidimos hacer un libro de recetas propias de cada comunidad autónoma para compartir con toda la agrupación.En el cole de Reboreda preparamos 10 recetas con ayuda de las familias. Los Cocoricos y los Waters prepararon una por clase, Exploradores, Sínefos, O manatial de 3ºA y os Cativos da Reboraina prepararon 2 cada clase. Y aquí está el precioso libro de recetas. Esperamos que os guste.
CUMPLES DE DECEMBRO
25 dic 2011 1 comentario
in AMIGOS, ANIVERSARIOS, COCIÑANDO, MEDRANDO NO COLE
No derradeiro mes do ano 2011 festexamos os cumpleaños dos Cocoricos Gabriel e Roi, xa teñen 3 aniños! Decembro é un mes moi especial, pois nel recibimos o Nadal, así que nos cumples non podía faltar algo tan apropiado para estas datas como as panxoliñas, o turrón ou as galletas de chocolate.
Moitas felicidades para todos os cumpleañeiros e un bico moi grande para Gabriel e Roi.
OS PEQUES DE REBOREDA TAMÉN COCIÑAN EN CASA
21 dic 2011 Dejar un comentario
in COCIÑANDO, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS
Como estas semanas estivemos traballando o tema das receitas algúns exploradores chegaban a casa e poñianse mans a masa coas súas familias e ao día seguinte sorprendían aos seus compañeiros e compañeiras cunha rica sorpresa.
Nesta ocasión Lucía levaba días pedíndolle á súa nai que lle preparase unha rica receita así que aproveitaron o santo de Lucía para festexarlo no cole cun delicioso biscoito. Era como o biscoito de Cocorico e do que non quedou nin unha miguiña.
![]() |
| Customize your own album de fotos |
FACENDO VASOIRAS NOS ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO
02 dic 2011 1 comentario
in ANIVERSARIOS, COCIÑANDO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
LUCÍA V DOS COCORICOS TAMÉN CUMPRE
Ola familias! No mes de novembro Os Cocoricos festexamos o cumple de Lucía Varela. Como podedes ver preparámoslle un coroa, cantámoslle os parabéns e elaboramos unha receita deliciosa. Foi un día moi fermoso e sobre todo saboroso!
Un biquiño.
OS EXPLORADORES
Como xa sabedes neste trimestre estamos traballando arreo cos contos tradicionais galegos e coas súas personaxes. E coa chagada do outono, do samaín, do magosto estamos traballando cos “trasnos” e outras personaxes dos contos de medo, como por exemplo: as bruxas.
Cantamos a canción da bruxa “Piruja” que perdeu a súa vasoira, por iso nesta ocasión quixemos facer nós mesmos a vasoira da bruxa con queixo, pauciños de pan e gominolas de regaliz. Os peques quedaron abraidos cando remataron e comprobaron o bonita que quedou a súa merenda. Miradeno vídeo e probade a facelas vos mesmos na casa. É moi doado!!!
PASIÑO A PASIÑO, OS COCORICOS, IMOS FACENDO O CAMIÑO
11 oct 2011 4 comentarios
in AMIGOS, ANIVERSARIOS, COCIÑANDO, CONTOS
Ola familias! Xa pasaron uns cuantos días desde que os Cocoricos chegamos por primeira vez a este colexio. Como podedes ver, cada día imos facendo cousas novas, algunhas delas lévannos a festexar os aniversarios doutros amig@s, facendo e comendo ricas brochetas de froitas. Outras actividades axúdannos a saber como coidar os contos e a ler en silencio. Tamén comezamos a facer os nosos primeiros traballos, que ben nos quedaron! Ao longo deste curso iredes vendo que pasiño a pasiño os Cocoricos imos coñecendo, aprendendo e, principalmente, desfrutando deste grande colexio.
Un biquiño.
CUMPLES DE SETEMBRO, WATERS E EXPLORADORES
10 oct 2011 1 comentario
BOS DÍAS, OS PRIMEIROS CUMPLES DESTE CURSO DO MES DE SETEMBRO XA QUEDAN ATRÁS. AQUÍ VOS DEIXAMOS OS WATERS UNHA REPORTAXE DO DIVERTIDO QUE FOI A FESTA QUE FIXEMOS.
SAÚDOS.
OS EXPLORADORES
Antes de rematar o mes de setembro e como ven sendo costume un ano máis, os peques de Reboreda celebran a súa tradicional festa dos aniversarios con diferentes talleres de cociña. Nesta ocasión estiveron de aniversario 4 waters e 1 explorador (pero que este día non puido vir á escola) e preparamos entre todos riquísimas brochetas de froita fresca. Con moito coidadiño cada un dos peques ía facendo a súa brocheta, colocando unha a unha as pezas de froita que querían probar. Fixemos un montón delas, xa algúns repetiron varias veces porque a verdade……… estaba todo boísimo!!!!
Nesta ocasión déixovos un pequeno vídeo dos exploradores celebrando esta divertida festa.
BISCOITOS
20 mar 2011 Dejar un comentario
A NOSA COMPAÑEIRA, NURIA, ESTIVO CONVALECIENTE E AO SEU REGRESO TRÓUXONOS UN BISCOITO MOI SABOROSO, EN MOSTRA DE AGRADECEMENTO POR TÓDOLOS DEBUXOS QUE LLE MANDAMOS, POLO SEU IRMÁN, YAGO.
TODOS OS SÍNEFOS QUIXERON DECIRLLE QUE A VOTÁBAMOS DE MENOS E QUE DESEXÁBAMOS QUE SE RECUPERASE O ANTES POSIBLE.
ADRIÁN TOJEIRO TAMÉN TROUXO UN BISCOITO, ESTE BISCOITO TEN UNHA LONGA HISTORIA.
COMEZOU A SÚA ELAVORACÓN COA SÚA NAI PERO EN VISTAS DE QUE NON MEDROU MOITO, ALIOUSE COA SÚA AVOA PARA FACER OUTRO, E ESTE SÍ QUE MEDROU. GRACIA MAMÁ E AVOA POR CONVIDAENOS A ESTE MANXAR.






















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR