PLANTAMOS AMORODOS NO HORTO

Coa chegada da primaveira Os Cocoricos traballamos no horto do colexio, plantamos uns deliciosos amorodos. Xa tiñamos as plantas, pero había que preparar a terra, facendo uns buratos ben grandes para que collesen dentro. Unha vez rematado tiñamos que botarlle unha pouca auga para así conseguir que medrasen con moita enerxía. Á hora de facelo dividimos o traballo, uns facían os buratos, outros plantaban e outros regaban, conseguindo que todos colaborasen. Durante o proceso estivemos acompañados por unhas boas reporteiras, a cocorica Alba e a profe Aida, que non perderon detalle do asunto. Tamén nos acompañou Luisa, cantándonos fermosas cancións.
Pasadas unhas semanas e coa axuda do sol e a auga, puidemos comprobar como saían uns enormes e vermellos amorodos, ¡da gusto velos!

DIA DA ÁRBORE DOS WATERS

O MÉRCORES PASADO POIDEMOS DISFRUTAR POR FIN DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE XA QUE NO MES DE ABRIL A AUGA IMPEDIUNOS FACELO. OS WATERS BOTARON DE MENOS A PEPITO GRILLO, QUE FOI A ÁRBORE QUE PLANTAMOS O ANO PASADO PERO COMO CAMBIAMOS DE SITIO NON O PUIDERON VER, POR ISO, E EN HONOR DEL, BAUTIZARON A ÁRBORE DESTE ANO COMO “PEPITA”. OLLADE COMO TRABALLARON E SE DIVERTIRON.

OS AMORODOS DO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Cada día o horto dos peques estase a encher con novas plantacións. Nesta ocasión plantamos amorodos porque así dentro dalgunhas semanas, e se o tempo o permite, poderemos degustalos antes de que remate o curso.

Esta soe ser a plantación que máis lles gusta aos peques porque rapidamente poden comprobar e probar as ricas e deliciosas froitas da súa horta que con tanto mimo coidaron durante semanas.

Agora deixámosvos un pequeno vídeo cun novo grupo dos exploradores cos amorodos e dando algúns retoques ao horto para que todo medre moitísimo.

TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO

Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.

Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.

TRANSPLANTANDO NO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Fai unhas semanas os “Amigos da Terra” ensináronnos a plantar nun sementeiro moi particular. Fixemos as primeiras plantacións da tempada: leitugas, cebolas, fabas, chícharos,… Logo día a día coidámolas nas nosas aulas e como medraron tanto tivemos que transplantalas ao noso pequeno recunchiño hortícola.

Así pouquiño a pouco vai collendo forma o noso horto…

TRASPLANTANDO O NOSO SEMILLERO

DURANTE O MES DE DECEMBRO FIXEMOS UN SEMILLERO COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN AMBIENTAL “AMIGOS DA TERRA”, E COMO ESTIVEMOS MOI ATENTOS AO SEU COIDADO AS NOSAS SEMENTES MEDRARON DÍA TRAS DÍA, ATA CHEGADO O PUNTO QUE O SEU VASIÑO DE IOGUR QUEDÁBALLE ESCASIÑO DE TODO. POLO QUE APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS ACOMPAÑABA, COLLEMOS AS PRANTAS DE FABAS E CHÍCHAROS XUNTO CON TÓDOLOS UTENSILIOS NECESARIOS E, POR PARELLAS, FOMOS TRANPLANTANDO TÓDALAS PRANTAS NA NOSA HORTA. DURANTE ESTA ACTIVIDADE DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS E O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FORON AS RAICES, A SÚA COR, FORMA, TEXTURA, OLOR,… MIRADE COMO DISFRUTAMOS.

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Achégase o día da Paz e a nosa amiga Belén Junquera fixo esta LIM tan fermosa onde podedes escoitar o conto de Wangari e logo facer as actividades do nivel básico. Espero que vos guste. Clicade e a xogar.

OS AMIGOS DA TERRA

Os nenos e nenas de Infantil tivemos a inmensa sorte de recibir no noso centro a Os Amigos da Terra, unha asociación ecoloxista, que fomenta o respecto cara o medio ambiente dun xeito xusto e solidario. Grazas a eles aprendemos o importante que é a agricultura ecolóxica, sen pesticidas nin fertilizantes químicos, unha agricultura que promove a conservación dos recursos naturais.
Coa súa axuda plantamos as sementes dos chícharos, que fomos coidando cada día, asegurándonos que tiñan auga e luz do sol. Esperamos que vos guste.
¡Unha aperta!

VOZ NATURA

Este ano temos a sorte de formar parte do proxecto VOZ NATURA organizado polo xornal, A VOZ DE GALICIA. Este programa vainos dar a oportunidade de mellorar a nosa horta, facer saídas ao entorno próximo, sensibilizar ao noso alumnado no coidado e defensa do medio ambiente… Para isto, creamos un novo espazo web onde imos recoller todas as actividades que fagamos ao longo do curso. Tedes o enlace na barra lateral dereita, onde pon o logo de VOZ NATURA.  Pouco a pouco tentaremos enriquecer o blog, poñer xogos que teñan que ver co medio ambiente, enlaces interesantes…  Esperamos que vez de en cando tamén lle deades unha visita.

INTERCAMBIO DE SEMENTES NA ALAMEDA DE REDONDELA

Este sábado a AAVV de Ventosela organiza un encontro de intercambio de sementes na Alameda de Redondela, onde, ademáis, haberá charlas e diversas actividades. É un bo momento para ir cos peques e aprender máis cousas sobre as sementes, coñecementos que podemos aplicar despois a nosa horta. Ademáis, podedes aproveitar e intercambiar sementes por outras novas que plantar no cole. Aquí vos deixo o cartel e o programa do día.

 

PREPARAMOS A NOSA HORTA DE OUTONO

Os exploradores este luns andiveron moi liados coa nosa pequena horta, xa que durante o verán e as vacacións medraron moitísimo as herbas malas e agora nos tocaba preparala para a chegada do outono.

Quitamos as herbas secas, regamos, plantamos coles galegas típicas desta tempada, e ata poidemos recoller algúns dos froitos plantados na primavera, como por expemplo as fabas que recollemos grazas a Lucía C.C. e a súa familia, xa que o curso pasado regaláronnos unha chea de sementes.

Mirade que ben o pasan no horto estes pequenos pero grandes labregos.

ARRANXANDO A HORTA!

DESPOIS DUN LONGO VERÁN A NOSA HORTA ESTÁ CHEA DE HERBAS E UN POUCO DESCOIDADA POLO QUE OS PROFES PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA QUE OS EXPLORADORES, OS SÍNEFOS, OS WATERS E OS COCORICOS POIDAN SEMENTAR NESTE NOVO CURSO E SEGUIR COLABORANDO CO PROXECTO VOZ NATURA.

COMO VEREDES A CONTINUACIÓN ATOPAMOS MOITAS SORPRESAS NA TERRA… ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

VISITA A GRANXA ESCOLA FERVENZA DO TOXA

Este luns, os Vincis, non foron a Indiana Bill, pero non quedaron tristes porque tiñamos outra visita programada dentro do proxecto Agrupacións Escolares, fomos a unha granxa escola.
O viaxe foi longo pero valeu a pena, cando chegamos había unha chea de monitores esperando por nos. Déronnos auga e a algo de comer e logo comezamos a nosa expedición.
Primeiro fomos a un muíño, a monitora alucinou porque sabiamos unha chea de cousas. Despois fixemos un percorrido polo río recollendo follas e aprendendo que é un sabugueiro, un amieiro, un carballo… e que utilidades lle dan ao río. Tamén que animais viven alí e porque.
Tanta visita deunos unha fame negra e comemos todo o spaguetti e croquetas que nos puseron. Despois de comer foi  tempo de xogar.
A tarde foi igual ou máis interesante que a mañá. Primeiro aprendemos moitísimas cousas sobre as charcas e vimos unha chea de animaliños que están alí aínda que a simple vista non se vexan.
Despois vimos un ciclo da auga caseiro e, antes de marchar, fixemos un taller coas follas que recollemos pola mañá.
En fin, xa vedes que non tivemos tempo de aburrirnos.
As monitoras quedaron encantadas co bo comportamento dos nen@s e con todo o que sabían. Acostumados a recibir a coles déronnos a noraboa por ter uns grupos tan bos. Así que, unha vez, ole polos Vincis e polo Manantial de 4º A porque da gusto ir con eles a calquera lugar.

Algúns Vincis crian que iamos ir a Fervenza pero non está moi accesible para ir en grupo, iso si, agora que ven o verán podedes achegarvos un día a Bandeira, en Silleda e disfrutar coas vistas da fervenza máis alta de Galicia.

BOAS NOVAS PARA O VINDEIRO CURSO

Hoxe recibimos unha boa nova, presentámonos ao concurso VOZ NATURA que fomenta a educación medioambiental e ecolóxica nos centros educativos de toda Galicia e acabamos de saber que estamos entre os centros escollidos para formar parte do programa o próximo ano. Estamos moi contentos porque no proxecto presentamos as actividades levadas a cabo coa fervenza de Reboreda e o Día do Monte que se celebra no cole.

Podedes ver máis información clicando na imaxe.

Aquí tedes a lista dos centros escollidos.

Agora, toca comezar a pensar novas iniciativas para seguir traballando no vindeiro curso.

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

No día Mundial do Medioambiente deixámosvos unha actividade LIM para poñer en práctica os nosos coñecementos e aprender xogando. Esperamos que vos guste e moitas grazas a nosa amiga Belén por compartila connosco.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.