COMPARTIMOS UN DÍA COS ÚLTIMOS COCORICOS

O venres, chegaron os 8 últimos cocoricos, algúns xa se coñeceran días atrás pero outros eran novos no grupo polo que aproveitamos para facer as presentacións e… falando, falando algúns comezaron a soltarse e dixéronnos cantos irmás e irmáns tiñan, se eran grandes ou pequechos,… e así case sen darnos conta comezamos a facer a nosa primeira asemblea.

Pero creo que mellor que contárvolo eu será que contempledes este vídeo tan especial, onde podedes comprobar os primeiros pasiños destes cocoricos na escola de Reboreda. Espero que vos guste!!!

XOGOS DE PATIO COS SEGUNDOS COCORICOS

O xoves, as 12:00, chegaron o 2º grupo de cocoricos, estaban moi contentos por voltar á escola. Primeiro fixemos as presentacións, fixemos unha visita ao baño e logo fomos ao patio porque queríamos coñecer ao gran número dos peques de Reboreda e atopar entre eles algún moi coñecido, como irmáns, curmáns, amigos,…

Eiquí déixovos un vídeo deses momentos tan entrañables cos pequenos cocoricos, que a pesar dos contratempos está sendo moi tenro e cómodo traballar con eles. É pequeniño porque… coma sempre pasa no mellor momento, quedei sen tarxeta na cámara e sen batería, pero aínda así creo que mereceu a pena.

UN DÍA COS PRIMEIROS COCORICOS

Hoxe estiveron na escola de novo os primeiros cocoricos durante 90 minutos. Fixeron moitas cousas pero cando comezaban a perder a vergoña xa chegou a hora de marchar. Pero como sei que así non o credes eiquí vos deixo un vídeo moi particular, onde podedes ver a estes pequechos tan ben integrados.

O ÚLTIMO GRUPO DOS COCORICOS

Hoxe chegaron á escola de Reboreda os últimos cocoricos e…… non estaban nada nerviosos!!!

Estaban tan emocionados que querían facer un montón de cousas, ir ao baño, xogar na clase cos xoguetes, ir a visitar ao resto dos peques de Reboreda,… bueno con tantas emocións algún púxose un pouco intranquilo pero… que rápido pasou o tempo, verdade??

Eiquí deixo unhas poucas fotos de todos eses momentos. Ata a próxima pequenos cocoricos!!!

NOVAS CHEGADAS DOS COCORICOS

Hoxe chegaron ao cole de Reboreda novos cocoricos. Pasárono xenial aínda que á hora de marchar algúns tiveron algún atranco cos botóns e case non podían sacar o mandilón. Pero mellor que contárvolo e que o vexades vos mesmos. Benvidos pequechos!!!

ASÍ FOI A VOLTA AO COLE DOS SÍNEFOS

COMEZAMOS UN NOVO CURSO, E OS SÍNEFOS ASISTIRON TODOS E TODAS, MOI LEDOS E ILUSINADOS.
FELICITALOS PORQUE PORTÁRONSE MOI BEN E TRABALLARON MOITO, SÍ,SÍ, XA O PRIMEIRO DÍA.
AQUÍ TENDES UN ANAQUIÑO DO QUE ACONTECEU HOXE.

OS PRIMEIROS COCORICOS

Vaia, vaia… xa chegaron os cocoricos!!!

Hoxe tivemos o primeiro encontro con dous dos grupos dos cocoricos. E sabedes unha cousiña….. que maiores son!!!

Non choraron nadiña, xogaron un pouquiño, tomaron o almorzo visitaron as instalacións do cole, cantamos a canción das mans e cando nos demos conta…. xa era a hora de marchar para casa. Pero non vos preocupedes cocoricos que dentro duns días voltaremos a reencontrarnos, ok?

Agora vouvos deixar un vídeo das primeiras horas dos cocoricos na escola de Reboreda. Benvidos cocoricos!!!

OS VINCIS VAN PARA PRIMEIRO

Hoxe foi un día de reencontros. Os Vincis chegaron ao cole e estaban enormes pero igual de faladores e encantadores ca sempre. Tivemos un anaquiño de tempo para falar das vacacións de verano. Estiveron moi viaxeiros, Iván contounos que foi a Italia, Dani a Victoria, Cadiz… e non sei cantos sitios máis, Antía e Nerea estiveron de camping, igual que Rober, Lucas C foi a Lugo, Alba D e Rosi foron a Santiago, Antón e Emmanuel pasaron todo o verán xogando, Marcos foi a praia cando facía sol, Conchi fai a casa cos seus papás,  Pablo a Sebastián e Asturias, outros quedaron na casa descansando… Xa vedes que non pararon.

Despois chegaron a profe Ceci e a profe Martina e alá marcharon felices e contentos.

 MOITAS GRAZAS POR ESTES TRES ANOS XUNTOS. FOI UN VERDADEIRO PRACER MEDRAR E APRENDER A VOSA BEIRA. HOXE E SEMPRE SEGUIREDES NO MEU CORAZÓN. MOITA SORTE E GRANDES AVENTURAS EN PRIMEIRO.

BENVIDOS EXPLORADORES

Hoxe foi un gran día de reencontros cos amigos, coa mestra, coa clase e con algunha cara nova.

Os meus exploradores agora…….. xa son os maiores!!! ….. que rápido o pasou o tempo dende os nosos primeiros días na clase de tres anos.

Seguimos sendo vinte xa que despois da marcha de Rafael e Kevin chegaron Andrea e Valentina, cheas de ilusións e moitos sorrisos. Ao principio estaban moi tímidas pero rápidamente fixeron amigos, recoñeceron algunhas caras familiares e rapidamente pasaron a ser unhas novas epxloradoras.

Aquí déixovos unha pequena mostra do primeiro día de escola destes grandes exploradores, onde a maxia dos contos vainos facer voar polos soños da man da nosa imaxinación.

Benvidos exploradores, xa vos botaba de menos!!!

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.