OS PEQUES DE REBOREDA PARTICIPAN NO CONCURSO ESCOLAR: “MARGARIDA QUERE SABER”

Un ano máis os peques da escola tamén participan no famoso concurso da escola: “Margarida quere saber…”

Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?

Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,… É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.

Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.

GABRIEL PÚXOLLE SIMONA Á COCA DE REDONDELA

O noso Cocorico Gabriel gañou o concurso para poñerlle nome á Coca, a súa idea foi escollida de entre máis de 450 propostas. Os Cocoricos estamos moi content@s e orgull@s do noso compañeiro. Moitas felicidades para Gabriel e tamén para a súa familia, que nos enviou os seguintes enlaces para que os poidamos ver. ¡Unha aperta!
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/12/24/0003_201112V24C9991.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/12/24/coca-simona-dragon-amigo-ninos/608752.html
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=2057

http://www.empresasredondela.com/nova.asp?id=832

 

PREMIOS PARA OS PEQUESREBOREDA

Un ano máis, antes de comezar o festival de Fin de curso, fixéronse no centro o entrega de premios. Os peques de Reboreda estamos de noraboa por dous motivos, un pola postal de Nadal que fixemos as catro clases en conxunto e pola que nos deron un agasallo que entregou a profe Patri, nada máis e nada menos que un conto musical para compartir entre todos nos.

Despois, Margarida, tamén nos deu un agasallo por ser o mellores lectores de todo o centro.  Neste caso entregou a profe Rosa e todos marchamos para casa cun precioso agasallo.

“3R” O PITUFO MARIÑERIO DOS SÍNEFOS

COMO SABEDES OS SÍNEFOS TAMÉN PARTICIPARON NO CONCURSO QUE OFRECÍA PEGAMENTOS IMEDIO.
TRATÁBASE DUNHA ACTIVIDADE ONDE OS PITUFOS, COMO FIO CONDUCTOS, FANNOS SER CONSCIENTES DA IMPORTANCIA DO COIDADO DO MEDIO.
DESPIOS DUNHA CHOIVA DE IDEAS, DECIDIMOS FACER UN PITUFO MARIÑEIRO, XA QUE ESTAMOS INMERSO NO TEMA DA AUGA, E ASÍ FOI.
DECIDIMOS QUE FOSE CONSTRUIDO TODIÑO CON MATERIAL DE REFUGALLO, POLO QUE LLE CHAMAMOS 3R (REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR), E EMBARCAMOS NESTA AVENTURA QUE RESULTOU MOI EDUCATIVA, DIVERTIDA E SATISFATORIA. SEGURO QUE ESTADES TODOS E TODAS IMPACIENTES POR VER COMO ACONTECEU TODO.

“SALVEMOS A FERVENZA COS PITUFOS”

Levóunos días pero xa está rematado o noso bonito mural para o concurso dos pitufos. Fai unhas semanas chegou a escola a proposta de participar nun sinxelo concurso de debuxos, no que o tema principal era o coidado do medio ambiente. A nós parecéunos unha boa idea porque como xa estamos traballando o tema da auga e o coidado do medio ambiente esta era unha boa ocasión para participar.

Así que deseñamos un bonito mural, no que todos participaron aportando o seu pequeno gran de area. Para facelo utilizamos diferentes técnicas plásticas e diferentes materiais que deron forma a un conto no que os exploradores transformáronse nuns pitufos moi solidarios. E sabedes cal foi o noso tema escollido???………………….. A nosa querida fervenza.

Os pitufos axudaron a dar cor e manter limpa a fervenza cos seus pinceis, escribindo cartas ao concello, colocando carteis de advertencia, coidando as flores e árbores do contorno,…

Agora deixámosvos un vídeo de todo o proceso de creación e cal foi o resultado final dun bonito traballo colaborativo. Esperamos que vos guste e……………………………………………….. ao xurado tamén.

NOVO CONCURSO NO QUE IMOS PARTICIPAR

Hai un novo concurso no que imos participar, neste caso hai que facer debuxos sobre o coidado do medioambiente. So por participar mándannos un kit e danlle a cada nen@ un diploma e, se hai sorte, igual gañamos algo. Se clicades na imaxe tedes toda a información.

RESOLUCIÓN DOS PREMIOS ECOMETTA

Un ano máis estamos de noraboa. A pesar de haber case 400 debuxos de toda España, o primeiro primeiro da categoría Cirrus foi para Alicia dos Waters. NORABOA CAMPEONA, en breve chegara o teu agasallo.

Pero non acaba ai a cousa, Enrique SM, escribiunos este mail de felicitación:

Hola Amigos /as de Galicia:

Os informo de que hoy hemos hecho coincidir la actualización de la web de Ecometta y el cambio del logo de la Asociación, con la publicación de los ganadores de los Premios Ecometta de dibujo meteorológico y medio ambiental. He de felicitar al Colegio ( y a vosotros/as también…por supuestoGuiño) porque ha conseguido un primer premio en la categoría de Cirrus de 3 años. con el 191 -ALICIA Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters 
Pero esto no es todo, varios dibujos han sido nominados para ganar – entre ellos el :
205 -ALBA PÉREZ Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters 
204 -NAIARA Edat: 3 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Waters
172 -ALBA ROZA Edad: 4 años. – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Sinefos.
232 -Marcos Edat: 5 años. CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo Los Vincis
219 – Alba Edad: 11 años. Título: El Arco Iris de la fantasía – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo 6ºB O Manantial (Estuvo a punto de ganar)
221 – Pedro Edad: 11 años. Título: Un día de temporal en un acantilado – CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela, Galicia. Grupo 6ºB O Manantial.
 y tendrán como premio, a parte de un pequeño obsequio y un diploma, que sus trabajos serán expuestos en una galería en Barcelona  para que los puedan admirar muchas personas, incluidos los medios de comunicación. Próximamente daré a conocer el lugar y las fechas de la exposición. Si los padres o vosotras no podéis venir (¡Ojalá pudiérais!), publicaré las fotos de la exposición en la web.
Enlace a la sección:  http://www.ecometta.org/concurso_ecometta.html
Seguiremos en contacto para la entrega de premios
¡Muchas gracias por todo!
Biquiños!!!!!
Enrique Sánchez y familia
www.eltiempodelosaficionados.com
eltempsdelaficionat@hotmail.com
www.ecometta.org
ecometta@ecometta.org
 
Aquí vos deixamos o enlace a súa nova páxina onde tedes todos os datos do concurso, gañadore e debuxos:
 

Aquí vos deixo o debuxo gañador de Alicia:

E, por suposto, aos finalistas do noso cole. NORABOA A TODOS E MOITÍSIMAS GRAZAS A ECOMETTA POR DARNOS ESTA OPORTUNIDADE UN ANO MÁIS.

HOXE REMATA O PRAZO DOS ECOMETTA

Hoxe é o último día para entregar os debuxos para o concurso de meteoroloxía no que participamos os peques de Reboreda. Os Vincis mandamos os debuxos feitos con auga antes do nadal, pero queriamos mandar algo máis e aproveitando que este ano traballamos sobre a auga fixen unha compilación de debuxos dos feitos na aula para mandar.  Agora so nos falta agardar polo dictamen do xurado.

UNS DEBUXOS MOI EXPLORADORES PARA O CONCURSO ECOMETTA

Os exploradores estiveron investigando un pouquiño o tempo e o ciclo da auga e quixeron amosarvos a tod@s nos seus debuxos todo o que sabían dos cmbios atmosféricos e de como iso influía sobre os estados da auga.

A gran maioría quixeron facer fermosas nevadas, xa que se achegaba o Nadal e eses días facía moitísimo frío. E claro, como para nós as nevadas son un acontecemento tan especial, algo moi similar a unha festa, quixemos darlle un toque de cor ás folerpas de neve para que semellase que caía confetti. Outros, en cambio, estaban abraidados pola maxia do arco da vella, de como se forma tras xuntar un raio de sol e unha pinga de auga nun serán de primavera. Outros tentaron representar as tormentas e chaparróns sobre as montañas.

Tamén en todas as nosas representacións tentamos amosar algún elemento da auga, como río, mares, lagos, neve, choiva,… e algúns elementos que axudasen a coidar o medio ambiente.

Este ano quedáronnos unhas verdadeiras obras de arte, nótase que agora xa temos 4 anos!!!! Así foron os nosos resultados…

CONCURSO ESCOLAR DE RECOLLIDA DE CARTUCHOS

Un ano máis imos participar no concurso que organiza recoatlantico de recollida de cartuchos de tinta baleiros. Os coles que máis recollan recibiran premios de ata 12.000 euros para investir en actividades para os nen@s. Así que, xa sabedes, se tedes cartuchos da impresora baleiros non os tiredes, traédeos ao cole e axudádenos a gañar este concurso. Tedes as bases clicando a foto.

AGASALLO DA ONG “MENIÑOS”

Este curso estivemos a colaborar coa ONG “Meniños”, nun proxecto chamado facendo familias, cos que deseñamos unha serie de actividades a desenvolver cóbado con cóbado coas familias. E como remate final, hoxe chegounos ao cole un pequeno agasallo coa súa mascota, unha nena chamada Milu.

Milu ten un montón de xogos interactivos na súa páxina: www.mundodemilu.org cos que podemos xogar e se queredes saber máis cousas desta ONG podedes entrar na súa páxina: www.meninos.org

Dentro de pouco participaremos con eles coa nosa presentación de traballos que logo publicarán nunha revista especial.

Así é Milu…..

MARGARIDA QUERE SABER… COUSAS DO BRASIL

Esta semana no concurso de Margarida, tivemos que viaxar polo Brasil, investigamos un pouquiño para saber se o Amazonas era o río máis longo, e despois para descubrir e coñecer as características duns animais moi raros, como por exemplo: o jaguar, o ocelote o puma, o pecarí e o tapir. Foi toda unha aventura para os exploradores, xa que tivemos que ir xunto aos sínefos para que nos explicasen algunhas cousas e logo visitamos a biblioteca de Margarida para buscar máis información nos libros e coa axuda do señor Google e o señor Youtube buscamos datos, fotografías e vídeos deses animais tan exóticos.

Tivemos que facer dous vídeos porque era moi difícil seleccionar os momentos máis significativos, xa que todos son importantes e especiais polos comentarios e reflexións destes simpáticos exploradores, non teñen desperdicio!!! Estade atentos e comprenderedes o que vos digo…

RESOLUCIÓN DE LOS “PREMIOS ECOMETTA”

Hoy  tengo  la suerte de poder comunicaros que cuatro alumnos de nuestro centro han sido premiados en el concurso ECOMETTA. Este  es el mensaje que recibimos del equipo del concurso:

Antes de nada agradecer el esfuerzo y la dedicación por el concurso ECOMETTA. Vuestra participación ha sido ejemplar. ALBA, de los Sinefos, se llevará un premio especial por su dibujo  y todos los niños participantes recibirán un pequeño obsequio. Próximamente os diremos como os los haremos llegar. También comentar que del equipo del maiz el dibujo 171220091125.jpg se llevará un regalo especial por su magnífico dibujo al igual que MARA del equipo de los Exporadores y Samu del equipo de los Vincis.
 
Espero que hayáis disfrutado de este concurso.
 
Un abrazo muy grande y muchas gracias
 
FELIZ NAVIDAD Y PRÓSPERO 2010
 
 


PREMIOS ECOMETTA

FELICIDADES A TODOS LOS GANADORES.

Explorando o tempo

Os exploradores tamén queren participar no concurso de ECOMETTA, por iso prepararon esta reportaxe audiovisual con todos os seus traballos.

Investigando e explorando os cambios atmosféricos descubrimos que durante o ano e as cuatro estacións temos fenómenos  moi interesantes, como: sol e calor, chuvia, neve e frío, nubes, tormenta, néboa, o arco da vella,… E así foi a súa interpretación.

Na clase de música coa profe Isabel tentamos representar os movementos do vento, escoitando atentamente a súa melodía cando sopra. Ás veces é lento, outras rápido e outras moi rápido, ás veces sube e baixa, e outras revolotea como unha bolboreta.

CONCURSO ECOMETTA -A PARTICIPACIÓN DOS SINEFOS

A metereoloxía e o coidado do noso entorno é algo que temos moi presente a diario todos os Sinefos. Presentóusenos a oportunidade de participar nun premio relacionado co tema, así que nos puxémos mans a obra e fixemos as nosas interpretacións dos fenómenos metereolóxicos que coñecemos de xeito individual , e logo entre tod@s elaboramos un mural para que poidesen ver que ademáis xuntos podemos facer algo tan fermoso e creativo como o que resultou o final , o ceo dos Sínefos.
Esperamos que lle guste moito o xurado .Esta é a nosa participación e o noso traballo.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.