PLANTAMOS AMORODOS NO HORTO

Coa chegada da primaveira Os Cocoricos traballamos no horto do colexio, plantamos uns deliciosos amorodos. Xa tiñamos as plantas, pero había que preparar a terra, facendo uns buratos ben grandes para que collesen dentro. Unha vez rematado tiñamos que botarlle unha pouca auga para así conseguir que medrasen con moita enerxía. Á hora de facelo dividimos o traballo, uns facían os buratos, outros plantaban e outros regaban, conseguindo que todos colaborasen. Durante o proceso estivemos acompañados por unhas boas reporteiras, a cocorica Alba e a profe Aida, que non perderon detalle do asunto. Tamén nos acompañou Luisa, cantándonos fermosas cancións.
Pasadas unhas semanas e coa axuda do sol e a auga, puidemos comprobar como saían uns enormes e vermellos amorodos, ¡da gusto velos!

DIA DA ÁRBORE DOS WATERS

O MÉRCORES PASADO POIDEMOS DISFRUTAR POR FIN DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE XA QUE NO MES DE ABRIL A AUGA IMPEDIUNOS FACELO. OS WATERS BOTARON DE MENOS A PEPITO GRILLO, QUE FOI A ÁRBORE QUE PLANTAMOS O ANO PASADO PERO COMO CAMBIAMOS DE SITIO NON O PUIDERON VER, POR ISO, E EN HONOR DEL, BAUTIZARON A ÁRBORE DESTE ANO COMO “PEPITA”. OLLADE COMO TRABALLARON E SE DIVERTIRON.

DÍA DA ÁRBORE NO COLE DE REBOREDA

Un ano máis no cole de Reboreda tivo lugar unha das celebracións más populares da escola “O día da árbore”.

Este ano as comunidades de montes de Reboreda e Ventosela recomendáronnos ir a plantar as árbores preto do campo de fútbol de Reboreda. Alí os peques axudaron a plantar as árbores, merendaron e xogaron sen parar.

Ahí vos deixamos algúns recordos deses momentos.

DE COMPRAS CON ANTÍA, A TENDEIRA

Unha vez máis na tenda dos exploradores vivimos mil e unha experiencias. Cada día que pasa estes peques mercan moi ben. Facemos moi ben a lista da compra, algúns queren aforrar pero cando queremos mercar algún caprichiño…….. os aforros desaparecen, outros teñen que pedir axuda aos compañeiros máis aforradores, etc.

E que dicir da tendeira??? Esta tendeira estivo moi metida no seu papel, axudando a aqueles compradores despistados, moi atenta por se algúen marchaba sen pagar ou lle daba mal os cartos, asesoraba a aqueles indecisos,… Noraboa a tod@s!!! Cada día facédelo moi pero que moi…….. ben!!! Temos que ir pensando en complicar un pouquiño máis estas compras.

OS COCORICOS NO ZOO DE VIGO

Ola familias! Os Cocoricos e os Waters fomos de excursión ao Zoo de Vigo, xunto cos nosos amig@s da Escola de Casalonga (Teo), unha saída programada en conxunto e dentro do Proxecto de Agrupacións Escolares (ARCE). Foi un día para lembrar, pois estivemos moi ben acompañad@s por Luisa, a profe Loli, a profe Aida e o profe Esteban. Coñecemos moitos animais e poidemos desfrutar de fermosos momentos. Estamos a falar de animais moi coñecidos por nós comos os leóns, os trigres, os osos polares, as tartarugas, os tan temidos lobos… e de outros non tan coñecidos como os orix, o tejú, os muflóns, etc.
¡Esperamos que desfrutedes como o fixemos nós! ¡Unha aperta!

OS AMORODOS DO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Cada día o horto dos peques estase a encher con novas plantacións. Nesta ocasión plantamos amorodos porque así dentro dalgunhas semanas, e se o tempo o permite, poderemos degustalos antes de que remate o curso.

Esta soe ser a plantación que máis lles gusta aos peques porque rapidamente poden comprobar e probar as ricas e deliciosas froitas da súa horta que con tanto mimo coidaron durante semanas.

Agora deixámosvos un pequeno vídeo cun novo grupo dos exploradores cos amorodos e dando algúns retoques ao horto para que todo medre moitísimo.

AS MAMÁS DOS SÍNEFOS ANÍMANSE A CONTAR CONTOS

LULA, A MAMÁ DE GABI; E RO, UNHA COMPAÑEIRA FORON AS PRIMEIRA EN ANIMARSE A CONTARNOS UN CONTO. MOITAS GRACIAS.

CON ELAS DISTRUTAMOS DUNHA NOVA HISTORIA,  ACLARÁRONOS UNHA CHEA DE VOLABURARIO, SOBRE TODO  RELACIONADO COA ORNITOLOXÍA, E COMEZARÓN A COA SÚA INTERPRETACIÓN E NÓS  FIXEMOS VOAR A NOSA INAXIMACIÓN, E CUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS, CANDO NOS DECATAMOS XA REMATARAN. GUSTOUNOS MOITO E ESPERAMOS QUE VOLTEDES PRONTO.

TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO

Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.

Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.

OS COCORICOS VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O mércores pasado Os Cocoricos, xunto aos nos@s amig@s de Infantil, realizamos a nosa primeira saída do curso. Foi un día moi especial, estabamos moi emocionados e preparados. Visitamos o Salón do Libro de Pontevedra, que este ano está adicado á superstición.
Ao chegar recibiunos un lobo, a mascota do Salón, que se comportou moi ben con nós, aínda que non lle tiñamos moita confianza. Durante a nosa visita vimos as bágoas de San Lourenzo, contamos os pétalos dunha flor, buscamos o trébol de tres follas, lemos contos, coñecemos o home do saco e descubrimos o que espanta aos vampiros, o allo.
Ao remate da visita apareceu O Lobo, que sen querer meteunos moito medo, algúns dos Cocoricos asustámonos moito. Pero ao ver que el estaba igual de asustado e triste, fomos agarimalo para que non se preocupase.
Saímos do Salón cun novo amigo, O Lobo.
A nosa excursión rematou merendando e xogando nun parque próximo, onde desfrutamos dun día verdadeiramente completo. Desexámos que vos guste!

OS SÍNEFOS E OS COCORICOS RECIBIMOS UNHA CARTA DESDE LISBOA

Cris, a tía do Sínefo Pablo e a Cocorica María Ulla, mandounos unhas postais moi simpáticas e emotivas de Lisboa, a cidade onde reside. Nelas aparecen unhas espectaculares imaxes da propia cidade, que María e Pablo coñeceron cando visitaron á súa tía. Foi unha grande ledicia recibir esta carta, non soamente para os Sínefos e os Cocoricos, senón que tamén para María e Pablo, ¡estaban moi emocionados!
Moitas grazas tía Cris por lembrarte de todos nós. ¡Unha aperta!

RECOBRANDO VIDA NA NOSA HORTA

ESTES DÍAS ESTIVEMOS FACENDO UN SEMILLERO DE PEMENTOS, PARA PODER TRASPLANTAR Á NOSA HORTA.
AS SEMENTES ERAN DUNS PEMENTOS CON FORMA DE CAMPÁ QUE VÍRAMOS O ANO PASADO NA AULA E DE PEMENTOS VERMELLOS GRANDES, POLO QUE TIÑAMOS UNHAS SEMENTES UN CHISCO MÁIS GRANDES QUE AS OUTRAS.
HOUBO QUEN QUIXO PROBALAS, E DECATOUSE DE QUE NON SE COMIAN, ESTABAN UN POUCO DURAS.

 

DÍA DAS MASCOTAS NA CLASE DOS EXPLORADORES

O pasado luns, tivemos unhas visitas moi pintorescas. Rata e Reptil viñeron á escola coas súas amigas, Lucía e Valentina. Eran un coello e unha pequena serpe, á que Valentina chamaba “aliscrán” (un tipo de serpe diminuta).

Fixádevos nos vídeos e escoitar con atención o ben que os peques tentaban resolver as súas dúbidas e que ben facían as preguntas. Foi unha preciosa lección maxistral para todos.

Primeiro vos amosamos un sinxelo álbum de fotos cos mellores momentos. Xa sabedes como debedes miralo. Esperade a que cargue e pouco a pouco irán pasando as páxinas.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación created with Smilebox

E se queredes velos en acción eiquí vos deixamos estes dous divertidos vídeos. Primeiro Lucía amósanos ao traveso coelliño

E para rematar Valentina explícanos cousas das serpes

OS PIRATAS COCORICOS

Neste Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de Piratas, uns piratas moi chusquiños e aventureiros. É por isto que Os Cocoricos estivemos preparándonos a conciencia, ¡traballamos moito! Aprendemos cousas novas de piratas, lemos contos, vimos vídeos, cantamos cancións e preparamos os nosos disfraces; poñéndolle lunares aos panos, pintando os catalexos ou decorando o barco con peixes, estrelas e cabaliños de mar.
No día sinalado, estabamos moi emocionados e ilusionados, ¡por fin chegaba o que tanto desexabamos! Vestímonos coas roupas de piratas, pintamos o parche no ollo, colocamos o pano na cabeza, pillamos os catalexos e subimos ao noso grande barco. ¡Xa estabamos listos!
Coa axuda das familias saímos do cole e surcamos os mares de Reboreda, foi unha viaxe trepidante á par que divertida, onde nos defendemos dos ataques externos coas máxicas pompas de xabón.
Ese día xa rematou, pero Os Cocoricos seguimos soñando que somos uns valentes e feroces piratas, que navegamos polos mares do mundo na procura de enormes tesouros.
¡FELIZ ENTROIDO!

SEMANA DO MECO NA CLASE DOS EXPLORADORES

Antes da chegada do entroido na escola de Reboreda preparamos a semana do meco. Nesta ocasión “Margarida”, a mascota de biblioteca foi a encargada de dar as ordes do que deberíamos levar cada día da semana para recibir ao entroido.

Así de lindos e divertidos chegaban á escola os exploradores durante esa semana.

TRANSPLANTANDO NO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Fai unhas semanas os “Amigos da Terra” ensináronnos a plantar nun sementeiro moi particular. Fixemos as primeiras plantacións da tempada: leitugas, cebolas, fabas, chícharos,… Logo día a día coidámolas nas nosas aulas e como medraron tanto tivemos que transplantalas ao noso pequeno recunchiño hortícola.

Así pouquiño a pouco vai collendo forma o noso horto…

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.