Hoxe tivemos a sorte de poder ver o mar dende a perspectiva duns mergulladores que grabaron a súa andaina baixo as augas, Roberto e Carlos, o home e o fillo da nosa amiga Luisa filmaron unha morea de cousas interesantes, golfiños, anémonas,ourizos……etc. Nós estivemos atentos a todo o que Luisa nos foi explicando e aprendimos moitas cousas novas.
Gracias aos tres e sobre todo a nosa Luisa.





