UNS MAILS CHEOS DE AVENTURAS

As familias dos exploradores continúan mandando mails cun montón de fotografías, adiviñas, cancións que lles gustan aos seus peques e queren compartir con todo o alumnado dos peques de Reboreda. Nesta ocasión aproveitamos e fixemos unha exposición conxunta. Andrea, Lois, Mara e Lucas foron os encargados en comentar unha chea de fotografías cheas de aventuras e sorpresas. Ahí vos deixamos dous vídeos con todas as súas explicacións. Fixádevos ben porque é fantástico ver que maiores xa son e que ben explican todo!!!

OS PEQUES DE REBOREDA PARTICIPAN NO CONCURSO ESCOLAR: “MARGARIDA QUERE SABER”

Un ano máis os peques da escola tamén participan no famoso concurso da escola: “Margarida quere saber…”

Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?

Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,… É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.

Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.

VALENTINA, UNHA NOVA EXPLORADORA

Este curso á clase dos exploradores chegaron 3 novas incorporacións: Bianca, Andrea e Valentina. Pouco a pouco vanse adaptando ao novo cole e xa comezan a participar activamente en todas as actividades que propoñemos.

Nesta ocasión foi Valentina a que recibíu una correo moi especial da súa familia. Ela que é unha exploradora moi tímida por uns instantes perdeu a vergoña e contounos a mar de ben cada unha das imaxes que pouco a pouco íamos descubrindo. Mirade que ben o fixo para ser a súa primeira vez. Noraboa Valentina!!! Fixéchelo xenial!!!

CONTANDO EXPERIENCIAS

OS WATERS ESTAMOS A RECUPERAR AS ACTIVIDADES PARA FOMENTAR A LINGUAXE ORAL E APROVEITAR AS COUSAS QUE FAN FÓRA DA ESCOLA PARA QUE SER CONTADAS NA AULA A TRAVÉS DE IMAXES, VÍDEOS, CONTOS…ESTE VEZ MIRADE A IDAIRA COMO NOS CONTA A SÚA VIAXE VACACIONAL. UNHA GRAN ORADORA.

VIAXANDO CON SHEYLA AO PAÍS DOS DEBUXOS ANIMADOS

Xa fai moi tempo que recibimos unhas fotos moi divertidas de Sheyla nun parque temático de Madrid e… xa chegou o momento de velas co novo grupo dos exploradores!!!

Sheyla fíxoo xenial e tamén foi axudada por Carla e Lucía C.C., xa que elas tamén estiveran alí nunha das súas intrépidas viaxes. O resto dos exploradores tamén participaron arreo, xa que aparecían personaxes animadas moi coñecidas por tod@s. Foi unha experiencia moi divertida e animada e….. que ben o fixeron!!!

IMOS DE SAFARI CON ANTÓN, O SILENCIOSO EXPLORADOR

Antón recibiu un e-mail cun montón de fotografías feitas durante as súas vacacións de verán en Santander, nun parque natural moi particular. Ahí deixámosvos uns retazos do que foi esa animada sesión de “falando en público”.

MARA RECIBÍU UN E-MAIL CHEO DE FOTOGRAFÍAS

Mara é unha gran aventureira polo cada vez que sae a explorar fai un milleiro de fotografías que logo comenta cos seus compañeiros. Apredemos moitas cousas con esta pequena mestra. Así de divertidas foron as súas explicacións e así de atentos estivemos todos para logo facerlle miles de preguntas, mirade, mirade!!!

IMOS DE FIN DE SEMANA CON LOIS

Pouco a pouco o curso comeza da rodar e con el comezamos a recibir moitos e-mails das familias. Nesta ocasión Lois foi o afortunado en recibir un correo da súa familia cunha chea de fotografías da súa divertida fin de semana por terras de Cee, cos seus papis e irmán, cos seus amigos, curmáns e padriños.

Lois estaba encantado explicando a todos as súas fotografías e respondendo a todas esas preguntas que facían os seus amigos-exploradores. Fixéronno xenial, escoitando con atención e falando amodiño para que todos entendesen as súas explicacións. Queredes velo???? Pois mirade por esta ventaniña e nun pis-pas poderedes colarvos dentro da nosa aula.

XOGANDO AS ADIVIÑAS COS E-MAILS DAS FAMILIAS

Estou super contenta porque as familias destes peques de Reboreda son un encanto, sempre dispoñibles para calquera actividade que lles propoñamos, mandando bonitos e-mails aos peques con fotos, cancións, poemas e, como neste caso, con adiviñas. Parece unha actividade moi sinxela pero para nós é algo máis, é unha gran actividade chea de motivación porque é o e-mail dos seus “papis”, facemos lecto-escritura, deixamos voar a nosa imaxinación e utilizamos a lóxica para resolver calquera problema que xurda. Tamén aprendemos a falar en público respetando o turno de palabra, aprendemos a falar baixiño, sen berrar e sen correr para que todos nos entendan.

Déixovos un gran vídeo onde podedes comprobar canto medraron os meus exploradores, que rápido xa pasaron tres cursos e cantas cousas xa saben facer case soíños. Mirade, mirade!!!

ÚLTIMA SESIÓN DE CONTADORES DE HISTORIAS: LUCÍA E ANXO NO ZOO

Nestes últimos días do curso recibimos moitas fotos destes aventureiros exploradores. Lucía C.A. e Anxo levaban semanas esperando ver as súas fotos no zoo de Madrid e claro cando recibiron o e-mail non poideron disimular os nervos, xa chegou a hora de falar ante un público tan esixente e interesado, facendo miles de preguntas e dubidando das nosas explicacións, pero… Anxo e Lucía non se amedrentaron souberon responder moi ben todas as súas demandas. Mirade, mirade o ben que o fixeron………………… E que traballar en parella é moito máis divertido.

Se este curso non podeimos amosar as vosas fotos non vos preocupedes porque durante o verán a profe irá preparándoas para cando chegue setembro xa poidamos comentalas. Por iso……… se queredes no verán podedes seguir mandando fotos e facendo divertidas escapadiñas porque no seguinte curso seguiremos traballando con este recurso tan motivador e tan enriquecedor.

Moitas grazas de novo familias pola vosa sempre especial colaboración. Bo verán!!!

RESPONDENDO ÁS PREGUNTAS DE MARGARIDA

Levamos varias semanas participando no concurso da escola que nos propuxo Margarida dende a biblioteca, “Margarida quere saber”

O concurso consiste no seguinte: ela fainos preguntas relacionadas co proxecto da auga, “Pinga pinga”, algunhas teñen que ver con temas que xa vimos ao longo do curso e outras son novas. Temos que investigar buscando nos libros da biblio ou utilizando as novas tecnoloxías para responder as dúbidas da nosa amiga. Tamén utilizamos os correos electrónicos para mandarlle as respostas. Todo isto lévanos algunhas sesións porque este ano como somos tan maiores xa son os propios exploradores os que contestan a Margarida.

Ahí deixámosvos uns retazos desa intensa investigación.

ROSI, ALBA D E AS CANTAREIRAS

Este curso, Rosi e Alba D estiveron indo a clase das cantareiras os venres. Cada luns chegaban super emocionadas contando o tarde que chegaban a casa e compartindo algunhas das cancións que aprendían. Non sei se lembrades algún vídeo onde nos tocaron e cantaron as dúas. Fai tempo dixémoslle que estaría xenial poder facer un concerto no cole. Rosi sempre dicía que a profe non as cria e que tiña que preparar unha nota, así que o venres preparamos a nota para pedirlles que viñeran ao cole a darnos un concerto. Grazas a mamá de Alba D e a profe Erica das cantareiras, o próximo venres, ás 12 teremos o noso concerto.

Hoxe chegou un correo da profe Erica para anunciarnos a visita, e Rosi e Alba D contestáronlle entusiasmadas.

Despois, mandámoslle un correo ao resto dos pequesreboreda para que veñan connosco.

Mirade que ben escribiron o mail.

ANTÍA LEVÓUNOS DE PASEO POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN

Xa fai uns días que Antía recibíu un bonito e-mail da súa familia cunha chea de fotos do seu paseo polos muíños do Folón e do Picón.

A súa familia estaban sorprendidos de todas as cousas que Antía sabía dos muíños e da auga.

Pois se queredes ver o ben que Antía lles explicou aos exploradores todo o que viu nese lugar con tanto encanto non vos podedes perder este vídeo.

SHEYLA TAMÉN RECIBIU UN E-MAIL

Levaba semanas esperando que chegara o seu ansioso e-mail e….. por fin, xa chegou!!!

Sheyla recibíu un montón de fotografías coas que poidemos coñecer ao seu irmán, á súa mamá e ao seu papi. Leváronnos de excursión a terras ourensanas para ver as termas de auga quente en Outariz. E logo Sheyla ensinóunos a granxa do seu avó, poidemos ver aos pitiños, ás galiñas, aos gatos e aos cans. Estabamos tan contentos que lle fixemos a Sheyla un interrogatorio en toda regra, jajajaja, parecíamos uns verdadeiros periodistas en procura da información.

Ahí vos deixamos un resumido vídeo de todo o que alí falamos e o ben que o fixo Sheyla ante uns periodistas tan curiosos…

UN E-MAIL CON FOTOS PARA LUCÍA C.C.

Como case todas as semanas os exploradores reciben algún e-mail das familias. Nesta ocasión a afortunada foi Lucía C.C., que levaba moito tempo esperando a chegaran as fotos da súa viaxe a Canarias.

Ahí vos deixamos a esta experta narradora contando, dun xeito moi natural, cada unha das fotografías que nos mandaron papá e mamá.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.