MACARIO DROMEDARIO

Levo unhas semanas facendo un curso sobre Filosofía de Pensamento. Tiñamos que deseñar unha actividade para a aula así que, aínda que non estou no cole, fixen está na distancia sobre un conto que me gusta moito para que poidades xogar un pouco. Tamén ten un apartado para profes onde podedes ver en que consiste a XOGAR A PENSAR. Espero que vos guste.

DÍA DA PAZ NA ESCOLA DE REBOREDA

Así celebramos o día da paz na escola xunto a todo o alumnado, cantando a canción de Alex Fernando “Celebra la vida” e elaborando a pomba da paz con plumas de cores e palabras de paz e amor para todos. Ahí vos deixamos o vídeo dos exploradores, preparando ese día.

FACENDO UNHA TELARAÑA EN EQUIPO

Este ano seguimos traballando de forma cooperativa. Ao principio de curso os peques elexiron os seus equipos, déronlle nomes de personaxes de contos e despois de moitas decisións e debates estes foron os resultados finais: Os lobos veloces, as princesas e o cabaleiro, os unicornios máxicos, os piratas salvadores e por último, o que resultou máis complicado nomear porque non chegaban a un acordo, bruxas e superhéroes.

Hoxe queremos amosarvos o ben que traballamos en equipo de forma cooperativa, nesta ocasión levamos a cabo unha actividade de gran grupo na que a meta final e conseguir construir entre todos unha telaraña. Serve como actividade de presentación do grupo aos novos membros e nesta ocasión tamén quixemos amosar un pedaciño de todos nós contando as cousas que máis nos gustaban. A verdade que a min cáeseme a baba ao ver como os meus pequechos e pequechas xa se fixeron maiores tan rápido e que ben fan as cousas case sen ter que indicar nada eu. Mirade e sorprendedevos tanto coma min.

XOGO DAS EXPRESIÓNS

Aquí vos deixo un xogo para facer caras poñendo a expresión que vos mandan. A ver que tal se vos da. Clicade e a xogar.

PREPARANDO O ACTO DE GRADUACIÓN

Os Vincis xa somos moi maiores e este luns celebramos o acto de graduación. Dentro duns días subiremos o vídeo do acto, pero, antes dese momento tivemos moito que preparar. Luisa, a profe Rosa e a profe Lucía preparáronnos os birretes para estar guapos no acto e nos tivemos que preparar as invitacións. Tivemos que facer moitas para levalas a casa e repartir entre os profes que nos dan clase e os compis de infantil, así que tivemos moito traballo.

Despois, con todo listo, tivemos que facer o reparto para que non faltara ninguén.

NADARÍN

Este ano, coma os Vincis somos os maiores, foi o noso turno de actuar no Festival de Fin de curso. Aproveitando o tema da auga decidimos representar un conto de peixes, xa que, dende que fomos ao acuario, non paramos de aprender cousas do mar. Lemos o conto na clase e gustounos moito así que puxémonos mans a obra.

Primeiro fixemos un pequeno concurso na clase para escoller a Nadarín, cada un debuxou un peixe e logo votamos para escoller o modelo gañador que fotocopiamos e picamos para levar o día da obra. Despois fixemos en cartón as siluetas das personaxes e tivemos que pintar de negro o reverso para que non se vira o día da actuación. Unha vez seco, tocou cubrir con papel fluorescente o frontal.

Para evitar os nervos do directo, grabamos o conto no ordenador en pequenos grupos e despois fixemos unha montaxe con música e as voces dos Vincis.

Xa so quedaba ensaiar, claro que a profe estivo indisposta e quedáronnos tres días para preparar a obra. Coma os Vincis son uns fenómenos, aprenderon enseguida o que tiñan que facer. O último día trouxenos a luz negra e fixemos un ensaio xeral. Xa estaba listo!!!

Iso si, temos que dar as grazas ao profe Miguel de músicas cativas que nos fixo a montaxe musical, nos ensinou a técnica e prestounos a luz negra. A profe Isa de música que tamén nos deixou dúas lámpadas de luz negra, a Luisa que tivo que limpar todo o que deixamos pintado de negro, que non foi pouco, a profe Lucía que nos axudou a montar toda a escenografía, a profe Amparo por cedernos a hora de psicomotricidade para ensaiar e,  por suposto, a todos os que viñestes a disfrutar da nosa presentación.

Creo que o vídeo fala por si mesmo. Non podería estar máis orgullosa destes artistas.

TEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O venres, antes de marchar, Luisa petou na nosa porta e viña acompañada de Antía, a irmá de Lucía, que quería pasar un ratiño connosco. Todos os Vincis estaban encantados coa visita e riron moito cos intentos de gatear de Antía. Lucía quería que vísemos todo o que facía Antía pero ela estaba máis pendente dos nen@s que de amosar nada.

Encantounos tela un connosco.

ALICIA, DE LOS WATERS, VA A LA NIEVE

Estes días de festa algúns dos nosos peques aproveitaron para facer cousas especiais. Alicia foi coa súa familia a neve e mandou estas fotos para compartir connosco. Mirade que ben o pasaron!!!

A UNHA MESTRA CON MAIÚSCULAS: A PROFE SUSANA

Como sabedes, aínda que temos un novo equipo en Infantil, co que estamos encantadas, o noso corazón segue reservando un gran espazo para a profe Susana, por todo o que nos ensinou, polo seu entusiasmo, as súas ganas, polo seu sorriso incansable e polo amor, paixón e dedicación incansable a docencia.

Inda agora, estando lonxe nosa segue facendo grandes cousas que fan que se nos remova algo por dentro.

Un dos grandes desexos da profe Susana sempre foi tocar a guitarra e o ano pasado comezou a ir a clases. Despois dun longo ano de rascar as cordas, acaba de gravar unha canción co seu mestre de guitarra. É unha canción preciosa que quere dedicar a todos os seus alumn@s, pero, en especial, a alguén que lle fixo replantexarse o seu xeito de ensinar, buscar solucións a problemas, atopar outros xeitos de comunicación e loitar contra vento e marea para sacar o mellor del e do seu grupo.

O vídeo é espectacular, sei que ela non conta que o publiquemos no blog pero non podía deixar de compartir con vos este precioso vídeo onde podedes escoitar a súa voz, disfrutar coas súas notas a guitarra e achegarvos a todos e cada un dos sentimentos que moven a unha mestra de vocación.

GRAZAS A TI, PROFE SUSANA, ONTE, HOXE E SEMPRE  FORMARAS PARTE DA FAMILIA DOS PEQUESREBOREDA

A VISITA INESPERADA DE LUCAS

Este venres foi un día cheo de sorpresas, como a celebración dun aniversarios terroríficos, talleres de medo, obra de títeres cos nenos e nenas da clase do manantil de 4º, pero a sorpresa máis grande foi: A chegada de Lucas. Aínda está recuperándose dunha operación pero non podía perderse este día de festa na escola, así que con moito coidadiño e precaución participou con todos nós na festa do samaín. Os exploradores estaban encantados coa chegada do seu compañeiro, fixéronlle un montón de preguntas e aproveitaron ata o último minuto da súa presencia.

Pero Lucas antes de marchar a descansar deixóunos un montón de chuches por todos os agasallos que lle fixemos mentras estivo no hospital, o noso tenro vídeo e os nosos coloridos debuxos cheos de moito cariño.

Un bico enorme Lucas e recupérate moi pronto que te botamos moitísimo de menos!!!!

UN AGASALLO MOI EXPLORADOR PARA LUCAS

Os exploradores estiveron estes días liados preparando un bonito agasallo para un dos seus compis, Lucas, xa que leva uns días de reposo tras unha pequena operación.

Mirade que debuxos máis lindos xa son capaces de facer este curso…

UN CONTO ESPECIAL

Onte, os peques de Reboreda tiveron unha oportunidade moi especial, recibiron a visita de Camilo un contacontos diferente, era sordo e empregaba a linguaxe de signos para comunicarse con nós.

Ao principio todos os peques estaban abraiados pero rapidamente foron capaces de seguir o conto con só prestar atención ás mans de Camilo, aínda que cando respostaban esquecíanse de falarlle e miraban cara atrás para darlle as respostas ás intérpretes das súas palabras.

Contóunos dúas lindas historias e logo ao rematar ensinóunos a dicir algunhas sinxelas palabras, como: papá, mamá, árbore, comer, durmir, gato, can,… El tamén quedou moi abraiado ao ver que os nosos peques eran capaces de facelo moi ben e sen esquecerse de ningún dos sinais.

OS VINCIS E OS SINEFOS TAMÉN DISFRUTARON MOITO DESTE CONTO. MIRADE QUE CARIÑAS!!

AGASALLO DA ONG “MENIÑOS”

Este curso estivemos a colaborar coa ONG “Meniños”, nun proxecto chamado facendo familias, cos que deseñamos unha serie de actividades a desenvolver cóbado con cóbado coas familias. E como remate final, hoxe chegounos ao cole un pequeno agasallo coa súa mascota, unha nena chamada Milu.

Milu ten un montón de xogos interactivos na súa páxina: www.mundodemilu.org cos que podemos xogar e se queredes saber máis cousas desta ONG podedes entrar na súa páxina: www.meninos.org

Dentro de pouco participaremos con eles coa nosa presentación de traballos que logo publicarán nunha revista especial.

Así é Milu…..

QUE FIXEMOS O FIN DE SEMANA?

Comeza un fin de semana novo e para motivarnos e que axudedes aos Vincis a cubrir a súa libreta, aquí vos poño a nosa asemblea do luns. Evidentemente non podo poñer a todos falando, pero si vos deixo unha pequena mostra onde podedes ver o animados que estaban e como disfrutaron compartindo cos seus compañeiros o que fixeron.
MOITAS GRAZAS A TODOS E A SEGUIR ASÍ.


20 MINUTOS PARA SENTIR

A escola ademáis de traballar lectoescritura, lóxica, matemáticas, coñecemento do medio… Debería traballar tamén as emocións, os sentidos, sentimentos… porque somos seres emocionais que as máis das veces funcionamos por impulsos.
Os Vincis imos dedicar cada semana 20 minutos a sentir, como? Sentindo a música, unha obra de arte, unha imaxe, un vídeo…
Aquí tedes os Vincis sentindo a música. A cámara quedou sen pilas e foi unha pena porque, unha vez que se soltaron foi moi interesante.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.