OS WATERS, OS SÍNEFOS E OS EXPLORADORES SON ESTATUAS

EN PSICOMOTRICIDADE XOGAMOS, VIAXAMOS A TRAVÉS DA NOSA IMAXINACIÓN E CONVERTÉMONOS EN PERSOAXES QUE PASAN POR MOITAS AVENTURAS! AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO QUE NOS DIVERTIMOS SENDO ESTATUAS!

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Achégase o día da Paz e a nosa amiga Belén Junquera fixo esta LIM tan fermosa onde podedes escoitar o conto de Wangari e logo facer as actividades do nivel básico. Espero que vos guste. Clicade e a xogar.

XOGANDO CÓ CORPO

COMO VEREDES NESTE PEQUENO VIDEO OS SÍNEFOS ESTÁN EN PLENA FORMA: ATENTOS ÁS ORDES, COORDINACIÓN DE MOVEMENTOS, UNHA EXECUCIÓN PERFETA,COLABORACIÓN E UN MILLEIRO DE SORRISOS. MIRADE QUE BEN O PASAMOS.

DEBUXOS PARA @S NEN@S DE CANARIAS

O MÉRCORES TÓDOLOS SÍNEFOS PUXÉMONOS MANS A OBRA E TRABALLAMOS CONTRARELOXO FACENDO UNS FERMOSÍSIMOS AUTORETRATOS PARA QUE LEVASEN A PROFE VERO E A PROFE LUISA AO COLE DE CANARIAS E LLOS DESEN AOS NEN@S, E ASÍ NOS COÑEZAN UN POUCO MELLOR.
ENTÓN, DECIDIDOS SUBIMOS Á CLASE DE 4º PARA EXPLICARLLE A PROFE E A TOD@S OS DA CLASE QUE FOI O QUE FIXEMOS, ELES TAMÉN NOS EXPLICARON QUE ELAVORARON UN LIBRO DE POEMAS SOBRE A AUGA MOI CHULO.

MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON.

ESPERAMOS TER NOVAS, E QUE NOS DIGAN QUE LLE PARECERON.

IMOS BAILAR UN POUCO

Aos exploradores encántalles bailar e mover o corpo cunha gracia moi particular.

Nesta ocasión escollemos a canción: “¿Dónde pongo las manos?. O baile consistía en ir bailando coas mans no lugar que indicaba a canción, como por exemplo: cabeza, cintura, “culete”, xeonllos,… para acabar todos tirados polo chan.

Así de ben o pasamos con este bailar singular.

O ESQUEMA CORPORAL

Unha das formas de coñecerse a si mesmos dos nen@s é debuxando o seu corpo. Comezan sendo parte da actividade motora de mover os brazos e as mans, onde unhas liñas son un corpo, de hai pásase ao realismo frustado ou debuxo con nome, o nen@ fai algo que nos coa nosa óptica de adultos non recoñecemos pero que el ten moi claro.  A partir de hai comezan a evolucionar o debuxo, a perfeccionarse e a incluir movemento.

Os nen@s comezan a poñer detalliños pequenos, aparece o chan e o ceo, o corpo está cheo de detalles como pestañas, cellas, ourellas, peito, embigo, rodillas… Hai algúns que incluso debuxan os seus órganos aínda que a simple vista non se poidan ver.

Este exercicio de debuxar o esquema corporal mellora a grafomotricidade, desenvolve a creatividade e, sobre todo, mellora o coñecemento dos nen@s de si mesmos. Por outra banda, debuxar elementos na folla axuda a  desenvolver conceptos especiais xa que teñen que escoller en que zona do papel poñen eses debuxos. A evolución de 3 a 5 anos é incrible. Se tedes a man os debuxos dos peques en tres, miralas e comparalos cos que fan agora, veredes que evolución tan incrible.

A CARA DOS VINCIS

Fai un días no blog do CRA DE TEO apareceu un artigo da profe María, compañeira da profe Susana, onde os Cocos facían un debuxo da súa cara usando diversas técnicas. Encantoume a idea e pedinlle permiso para levala a cabo na aula a cambio de mandarlle nun mail o resultado final. Durante varios días traballamos nestas fermosas caras e pasámolo moi, moi ben.

Cando vexades a cara non vos quededes coa estéctica porque a nosa perspectiva de adultos pode confundirnos e non deixarnos distinguir a fermosura destas caras. Tedes que fixarvos nos detalles: as partes da cara, as pestañas, o iris e a pupila, os beizos e os dentes, os collares, os detalles no pelo das nenas… Ademais de todo o traballo levado a cabo: pintar con pinceis, colorear con ceras, perfilar, recortar, pegar…

Toda unha evolución se o comparamos cos esquemas corporais de fai dous anos.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.