DE COMPRAS CON ANTÍA, A TENDEIRA
09 may 2012 Dejar un comentario
in A TENDA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, EXPERIMENTANO NA AULA, RECURSOS
Unha vez máis na tenda dos exploradores vivimos mil e unha experiencias. Cada día que pasa estes peques mercan moi ben. Facemos moi ben a lista da compra, algúns queren aforrar pero cando queremos mercar algún caprichiño…….. os aforros desaparecen, outros teñen que pedir axuda aos compañeiros máis aforradores, etc.
E que dicir da tendeira??? Esta tendeira estivo moi metida no seu papel, axudando a aqueles compradores despistados, moi atenta por se algúen marchaba sen pagar ou lle daba mal os cartos, asesoraba a aqueles indecisos,… Noraboa a tod@s!!! Cada día facédelo moi pero que moi…….. ben!!! Temos que ir pensando en complicar un pouquiño máis estas compras.
UN NOVO DÍA NA TENDA DOS EXPLORADORES
25 abr 2012 Dejar un comentario
in A TENDA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, EXPERIMENTANO NA AULA, MATERIAIS E RECURSOS
Fai uns días, Antón foi o novo tendeiro na tenda dos exploradores e fíxoo moi ben. Atendeu aos clientes con moita educación, fixo as sumas e axudou aos compañeir@s a facer as contas. Eiquí deixámosvos unha pequena mostra deses momentos. Parabéns a Antón e a todos os exploradores!!!
DÍAS DE COMPRA NA TENDA DOS EXPLORADORES
20 abr 2012 Dejar un comentario
in A TENDA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, EXPERIMENTANO NA AULA, MATERIAIS E RECURSOS, RECURSOS
En pasadas semanas xa vos contamos un pouquiño de como íamos traballar na tenda dos exploradores, hoxe imos amosarvos como mercan e venden estes peques nun recuncho tan completo. Facemos sumas e restas, aforramos cartos para mercar cousas moi ricas á semana seguinte, compartimos moedas con aqueles que non lles chegan as moedas que teñen,…
Eiquí vos deixamos soamente un pequeniña mostra destes primeiros pasiños. Noraboa a Anxo, por ser o noso primeiro tendeiro e a todos os exploradores por facelo tan ben dende o primeiro día!!!!!
OS PRIMEIROS PASIÑOS DA TENDA DOS EXPLORADORES
12 abr 2012 Dejar un comentario
in A TENDA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, EXPERIMENTANO NA AULA, MATERIAIS E RECURSOS, MEDRANDO NO COLE
Semana a semana os exploradores vanse familiarizando co seu novo recurso e recuncho educativo, “A Tenda dos exploradores”.
Con tan pouco tempo de andaina xa facemos cousas incribles, é que………………………. estes exploradores non paran de asombrarme día a día.
Nesta ocasión vamos a mostrarvos como foron os nosos primeiros pasiños, presentación do recuncho, organización das merendas atendendo aos prezos (que eles mesmos puxeron dacordo coas súas propias preferencias, é dicir, os alimentos que máis lles gustaban eran os máis caros e aqueles máis comúns ou necesarios serían os máis baratos, así os caprichos sempre serán os que custen máis adquirilos) e finalmente aprendemos un montón sobre como facer o reparto das moedas acumuladas polo equipo ao longo da semana. Na seguinte ocasión vos amosaremos como mercan e venden estes peques tan emprendedores.
Isto si que foi un gran comezo!!!
OS PRIMEIROS PASOS DA TENDA DOS EXPLORADORES
21 mar 2012 Dejar un comentario
in A TENDA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, EXPERIMENTANO NA AULA, LÓXICA-MATEMÁTICA, LECTOESCRITURA, MEDRANDO NO COLE, RECURSOS
Tardamos pero xa estamos dando os primeiros pasiños na nosa tenda. Levamos varios días falando de como tiñamos que facela, de como íamos mercar, con que, como íamos colocar os alimentos no super,…
Nesta ocasión ímosvos a amosar todas aquelas explicacións que deron os meus grandes “exploradores” sobre como tiñamos que mercar e con que. Aínda non comezamos coa tenda e xa me deixaron coa boca aberta. E que xa son tan maiores!!!
EXPERIMENTANDO COA PDI
10 feb 2012 Dejar un comentario
in EXPERIMENTANO NA AULA, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, TICS
Pasiño a pasiño Os Cocoricos seguimos experimentando e aprendendo novas cousas. Grazas á profe Rosa e aos nosos amig@s Os Exploradores puidemos traballar coa PDI. Unha magnífica ferramenta coa que contamos, relacionamos, lemos e observamos distintos nomes, obxectos e imaxes. Ao primeiro custounos un pouco mover os elementos coa man, pero axiña lle collemos o xeito e ao remate ía xenial!
Moitas grazas amig@s e sobre todo á profe Rosa, que fixo unha grande labor.
Gustounos moito e pasámolo moi ben así que ¡VOLVEREMOS!
CONTANDO EXPERIENCIAS
21 nov 2011 1 comentario
in E-MAILS, EXPERIMENTANO NA AULA, FAMILIA EN EL AULA
OS WATERS ESTAMOS A RECUPERAR AS ACTIVIDADES PARA FOMENTAR A LINGUAXE ORAL E APROVEITAR AS COUSAS QUE FAN FÓRA DA ESCOLA PARA QUE SER CONTADAS NA AULA A TRAVÉS DE IMAXES, VÍDEOS, CONTOS…ESTE VEZ MIRADE A IDAIRA COMO NOS CONTA A SÚA VIAXE VACACIONAL. UNHA GRAN ORADORA.
O NOSO PROXECTO DA AUGA: “PINGA A PINGA”
20 jul 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, COÑECEMENTO DO MEDIO, EXPERIMENTANO NA AULA, FAMILIA EN EL AULA
Despois dun longo ano traballando arredor da auga, eiquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas das actividades, saídas, experimentos, talleres coas familias,… que fixemos este curso, nos que a auga foi a principal protagonista.
FACENDO MÚSICA COA AUGA
13 jun 2011 3 comentarios
in A AUGA, APRENDIZAXE COOPERATIVA, ASPECTOS MUSICALES, COÑECEMENTO DO MEDIO, CREATIVIDADE, EXPERIMENTANO NA AULA
Os exploradores cando investigaran se a auga soaba fixeran un xilófono acuático de cores, descubriran así que a auga non soa, soamente se a facemos vibrar, é dicir, se a movemos.
Nesta ocasión a profe de Isabel levóunos na clase de música a facer diferentes sons coa auga nunha divertida piscina e con recursos tan sinxelos como as nosas mans, botellas de plástico,… Despois de manipular e xogar coa auga e o ritmo saímos ao patio para recoller pedriñas coas que faremos un mar dentro dunha botella. Non o credes!!!!…… pois estade moi atentos a este vídeo, ao final pechade os ollos e abride ben as orellas seguro que a profe Isabel e os exploradores conseguen que vos bañedes nas fermosas ondas deste mar tan especial.
UN ARCO DA VELLA SONORO
23 mar 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, ASPECTOS MUSICALES, COÑECEMENTO DO MEDIO, CREATIVIDADE, EXPERIMENTANO NA AULA, XOGOS DE AULA
Os exploradores cada día que pasa descobren máis cousas da auga. Nesta ocasión estivemos a discutir si a auga soa ou non. Uns dicían que sí, cando as olas do mar se moven fan un bonito e, ás veces, relaxante son. Outros dicían que non porque a auga se estaba quieta non soaba. E mentras pensabamos tanto ocurríusenos unha idea, facer un xilófono de auga con botes iguais de cores.
Queredes ver o que ocurríu, pois… atentos, atentos!!!! Eiquí vos deixamos este interesantisimo vídeo das investigacións dos exploradores coa auga e os sons……..
OVOS DE DINOSAURIOS NA CLASE DOS EXPLORADORES
21 mar 2011 1 comentario
in A AUGA, EXPERIMENTANO NA AULA, FALANDO EN PÚBLICO, MATERIAIS E RECURSOS, NOVAS, RECURSOS
O outro día, Antón chegou a clase todo emocionado, traía unha gran sorpresa para todos os exploradores pero… tiñamos que ter moita paciencia e saber esperar para poder descubrir co paso do tempo todo o que agochaba aquel misterioso descubrimento.
Antón é o máis tímido dos exploradores pero prestade moita atención a este vídeo e comprobaredes que xa non é tan tímido e que ben explicou todo o proceso de incubación dos ovos, ata invitamos aos sínefos para que eles tamén participaran con nós de tan grata sorpresa.
Ahí vos deixamos todas as nosas impresións…
EXPERIMENTANDO CO VAPOR DE AUGA
31 ene 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, COÑECEMENTO DO MEDIO, EXPERIMENTANO NA AULA
A semana pasada estivemos observando e experimentando co vapor de auga e foi moi divertido aínda que tivemos que probar moitas veces ata acadar uns resultados satisfactorios.
Xogamos con auga fría para ver se podíamos encher un globo pero…. non ocurría nada, logo probamos con auga quente, moi, moi quente pero…. o globo inchábase moi pouco. Ata que Luisa, a nosa gran axudante, viu cargadiña cunha chea de auga quente, moi, moi, moi quente e agora sí, agora o globo inchouse tanto que ata semellaba unha cariña.
Os exploradores non poideron resistirse para ver tal fenómeno así que rapidamente se ergueron das súas cadeiras para comprobar cos seus pequenos olliños o que alí estaba sucedendo.
Así foi o noso novo experimento acuático.
AS CÁPSULAS MÁXICAS DE RAFA
20 ene 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, EXPERIMENTANO NA AULA
O outro día Rafa chegou todo contento cunhas cápsulas máxicas que lle regalou a súa tía este Nadal. Non eran unha cápsulas normais, eran …. máxicas!!! Soamente necesitabamos auga quente e un pouco de paciencia e a súa maxia comezaría a facer efecto. Despois duns segundos aquelas pequenas cápsulas comezaron a transformarse en divertidos animais e xogamos ás adiviñas tentando recoñecer e descubrir o que eran, como: xirafas, hipopótamos, rás, vermes, dinosaurios,…
Mirade que divertido…
FACENDO XEOS DE SABORES
19 ene 2011 1 comentario
in A AUGA, COÑECEMENTO DO MEDIO, EXPERIMENTANO NA AULA
A semana pasada estivemos investigando que pasaría se metésemos caramelos de sabores cun pouquiño de auga no conxelador?
As respostas foron moi variadas e cunha lóxica sorprendente. Primeiro tivemos que pensar como conxelar a auga, esa era unha hipótese ben complicada porque…….. para conxelar a auga. Algúns dixeron que se lle metíamos neve ou xeos xa se conxelaría pero esa resposta non nos convencía, e despois de moito pensar chegamos a conclusión que a única forma para conxelar a auga era… enfriala moito, moito, moito!!!
Logo comezamos co noso experimento, algúns dicían que se poñíamos un caramelo en auga desfaríase, outros que faría un arco da vella, outros que cambiaría a auga de cor, pero… que ocorrería se conxelásemos esa mistura? Algúns dicían que os caramelos quedarían igual porque… como xa eran duros, outros dicían que se desfarían e logo se conxelarían coa auga. E se en vez de caramelos puxésemos unha gominola? Ocorrería o mesmo?
Pois se queredes descubrir todas estas cousas estade atentos a este vídeo dos exploradores, ahí vos contan moi ben todo o noso proceso de investigación.
A FORZA DA AUGA
09 dic 2010 Dejar un comentario
in A AUGA, COÑECEMENTO DO MEDIO, EXPERIMENTANO NA AULA, LÓXICA-MATEMÁTICA
Etivemos estes días investigando se: a auga ten forza ou non?. E claro…. cando nos poñemos a investigar xurden un montón de dúbidas, de hipoteses coas que temos que experimentar rápidamente para dar coas solucións.
Primeiro descubrimos que auga do mar ten moita forza, xa que se pode ver nas olas ou nos remuíños que ás veces se forman no medio do mar. Pero….. o resto da auga, ten forza????
Pois sí, señores!!! A outra auga tamén ten forza.
O primeiro que fixemos foi ver o que ocurre cando metemos unha botella baleira dentro doutra maior chea de auga. Que pasará? Que a botella que metemos dentro flota porque non ten peso pero……. se a empurramos moi forte coas mans? Así descubrimos o concepto de forza, un concepto moi abstracto para estes peques pero que rapidamente entenderon.
Logo fixemos un invento. Cunha botella e unha palla fabricamos un invento moi curioso. Botamos auga dentro dunha botella cunha palliña, ao principio non pasaba nada porque non había moita auga dentro da botella pero cando había unha pouquiña máis tampouco pasaba nada (aínda que na botella xa había moita auga) pero cando había moita, moitísima auga, comezou a saír de repente auga pola palla como se fose unha pequena fonte. Así descubrimos que si tiñamos moita auga dentro da botella a forza da auga facía que empurrase con moita forza e saíse pola palla, pero cando quedaba pouca auga, ésta xa non tiña moita forza e empurraba moi pouco e así non podía saír pola palliña.
Aquí vos deixamos as nosas reflexións, son verdadeiramente as reflexións duns grandes científicos, aínda que soamente teñen 4 aniños…


















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR