UN FIN DE FESTA MOI CUMPREAÑEIRO
24 jun 2011 Dejar un comentario
in ANIVERSARIOS, CELEBRACIÓNS, FIN DE CURSO, MEDRANDO NO COLE
Xa chegou o final do curso e como sempre para celebralo por todo o alto argallamos a gran festa dos cumpreañeiros de xuño, xullo e agosto. E claro nunha ocasión tan especial non preparamos ningunha receita sinxela, como todo fin de festa manda fixemos unha excepción coas chuches e lambetadas.
Os vincis foron os encargados de facer a compra no super porque xa son todos uns expertos no tema, levan todo o curso facendo a compra da merenda unha vez por semana e claro………. confiamos no seu bo criterio. E a verdade… sorprendéronnos moito coa súa compra, trouxeron: froita, empanadas e lambetadas varias. Son xeniais!!!
Ahí deixamos unhas mostras do ben que resultou todo apesar de non poder disfrutar da festa da auga, noutra ocasión será.
Para os Vincis tamén foi unha festa coas que da gusto rematar unha etapa. Tivemos de todo, pelí para empezar o día, merendola por todo o alto e, como non, unha boa sesión de baile coa profe Rosa facendo de DJ. Foi unha mañá moi entretida onde todos o pasamos xenial.
RISAS E DIVERSIÓN EN INDIANA BILL
14 jun 2011 1 comentario
in FIN DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, SAÍDAS ESCOLARES
Onte os exploradores, os waters e os sínefos, como saída fin de curso, foron a Indiana Bill en Ramallosa e pasáronno xenial. Alí poideron gozar coas grandes piscinas de bólas, cos tobogáns, cos tuneis, pontes, bólas colgantes,… E despois de levar xa un bo anaco xogando tiveron que repoñer forzas tomando un gran bocata e un gran vaso de auga. Despois voltaron aos xogos e acabaron todos pingando como se de verdade caíran nunha piscina chea de auga. Que ben o pasaron estes peques!!!
Atentos aos vídeos porque as súas cariñas son o reflexo da felicidade.
UN ANO CHEO DE MAXIA NA CLASE DOS EXPLORADORES
28 jun 2010 1 comentario
in CELEBRACIÓNS, FIN DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
Como case sen darnos conta o curso 2009-2010 xa chegou ao seu fin. Aínda recordo con morriña aqueles primeiros días nos que houbo risas e algúns choros por ter que chegar a un lugar descoñecido, sen estar preto de papi e de mami, pero case como por arte de maxia os meus pequenos exploradores foron medrando a pasos axigantados. Xuntos descubrimos moitas cousas da China, coma por exemplo que alí para relaxarse faise taichí, que teñen uns templos e construccións chamadas pagodas, que a lenda conta que xa fai moitos anos na China existían 4 dragóns bos que axudaban aos campesinos chineses, que os osos panda comen bambú e por culpa da man do home agora están en perigo de extinción,…
Tamén celebramos por primeira vez en Reboreda moitas das celebracións da escola, como: O magosto, o samaín, o Nadal, o día da paz, o entroido, a semana das letras galegas, o día do libro.
E mes a mes fomos medrando e celebrando os nosos aniversarios nun divertido taller de cociña, onde dábamoslle forma as sorprendentes e sinxelas receitas que elaborabamos con iogur, natillas, froita, chocolate, nata, etc. Así foi como durante estes meses fomos cambiando e como fomos deixando a nosa pegada na escola de Reboreda.
Moitos bicos exploradores!!! Grazas por ensinarme cada día tantas cousas lindas e cousas tan importantes coma o significado dun sorriso de orella a orella, dun bico de chocolate, ou dun deses abrazos múltiples que me quitaban o aire. Grazas e mil grazas pola vosa inocencia!!! Bo verán!!!
Ahí vai un pequeno agasallo dalgúns deses momentos…


















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR