PLANTAMOS AMORODOS NO HORTO

Coa chegada da primaveira Os Cocoricos traballamos no horto do colexio, plantamos uns deliciosos amorodos. Xa tiñamos as plantas, pero había que preparar a terra, facendo uns buratos ben grandes para que collesen dentro. Unha vez rematado tiñamos que botarlle unha pouca auga para así conseguir que medrasen con moita enerxía. Á hora de facelo dividimos o traballo, uns facían os buratos, outros plantaban e outros regaban, conseguindo que todos colaborasen. Durante o proceso estivemos acompañados por unhas boas reporteiras, a cocorica Alba e a profe Aida, que non perderon detalle do asunto. Tamén nos acompañou Luisa, cantándonos fermosas cancións.
Pasadas unhas semanas e coa axuda do sol e a auga, puidemos comprobar como saían uns enormes e vermellos amorodos, ¡da gusto velos!

OS AMORODOS DO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Cada día o horto dos peques estase a encher con novas plantacións. Nesta ocasión plantamos amorodos porque así dentro dalgunhas semanas, e se o tempo o permite, poderemos degustalos antes de que remate o curso.

Esta soe ser a plantación que máis lles gusta aos peques porque rapidamente poden comprobar e probar as ricas e deliciosas froitas da súa horta que con tanto mimo coidaron durante semanas.

Agora deixámosvos un pequeno vídeo cun novo grupo dos exploradores cos amorodos e dando algúns retoques ao horto para que todo medre moitísimo.

TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO

Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.

Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.

RECOBRANDO VIDA NA NOSA HORTA

ESTES DÍAS ESTIVEMOS FACENDO UN SEMILLERO DE PEMENTOS, PARA PODER TRASPLANTAR Á NOSA HORTA.
AS SEMENTES ERAN DUNS PEMENTOS CON FORMA DE CAMPÁ QUE VÍRAMOS O ANO PASADO NA AULA E DE PEMENTOS VERMELLOS GRANDES, POLO QUE TIÑAMOS UNHAS SEMENTES UN CHISCO MÁIS GRANDES QUE AS OUTRAS.
HOUBO QUEN QUIXO PROBALAS, E DECATOUSE DE QUE NON SE COMIAN, ESTABAN UN POUCO DURAS.

 

TRANSPLANTANDO NO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA

Fai unhas semanas os “Amigos da Terra” ensináronnos a plantar nun sementeiro moi particular. Fixemos as primeiras plantacións da tempada: leitugas, cebolas, fabas, chícharos,… Logo día a día coidámolas nas nosas aulas e como medraron tanto tivemos que transplantalas ao noso pequeno recunchiño hortícola.

Así pouquiño a pouco vai collendo forma o noso horto…

TRASPLANTANDO O NOSO SEMILLERO

DURANTE O MES DE DECEMBRO FIXEMOS UN SEMILLERO COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN AMBIENTAL “AMIGOS DA TERRA”, E COMO ESTIVEMOS MOI ATENTOS AO SEU COIDADO AS NOSAS SEMENTES MEDRARON DÍA TRAS DÍA, ATA CHEGADO O PUNTO QUE O SEU VASIÑO DE IOGUR QUEDÁBALLE ESCASIÑO DE TODO. POLO QUE APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS ACOMPAÑABA, COLLEMOS AS PRANTAS DE FABAS E CHÍCHAROS XUNTO CON TÓDOLOS UTENSILIOS NECESARIOS E, POR PARELLAS, FOMOS TRANPLANTANDO TÓDALAS PRANTAS NA NOSA HORTA. DURANTE ESTA ACTIVIDADE DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS E O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FORON AS RAICES, A SÚA COR, FORMA, TEXTURA, OLOR,… MIRADE COMO DISFRUTAMOS.

PREPARAMOS A NOSA HORTA DE OUTONO

Os exploradores este luns andiveron moi liados coa nosa pequena horta, xa que durante o verán e as vacacións medraron moitísimo as herbas malas e agora nos tocaba preparala para a chegada do outono.

Quitamos as herbas secas, regamos, plantamos coles galegas típicas desta tempada, e ata poidemos recoller algúns dos froitos plantados na primavera, como por expemplo as fabas que recollemos grazas a Lucía C.C. e a súa familia, xa que o curso pasado regaláronnos unha chea de sementes.

Mirade que ben o pasan no horto estes pequenos pero grandes labregos.

ARRANXANDO A HORTA!

DESPOIS DUN LONGO VERÁN A NOSA HORTA ESTÁ CHEA DE HERBAS E UN POUCO DESCOIDADA POLO QUE OS PROFES PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA QUE OS EXPLORADORES, OS SÍNEFOS, OS WATERS E OS COCORICOS POIDAN SEMENTAR NESTE NOVO CURSO E SEGUIR COLABORANDO CO PROXECTO VOZ NATURA.

COMO VEREDES A CONTINUACIÓN ATOPAMOS MOITAS SORPRESAS NA TERRA… ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

OS PRIMEIROS FROITOS DO 2011

Volver das vacacións sempre é duro pero, todo se leva mellor cando se atopan pequenas sorpresa. O outro día cando Luisa veu saudarnos  díxonos que tiñamos a horta chea de amorodos, así que cando chegou á hora do patio, saimos un pouco antes e alá fomos. Había unha chea, fomos pola cesta e puxémonos mans a obra. Claro que o que máis nos gusta é comer!!!

OS COIDADOS DO NOSO HORTO

Agora que xa chegou a bo tempo temos moito traballo no horto. Sacar as herbas malas que saen cada dous por tres, os “hierbajos”, como di Lucas. Se tardamos uns días en ir cando voltamos atopamos unha chea deles por todas partes e claro….. se queremos que todos os nosos cultivos medren e medren, debemos ter todo moi limpiño.

E ademais, agora con tanto sol a terra está moi seca e as nosas plantiñas morren coa sede, por iso, por turnos ímonos achegando ao noso recuncho preferido da escola para regar un chisquiño, ou mellor dito: “para regar un…. montón!!!!”, porque aínda que o noso hortiño é pequerrecho ten unha chea de cousiñas que necesitan dos nosos pequenos coidados.

Ahí vos deixamos un vídeo co duro traballo destes expertos campesinos. Son todos uns expertos en horticultura, jajajaja.

OS PINGÜÍS DOS SÍNESFOS

COMO SABEDES, NO ENTROIDO DISFRAZÁMOS DE PINGÜÍNS E DESPOIS DE DESCUBRIR TODO O QUE APRENDEMOS ACERCA DESTES ANIMALIÑOS ACUÁTICOS, A PROFE MARIÑA PRESENTOUNOS UNHA INTERESANTE PROPOSTA DE TRABALLO; FACER UN PINGÜÍN.
E TENDO EN CONTA QUE DURANTE O MES DE MARZO FOMOS PLANTAR PATACAS Á HORTA, PREGUNTOUNOS SI SERÍAMOS CAPACER DE DEBUXAR UN PINGÜÍN CUNHA PATACA, A TOD@S NOS PARECEU MOI COMPLICADO PERO ELA FIXO QUE FOSE DOADO, ISO SÍ LEVOUNOS MOITO TEMPO REMATALO XA QUE TIVO VARIAS FASES DE SECADO PERO QUEDÁRONOS CHULÍÍSIMOS, MIRADE.

PRIMAVERA NA HORTA DOS PEQUES DE REBOREDA

Parece que pouquiño a pouco a primavera xa vai chegando, por iso os exploradores estes días están poñendo todo a punto para que a nosa horta sexa a máis bonita da parroquia.

Lucía C.C. viu cargadiña de sementes, que lle deu a súa tía, para plantar na nosa horta, coma por exemplo: xudías, fabas, chícharos, grelos, cabazas,… por iso rapidamente nos puxemos mans á obra. Primeiro preparamos a terra, cavando un puco porque despois do inverno estaba moi dura, logo fixemos un regatiños para botar as sementes, sementamos e tapamos, e por último regamos (iso é o que máis nos gusta) todo o que xa temos na horta, como verdura, amorodos, cebolas, espinacas no invernadoiro,…

Ahí vos deixamos unha mostra do ben que traballan estes pequechos.

Mmmmm, RICO, RICO!!!

A semana pasada o exploradores tamén tiveron a oportunidade de probar e saborear algúns dos produtos da nosa horta de inverno, como por exemplo: brocoli, lombarda, verdura, coliflor,…

E aquí vos deixamos a un dos exploradores que degustou tan ricos manxares e tivo a acordura de deixarnos esta simpática foto. Graciñas!!!

PATACAS A EITO

XA FAI UNS DÍAS OS SÍNEFOS FOMOS Á HORTA PARA PRANTAR UNHAS POUCAS PATACAS, O DÍA ACOMPAÑABANOS, XA QUE NON CHOVÍA, E ERA TEMPO PARA FACELA TAREFA, E FIXÉMOSLLE CASO A UN PAR DE REFRÁNS:
-SI QUERES COMER PATACAS TEMPRÁN BOTAÁS POR SAN SEBASTIÁN.
-POR SAN SEBASTIÁN LEGÓN NA MAN.
E ASÍ FIXEMOS, COMO PODEDES VER BRAIS UN COMPAÑEIRO DE 2º TAMÉN SE ANIMOU.

PRIMEIROS FROITOS DESTE ANO

Lembrades cando veu a tele ao cole? Daquela prantamos escaloras, brocoli, lombarda, coliflor, verzas e acelgas. Estes primeiros cultivos están medrando que da gusto e as escaloras xa están listas. Así que é hora de poñer novos cultivos na horta. A semana pasada aproveitamos para prantar cebolas e herbillas.

Hoxe, recollemos as escaloras e as acelgas porque xa estaban a punto e se as deixabamos máis tempo igual acababan con elas os bechos ou grelaban. Claro que repartir media ducia de escaloras e de acelgas para 25 non é nada sinxelo. Fixemos uns manoxos para que, alomenos, cada peque puidera tomar unha pequena ensalada de escalora ou unha tortilla de acelgas. Espero que disfrutaran tanto coméndoas como prantándoas.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.