Archivos de la categoría ‘LETRAS GALEGAS 2009’

LETRAS GALEGAS 2009

16 Mayo 2009

DÍA DOS XOGOS EN REBOREDA

15 Mayo 2009

No cole de Reboreda temos a tradición de conmemorar o Día das Letras Galegas celebrando o día dos Xogos. O día comeza cantando o himno no patio superior. Este ano a proposta da profe Isa (profe de música) fixemos un serán. Si, si, un serán, os maiores tocaron e o resto bailamos como manda a tradición. Non vos perdades o vídeo dos Vincis bailando o pasodobre e a polka que non ten desperdicio, da xenio velos! Gustounos tanto que pediumos bises e todo.  Despois merendamos e fomos ao patio un rato. Ás 11 en punto comezaron os xogos. Hai diferentes xogos aos que se pode ir, os gañadores da ronda levan un ticket que despois cambiarán por agasallos. Pasámolo de vicio bailando coa escoba, xogando as sillas, co baile da pataca, a chave, os aros, pescando e ata nos atrevemos a facer tiros libres, iso si, cunha canasta a nosa altura.

O mellor momento é, sen dúbida o reconto de tickets e a escolla de agasallos. Os Vincis tiñamos todo tapado cunha manta, iamos entrando de un en un e escollendo o premio. FOI ESTUPENDO!

E  está xenial que ademais do traballo de aula que se fixo esta semana adicado a Ramón Piñeiro, culminenos a semana adicándoo aos escritores, filósofos, científicos, inxenieros, periodistas… do futuro.