ASÍ VIVIMOS A VISITA DOS NEN@S DE CASALONGA OS VINCIS
26 may 2011 Dejar un comentario
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, AMIGOS, ANIVERSARIOS, LETRAS GALEGAS-2011, PREMIOS
A semana pasada tivemos a sorte de poder reunirnos cos nosos compañeiros de Agrupacións por segunda vez neste ano. Coma nos xa foramos a Casalonga tiñamos unha pequena idea de coma recibir aos nosos amigos.
Os días previos, coma xa vos contamos fixemos o cartel, preparamos as pingarotas para darlles e mandamos notas as familias para ter nos tamén unha boa merendola.
Unha vez máis, temos que agradecer a todas as familias a súa implicación porque tiñamos unha mesa na que non faltaba de nada: doces, magdalenas, pizzas, empanadas, croquetas, tortillas, ovos recheos, galletas, biscoitos, empanadillas, bocatas…
Recibímolos con todo o noso agarimo, xogamos xuntos, compartimos a comida e a celebración dos aniversarios de abril e maio e, aproveitando que era o DIA DOS XOGOS no noso cole, tivemos unha xornada lúdica xogando e recibindo tickets que cambiamos por premios.
Foi un día moi intenso pero creo que todos, tanto os nen@s de Reboreda coma os de Casalonga quedamos moi contentos.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ESCOITARNO E AXUDARNOS EN TODAS E CADA UNHA DAS NOSAS INICIATIVAS, DA GUSTO TER FAMILIAS TAN IMPLICADAS NA EDUCACIÓN DOS SEUS PEQUENOS.
Cando os Vincis marcharon para casa, os nosos amigos de Casalonga inda quedaron un pouco máis no noso cole. Aproveitamos a cantidade de comida que mandaron as nosas familias para comer na clase dos Vincis. Logo xogamos un pouco, e, antes de marchar recollemos todos os xoguetes que gañamos cos xogos. Foi un día moi intenso e cheo de emocións. Ata a próxima, COCOS e PINGOTAS.
CATRO VELLOS MARIÑEIROS, A NOSA CANCIÓN MARIÑEIRA
21 may 2011 3 comentarios
in A AUGA, ASPECTOS MUSICALES, CANCIÓNS, LETRAS GALEGAS-2011
Aquí vos deixamos a actuación estelar dos peques re Reboreda o día das letras galegas no seu primeiro certame de canción mariñeira.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS COS NENOS E NENAS DE CASALONGA
20 may 2011 Dejar un comentario
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, LETRAS GALEGAS-2011
Este mércores celebramos na escola o día das letras galegas e como todos os anos, cantamos o himno galego e despois de ver uns vídeos de Lois Pereiro cantamos cantigas mariñeiras. Os peques de Reboreda cantaron: “Catro vellos mariñeiros”. Ao principio non nós saía moi ben pero despois coa axuda dos profes quedou perfecto, jajajajaja.
Para rematar un día tan intenso participamos nos xogos tradicionais das letras galegas, poidemos xogar a: a chave, ao baile da vasoira, ao baile das cadeiras, ao aros, a pesca da botella,… tendo como iinvitados aos nenos e nenas do CRA de Teo, aos pingotas e aos cocos.
Ahí vos deixamos un retallos de todo o que fixemos nese día tan intenso.




















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR