O MAGOSTO DOS COCORICOS

Para festexar O Magosto os nosos Cocoricos traballaron moito, aprenderon unha canción signada, fixeron os cucuruchos para gardar as castañas, escoitaron o conto da castaña que rebenta coa risa, pintaron castañas, ourizos e esquíos e adornaron árbores coas follas do outono. Desexámos que desfrutedes co seu traballo.
Un biquiño.

DÍA DE MAGOSTO NO COLE DE REBOREDA

O venres, 11 de novembro, día de San Martiño e como manda a tradición celebramos no cole o noso popular magosto, con ricas castañas asadas e xogos tradicionais ou adaptados para esta festividade.

Durante toda a semana traballamos sen descanso para preparar os nosos orixinais “cucuruchos” con materiais de refugallo, e ese mismo día o ANPA agasallóunos con ricas rosquillas e zumes/augas, logo saímos ao patio cuberto para xogar todos xuntos aos esquíos e demos rematada a festa cun “cucuruchiño” de castañas asadas.

Ahí vos deixamos uns recordos de como celebramos na escola estas tradicións tan galegas.

OS SÍNEFOS

DURANTE ESTE DÍAS ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR OUTRA DAS FESTAS DO OUTONO, O MAGOSTO, ONDE EXALTAMOS UN DOS PRODUCTOS DA NOSA TERRA, ABORDAMOS DIFERENTES CUESTIÓNS: CONCEPTUAIS, MUSICAIS, ARTÍSTICAS, SOCIAIS,…PARA ISTO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DA PROFE LYDIA E DOS SEUS PUPILOS DE 3º B E A PROFE ALEJANDRA QUE NOS ENSINARÓN UNHA CANCIÓN TRADICIONAL GALEGA MOI AXEITADA PARA ESTA FESTA MIRADE QUE BEN O FIXERON.

AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DE COMO CREAMOS OS ENVASE PARA AS CASTAÑAS

OS EXPLORADORES

AGORA QUE SE ACHEGA O MAGOSTO

Aquí vos deixo unha LIM moi chula que fixo Ana Martínez Rey, onde tedes o conto da castañeira e logo actividades para facer. Espero que vos guste.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.