OS PIRATAS COCORICOS
25 feb 2012 3 comentarios
in ANTROIDO, CELEBRACIÓNS, COÑECEMENTO DO MEDIO, CREATIVIDADE, FAMILIA EN EL AULA, MARGARIDA, MECO, NOVAS, RECURSOS
Neste Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de Piratas, uns piratas moi chusquiños e aventureiros. É por isto que Os Cocoricos estivemos preparándonos a conciencia, ¡traballamos moito! Aprendemos cousas novas de piratas, lemos contos, vimos vídeos, cantamos cancións e preparamos os nosos disfraces; poñéndolle lunares aos panos, pintando os catalexos ou decorando o barco con peixes, estrelas e cabaliños de mar.
No día sinalado, estabamos moi emocionados e ilusionados, ¡por fin chegaba o que tanto desexabamos! Vestímonos coas roupas de piratas, pintamos o parche no ollo, colocamos o pano na cabeza, pillamos os catalexos e subimos ao noso grande barco. ¡Xa estabamos listos!
Coa axuda das familias saímos do cole e surcamos os mares de Reboreda, foi unha viaxe trepidante á par que divertida, onde nos defendemos dos ataques externos coas máxicas pompas de xabón.
Ese día xa rematou, pero Os Cocoricos seguimos soñando que somos uns valentes e feroces piratas, que navegamos polos mares do mundo na procura de enormes tesouros.
¡FELIZ ENTROIDO!
UN POEMA PARA O ENTROIDO
14 feb 2012 Dejar un comentario
in ANTROIDO, CELEBRACIÓNS, MARGARIDA, MECO
ESTOS DÍAS, INMERSOS NA PREPARACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO, OS SÍNEFOS APRENDEMOS UN POEMA.
NUN PRINCIPIO DECIDIMOS RECITALO COA NOSA AMIGA MARGARIDA XA QUE FOI A PRIMEIRA EN DISFRAZARSE, PERO GÚSTANOS TANTO QUE IMOS COMPARTILO CON TOD@S PARA QUE O APRENDADES.
VISITA SEMANAL POLO RECANTO DE MARGARIDA
13 dic 2011 Dejar un comentario
in BIBLIOTECA, FALANDO EN PÚBLICO, MARGARIDA, MEDRANDO NO COLE, PEQUENOS CONTACONTOS, SESIÓN DE CONTACONTOS
Como todas as semanas, os venres ímos visitar a Margarida no seu recunchiño, a biblioteca da escola, alí buscamos, en silencio, o libro que leremos durante a fin de semana con papi e mami, mentras esperamos podemos ler un chisquiño e ao final se algún quere pode contarnos un conto. Nesta ocasión Lucía C.A. quixo agasallarnos co conto: “A ratiña presumida”, ao principio tiña moita vergoña pero pouquiño a pouco foi subindo a voz e rematou facéndoo moi, moi ben!!!
Da gusto velos traballar así e que maiores e responsables son. Noraboa meus pillabáns!!!
FOLERPAS PARA MARGARIDA
04 dic 2011 Dejar un comentario
COMO TÓDOLOS VENRES OS SÍNEFOS VISITAMOS A MARGARIDA PARA PEDIRLLE PRESTADO UN CONTO, QUE LEMOS NA CASA COA NOSA FAMILIA, ENCÁNTANOS ESTE MOMENTO, PORQUE MARGARIDA SEMPRE ESTÁ AHÍ CUN GRAN SORISO PARA RECIBIRNOS. PERO NESTA OCASIÓN O SONRISO NON SO ERA POR ALEGRARSE DE VERNOS SENON PORQUE QUE LLE LEVAMOS UN PEQUENO AGASALLO PARA QUE DECORASE A BIBLIOTECA, DÉMOSLLE UN SOBRE CHEO DE FOLERPAS QUE FIXEMOS NA AULA CON MOITO CARIÑO E ESPERAMOS QUE LLE GUSTEN.
TENTANDO ADIVIÑAR OS ENIGMAS DE MARGARIDA
22 nov 2011 Dejar un comentario
in CONTOS, MARGARIDA, RECURSOS
Como este ano estamos a traballar cos contos, Margarida quixo xogar un pouquiño con todos nós e deixounos unha chea de obxectos misteriosos pola súa biblioteca.
Eran obxectos de contos, algúns eran moi coñecidos pero outros resultaron un pouco complicados. Pero a verdade que estes exploradores coñecen moitos contos e acertaron rapidamente os enigmas misteriosos que Margarida deixou esquidos polas baldas dos seus queridos libros.
Eiquí vos deixamos un vídeo con todas as reflexións dos exploradores para que vexades que ven investigan e exploran estes pequenos aventureiros do cole de Reboreda.
XOGANDO ÁS ADIVIÑAS CO MURAL DA BIBLIO DE MARGARIDA
09 nov 2011 Dejar un comentario
O venres voltamos a ir a biblio de Margarida, para coller un libro e ver coas familias durante a fin de semana. Alí atopamos un divertido mural cheo de personaxes de contos pero…… algo raro estaba a suceder nel. Aquelas personaxes eran moi coñecidas por todos nós, bueno…. algunhas máis que outras, pero pasámolo xenial averiguando quen era quen.
Ahí vos deixamos as nosas impresións de quen podía ser cada unha das personaxes dos nosos contos favoritos nese mural tan divertido.
PREMIOS PARA OS PEQUESREBOREDA
19 jun 2011 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, CONCURSO, MARGARIDA, PREMIOS
Un ano máis, antes de comezar o festival de Fin de curso, fixéronse no centro o entrega de premios. Os peques de Reboreda estamos de noraboa por dous motivos, un pola postal de Nadal que fixemos as catro clases en conxunto e pola que nos deron un agasallo que entregou a profe Patri, nada máis e nada menos que un conto musical para compartir entre todos nos.

Despois, Margarida, tamén nos deu un agasallo por ser o mellores lectores de todo o centro. Neste caso entregou a profe Rosa e todos marchamos para casa cun precioso agasallo.

RESPONDENDO ÁS PREGUNTAS DE MARGARIDA
10 jun 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, COÑECEMENTO DO MEDIO, E-MAILS, LECTOESCRITURA, MARGARIDA, MEDRANDO NO COLE, RECURSOS, TICS
Levamos varias semanas participando no concurso da escola que nos propuxo Margarida dende a biblioteca, “Margarida quere saber”
O concurso consiste no seguinte: ela fainos preguntas relacionadas co proxecto da auga, “Pinga pinga”, algunhas teñen que ver con temas que xa vimos ao longo do curso e outras son novas. Temos que investigar buscando nos libros da biblio ou utilizando as novas tecnoloxías para responder as dúbidas da nosa amiga. Tamén utilizamos os correos electrónicos para mandarlle as respostas. Todo isto lévanos algunhas sesións porque este ano como somos tan maiores xa son os propios exploradores os que contestan a Margarida.
Ahí deixámosvos uns retazos desa intensa investigación.
CONCURSO MARGARIDA QUERE SABER
16 may 2011 1 comentario
in A AUGA, AMIGOS, COÑECEMENTO DO MEDIO, MARGARIDA
Un ano máis, Margarida mandounos preguntas para participar no concurso de investigación que se organiza dende a biblioteca do centro. Coma as preguntas chegaron o luns e viñamos de celebrar a festa do choco non podía ser doutro tema. Estivemos toda a semana investigando. Preguntamos a familia, Antón trouxo unha cuncha de choco, chegáronnos vídeos e finalmente obtivemos as respostas. Aquí tedes algunhas das imaxes desta semana.
APRENDENDO COUSAS DO CHOCO
A CUNCHA DO CHOCO
RESPONDENDO A MARGARIDA
VIAXANDO POLO FONDO DO MAR DA BIBLIOTECA
14 abr 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, CREATIVIDADE, MARGARIDA
Estes días a biblioteca de Margarida cambiou un montón. Agora que xa se achega o calor e parece que xa temos moitas ganas de ir á praia, Margarida decidíu darlle un toque moi mariño ao seu recuncho.
Como sabe que todos estamos a traballar coa auga e que no terceiro trimestre ímos coñecer moitas cousas da auga salgada. E claro…. a auga salgada está no mar e nos océanos, por iso…. Margarida pensou….. que sería unha boa idea sumerxirse no fondo do mar e viaxar por cada unha das historias que se agochan nos libros das súas baldas.
Así que tivo unha gran idea, transformar o seu modesto recuncho nun océano tropical cheo de peixiños, polbos, cabaliños de mar, cangrexos, algas, corais, area,….. inundando así as fiestras e teitos da súa humilde morada.
Ahí vos deixamos unhas bonitas fotos para que vós tamén viaxedes ata as profundidades do mar a través da maxia dos libros. É unha viaxe moi relaxante!!!
A MOCHILA DE MARGARIDA VISITA A CASA DOS EXPLORADORES
30 mar 2011 Dejar un comentario
in FALANDO EN PÚBLICO, MARGARIDA, MATERIAIS E RECURSOS, NOVAS, RECURSOS PARA TODOS
A semana pasada xa vos contamos que Margarida preparou unha mochila moi chula que cada semana irá viaxando pola casa dun dos exploradores.
Na súa primeira viaxe pasou uns días na casa de Mara e alí gozou dunha fin de semana moi entretida con Mara e a súa familia. Viron unha peli, leron o conto de Rato Tom e Rata Tomasa, leron o libro da auga,… pero claro algunhas cousas quedaron sen ver porque xa non tiveron máis tempo pero haberá máis ocasións para rematar de ver todos os materiais que nos presta Margarida.
Ahí vos deixamos un pequeno resumo de todo o que fixo Mara e a súa familia coa mochila viaxeira. Mirade que ben o explica todo esta pequena exploradora…
A MOCHILA VIAXEIRA DE MARGARIDA
19 mar 2011 Dejar un comentario
in MARGARIDA, MATERIAIS E RECURSOS, OCIO, RECURSOS PARA TODOS
Xa estamos inmersos nunha nova aventura. Nesta ocasión é Margarida a que nos propón unha divertida actividade.
Margarida preparou con moito entusiasmo unhas bonitas mochilas cheas de cousiñas para animarnos a tod@s a ler e gozar coa literatura durante a fin de semana.
A mochila leva:
- Unha libreta-rexistro, para que as familias anoten o que lles pareceu a actividade.
- Un cd coas cancións dos contos de OQO que tanto lles gustan aos exploradores.
- Unha peli para os peques.
- Un libro para a familia.
- Un libro de información para tod@s relacionado co noso proxecto: “Pinga a pinga”
- Un conto de OQO que aparece no cd das cancións. Na mochila dos exploradores o conto é: “Rato Tom e rata Tomasa”.
Así que cada venres un dos exploradores terá a oportunidade de darse un bo baño de lectura coa mochila de Margarida. Esperamos que sexa do voso agrado esta nova actividade…
CARTAS DE AMIZADE PARA OS SÍNEFOS
13 feb 2011 1 comentario
in AMIGOS, LECTOESCRITURA, MARGARIDA, MEDRANDO NO COLE, RECURSOS
Esta semana Margarida, dende a biblioteca do cole, invitóunos a facer cartas para entregar no seu buzón. Podían ser cartas de amigo, de amor, de paz, de reinvidicación,… cada un podía escoller a súa temática. Na clase dos exploradores optamos primeiro por facer cartas para salvar a fervenza e agora cartas de amizade para os sínefos.
Tivemos que coñecer as diferentes partes da carta, logo escribir a nosa mensaxe e por último fixemos un debuxo para os nosos amig@s. Tamén tivemos que escribir no sobre: o nome do noso amigo, o remitente, colocar o selo e decorar un pouquiño o sobre para facelo máis atractivo.
Aquí vos deixamos una pequena mostra de todo o noso traballo de elaboración.
Tamén vos deixamos unhas fotos coas cariñas destes pequenos exploradores entregando os seus traballos no buzón de Margarida.
A FICHA DE BIBLIO
11 dic 2010 Dejar un comentario
Fai unhas semanas xa publiquei un artigo contándonos que iamos levar a ficha da biblio para completar na casa, xa que, o luns moitos nen@s non traen o conto e a mañá queda moi desaxustada porque estes non poden facer a ficha. Deste xeito, ademáis de ler o conto na casa, aproveitamos para pasar un anaco xuntos, facer repaso de lectoescritura e para que vexades na casa como traballan os peques. Ides que ter que axudarlles un pouco porque, ás veces, se a letra está en minúscula é moi difícil. Espero que esta nova experiencia vaia ben e, coma sempre, grazas de antemán pola vosa participación.
DEBUXOS DOS CONTOS DE MARGARIDA
08 dic 2010 Dejar un comentario
in CREATIVIDADE, FAMILIA EN EL AULA, MARGARIDA, RECURSOS PARA TODOS
Neste curso como os exploradores creceron un montón, xa poden facer cousas moi importantes, cousas de maiores.
Coma todos os venres, Margarida presta libros aos peques de Reboreda e deben traelos de volta o luns. Cada un mete na súa carpeta aquel libro que máis lle interesa ou lle gusta nese momento, na mesma carpeta van as recomedacións de como se debe coidar o material que nos presta Margarida e cando o debemos traer de volta á escola. Pero neste curso temos unha novidade, debemos facer unha ficha que recolla os datos do libro que levamos. Temos que escribir: o noso nome, o título do libro e facer un debuxo que conte a historia do conto.
A tarefa ás veces non é doada porque o título está escrito cunhas letras moi raras que non coñecemos todavía pero papi e mami están sempre atentos para axudarnos cando temos un problema. Ás veces eles escriben o título en maiúsculas, outras veces dinnos como se escribe cada letra, outras escriben nun papel aparte para que os peques copien o título sen problemas,…., cada un busca os recursos máis axeitados.
A nosa intención non é que os nosos peques teñan que realizar duras tarefas na fin de semana, NON!!! Queremos que compartades con eles uns momentiños especiais e que non sexa unha obriga. Como cando lle ledes o conto antes de ir durmir! Este sempre é e debe ser un momento moi especial, de complicidade, de estar pretiño un co outro, de compartir ilusións e soños, de regalarse mimos e caricias.
Estas dúas semanas foron xeniais. Na primeira aínda estabamos un pouquiño despistados pero na segunda xa xurdiron historias cheas de cor e imaxinación. Bravo por tod@s, sodes fantásticos!!!




















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR