OS PIRATAS COCORICOS

Neste Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de Piratas, uns piratas moi chusquiños e aventureiros. É por isto que Os Cocoricos estivemos preparándonos a conciencia, ¡traballamos moito! Aprendemos cousas novas de piratas, lemos contos, vimos vídeos, cantamos cancións e preparamos os nosos disfraces; poñéndolle lunares aos panos, pintando os catalexos ou decorando o barco con peixes, estrelas e cabaliños de mar.
No día sinalado, estabamos moi emocionados e ilusionados, ¡por fin chegaba o que tanto desexabamos! Vestímonos coas roupas de piratas, pintamos o parche no ollo, colocamos o pano na cabeza, pillamos os catalexos e subimos ao noso grande barco. ¡Xa estabamos listos!
Coa axuda das familias saímos do cole e surcamos os mares de Reboreda, foi unha viaxe trepidante á par que divertida, onde nos defendemos dos ataques externos coas máxicas pompas de xabón.
Ese día xa rematou, pero Os Cocoricos seguimos soñando que somos uns valentes e feroces piratas, que navegamos polos mares do mundo na procura de enormes tesouros.
¡FELIZ ENTROIDO!

UN POEMA PARA O ENTROIDO

ESTOS DÍAS, INMERSOS NA PREPARACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO, OS SÍNEFOS APRENDEMOS UN POEMA.
NUN PRINCIPIO DECIDIMOS RECITALO COA NOSA AMIGA MARGARIDA XA QUE FOI A PRIMEIRA EN DISFRAZARSE, PERO GÚSTANOS TANTO QUE IMOS COMPARTILO CON TOD@S PARA QUE O APRENDADES.

O VENRES SEGURO QUE FAI CALOR, DISFRÁZARTE DO QUE QUEIRAS CON AMOR

E así de divertida e colorida rematou a semana do meco, xa que o venres sempre é un día especial porque cada pequerrech@ ven vestido coas súas mellores galas.

Ahí vos deixamos un adianto de como comezou ese longo día…

XOVES DE ENTROIDO TEMOS QUE IR COS OLLOS TAPADOS

Hoxe Pingarota volvéunos a liar coas súas tolerías, tivemos que ir á escola ben abrigados e cos ollos tapados.

Mirade que xeniais e divertidos chegaron esta mañá os exploradores.

MÉRCORES DE PIXAMA

Esta Pingarota anda un pouquiño tola e hoxe fíxonos ir á escola vestido en pixama, aínda que algún semellaba que de verdade se lle pegaran as sábanas.

Aquí vos deixamos unhas divertidas fotos dos exploradores como se estivesen na súa casa.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.