Archivos de la categoría ‘NOVAS’

COMEMOS BISCOITO CASEIRO

12 Noviembre 2009

Samu levaba varios días sen vir ao cole porque estivo maliño. Hoxe volveu e trouxounos un biscoito riquísimo. Cortámolo en anacos e comememos un anaco, nos e os nosos profes. Mirade.

FALAMOS COS NENOS DE VILLAPENDI (ASTURIAS)

12 Noviembre 2009

Como sabedes o cole está dentro do proxecto Agrupacións Escolares, proxecto  que nos da a posibilidade de comunicarnos con nen@s doutras comunidades a través de videoconferencia. Onte os Vincis fixemos a nosa primeira conferencia cos nen@s do cole de Villapendi en Asturias. Foi xenial velos falando con tanta naturalidade, preguntando aos compañeiros, compartindo experiencias… Ademáis, non debemos olvidar que esta foi a primeira e con nen@s que non coñecemos.

CANDO A CHINA SAE DO COLE

11 Noviembre 2009

Os nen@s están moi entusiasmados co proxecto da China pero ese entusiasmo mellora cando as familias dan un paso máis e facémonos partícipes do que viven os nen@s. O fin de semana pasado Lucas C, Samu e Gabriel foron coas súas familias a comer a un chino. O luns Lucas veu encantado, contando todo o que viviran: había farois, comeu con pauciños, tomaron comida china, había unha china de verdade… Cando nos contaba todo isto os seus ollos brillaban e estaba entusiasmado. Non quería deixar de compartir convosco está fantástica visita ao restaurante chino. Moitas grazas a Sandra e a Ángeles por deixarnos publicar estas fotos.

XOGAMOS AO BINGO

10 Noviembre 2009

Levamos varios días traballando os números e aprendendo a contar ata 100. Aínda que so temos catro anos facémolo fenomenal, e, para seguir practicando hoxe aprendemos a xogar ao bingo. Foi moi divertido e estivemos moi atentos marcando todos os números.  Xogamos por parellas porque 4 ollos ven mellor que dous.

Aínda que houbo quen cantou bingo, fixémolo tan ben que todos fomos gañadores.

O MAGOSTO

10 Noviembre 2009

Hoxe no cole foi un día especial, mañá é o día de San Martiño pero como esta semana as chuvias vannos a acompañar decidimos celebralo hoxe. Tivemos moita sorte coa climatoloxía e, como sempre que hai festa, pasámolo moi ben.

 

PEQUENOS CONTACONTOS

9 Noviembre 2009

COMA TODOS OS LUNS, HOXE TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS MOI PARTICULAR, DESPOIS DE FALAR DOS CONTOS QUE LEVAMOS A CASA ESTA FIN DE SEMANA, LOIS E PAULA FIXERON DE EXPERIMENTADOS NARRADORES. E A VERDADE….. FIXÉRONO REALMENTE BEN!!

 

PERAS ASIÁTICA

6 Noviembre 2009

Hoxe Bea, a mamá de Paula R, trouxonos peras asiáticas da China. É unha froita moi curiosa porque ten forma de maza pero sabe a pera. Os Vincis estiveron investigando a súa forma, cor, cheiro… e, como non o seu sabor. Foi moi interesante e divertido. Tamén aproveitamos para sacar as sementes e poñelas a secas e o luns buscaremos no sr google se se poden prantar e como.

Como toda a comida China que probamos está tan boa, os Vincis tiveron unha gran idea, o martes imos facer unha merenda china probando froitas exóticas e bebendo te, xa vos contaremos.

O POMELO CHINO

4 Noviembre 2009

Fai unhas semanas unha das exploradoras trouxo ao cole unha froita moi rara que comen os chinos. Parecía como unha cabaza pero era máis branda. A súa mamá díxonos que era un pomelo, un pouco insípido pero moi codiciado polos chinos. Hoxe xuntámonos na clase dos exploradores e comezamos a investigar. Foi moi interesante e ilustratido.

FACEMOS FAROIS

3 Noviembre 2009

A China é unha cultura moi interesante, chea de cousas misteriosas e sorprendentes. Cada día aprendemos unha cousa nova e, canto máis sabemos, máis nos gusta ese país. Como non podemos ir ata alá porque está moi lonxe estamos convertendo a nosa clase nun recanto oriental. O primeiro que fixemos foi preparar farois e colgámolos polo teito.

ESCRIBIMOS UNHA RECEITA

2 Noviembre 2009

O outro día fixemos unha tarta para celebrar os aniversarios. Os Vincis, como xa somos moi grandes, hoxe escribimos a receita. Xa sabedes que estivemos investigando para que serve ler e escribir, e unha das cousas que se escriben son as  receitas, así cando queremos facela outra vez temola escrita e xa podemos facela.