QUEREDES FACER UN LIBRO?

Coma este ano andades a traballar cos contos atopei esta actividade que vos pode resultar interesante. Este venres, na biblioteca de Chapela hai un taller para a creación de libros. O taller vai estar impartido pola ilustradora e profesora Amalia Pérez, autora do libro Soños de algodón . A actividade é gratuita, so tedes que chamar a este número 986 454 226  e deixar os vosos datos. Se ides facede fotos e logo nos contades que tal foi. Se clicades na imaxe atoparedes máis información.

REDONDELA ÉNCHESE DE MAXIA

Este venres comeza en Redondela o II Encontro Máxico Redondelán no multiusos da Xunqueira. Tedes máis información clicando na imaxe.

TITERENENO

Aquí vos deixo o programa de Titirineno que comeza mañá no Multiusos da Xunqueira.

ACTIVIDADES EN FAMILIA DURANTE O NADAL

Aquí vos deixamos algunhas actividades para disfrutar cos peques durante o nadal. Clicade en cada imaxe para ir ao enlace con máis información. Tedes un pouco de todo, actividades do nadal en Redondela, Vigolandia, campamento de nadal na piscina de Redondela…

Pasádeo ben e disfrutade moito estes días onde os peques da casa son os protagonistas.

 

A FESTA NUNCA REMATA EN REDONDELA

De todos é ben sabido que aos redondelanos o que máis nos gusta é a festa e calquera escusa é boa para botarnos a rúa. Este sábado, na Xunqueira temos unha nova cita coa festa fin do verán, onde teremos dj´s, carreiras de sacos, cocteles para nen@s e maiores… Así que, xa sabedes, sacade as vosas mellores galas e que non pare a marcha.

 

ENTROIDO DE VERÁN

Un ano máis toca desempolvar os disfraces do armario porque xa está aquí o entroido de verán. E é que aos redondelanos moito nos gusta a festa.

O próximo sábado día 20 celebraremos unha vez máis unha festa na que os nosos peques serán os protas dende ás 17 horas con talleres, caroutas e festa. Ás 20 horas virán os paiasos.

Polo noite, os maiores teremos festa no Campo da Feira acompañados polo DJ Chimo Bayo, lembrades quen é? Estaba de moda cando eu era unha cativa: ESTA SI, ESTA NO, ESTA ME GUSTA ME LA COMO YO!!!

Aquí vos deixo ocartel, é so unha foto, non cliquedes que non vai a ningunha parte. Vémonos o sábado. BO ENTROIDO A TODOS!!!

FESTIVAL DOS ABRAZOS

Aínda que sempre vos proponos actividades de Redondela e arredores, neste caso convidámosvos a ir un pouco máis lonxe, ata Compostela, a disfrutar dun festival moi orixinal.

 

FESTIVAL ARTISTAS DE RÚA

Mañá as rúas de Redondela volven encherse de artistas de todo o mundo demostrando todo o que saben facer para poder entreternos. Aquí vos deixo o cartel deste ano e o programa para que organicedes a xornada.

DÍA 29 DE XULLO A PARTIR DAS 20:30:

TEATRO DE NINGURES

ALEXANDRE TOZO, MÚSICA BULGARIA

RÁUL MARTÍNEZ, SHOWMAN, CUBA

GUILLERME JACOBE, MÚSICA, COLOMBIA

MAXIMO OPTIMO, CIRCO, MADRID

DOCTOR BUCKEMAN, PERCUSIÓN, MADRID

NANNY COGORNO, SHOWMAN, ARGENTINA

E O 30 DE XULLO MOITO MÁIS

MÁIS ACTIVIDADES PARA O VERÁN

A partir de mañá comeza en Vigo o FESTICLOWN, un festival cheo de actuacións na rúa. Clicade na imaxe e veredes o programa deste ano.

DE CONGRESO EN EDUCAPARTY

A semana pasada tivemos a sorte de que nos convidaran ao Congreso Educaparty en Valencia. Igual vistes na tele a todos os frikis cos seus ordenadores no Museo das Ciencias. Dentro dese encontro había un apartado para mestres, onde 300 mestres de toda España compartimos inquedanzas, ponencias, talleres e ideas durante tres días moi intensos.

Foi xenial falar e compartir experiencias con outros mestres aos que lles gustan as novas tecnoloxías e cren que outra educación é posible. Pero, o mellor, foi pasar anaquiños cos frikis dos ordenadores vendo todo o que facían, aínda que diso falareivos máis adiante.

Hoxe quero aproveitar para convidarvos ao OCEANOGRAFIC de Valencia, realmente é unha experiencia incrible. Sei que queda un pouco lonxe, e coma este ano traballamos tanto a auga, deixovos un vídeo con todo o que nos ensinaron. Espero que disfrutedes tanto coma min vendo as morsas xigantes ou as misteriosas belugas.

SAÍDA A PONTEVEDRA

Onte visitamos o teatro principal de Pontevedra e asistimos a unha obra moi especial feito con luz negra, chamábase: “Vicente, el pirata valiente”, directamente relacionada co noso tema da auga, sobre todo a auga salgada que será o noso novo lugar de exploración durante o 3º trimestre.

Logo do teatro acercámonos á alameda de Pontevedra para merendar e xogar un pouquiño, como moi preto estaba o parque das Palmeiras, aproveitamos uns minutiños antes de coller o autobús xogando nos columpios.

E para que a profe Vero esté atenta alá onde esté, ahí vos deixamos o vídeo de todo o que fixeron os exploradores e Vincis nesa longa mañá.

SAÍDA DOS WATERS

ESTE LUNS PASADO LEMBRAREDES QUE FOMOS DE EXCUESIÓN A PONTEVEDRA PARA VER TEATRO, CO TÍTULO DE: VICENTE, O PIRATA VALENTE. POIS BEN, TRATÁBASE DUNHA REPRESENTACIÓN EN LUZ NEGRA, O QUE O FACÍA MÁIS MÁXICO AÍNDA, COUSA QUE ÓS NENOS LLES GUSTOU MOITO E A MIN TAMÉN.
COMA SEMPRE AHÍ VOS QUEDA UNHA MOSTRA DA NOSA VIAXE, DO BEN QUE O PASAN E O FELICES QUE SON NO COLE, E O PROFE CON ELES POR SUPOSTO JEJEJE….
SAÚDOS.

SAÍDA A PONTEVEDRA DOS SÍNEFOS

COMO PODREIS VER EN EL VIDEO LOS SÍNEFOS LO PASAMOS MUY BIEN EN PONTEVEDRA Y NOS ENCANTÓ LA INTERPRESTACIÓN DE VICENTE EL PIRATA VALIENTE, CONSEGUIDA CON LA TÉCNICA DE TEATRO NEGRO Y LUZ ULTRAVIOLETA.

A MOCHILA VIAXEIRA DE MARGARIDA

Xa estamos inmersos nunha nova aventura. Nesta ocasión é Margarida a que nos propón unha divertida actividade.

Margarida preparou con moito entusiasmo unhas bonitas mochilas cheas de cousiñas para animarnos a tod@s a ler e gozar coa literatura durante a fin de semana.

A mochila leva:
- Unha libreta-rexistro, para que as familias anoten o que lles pareceu a actividade.
- Un cd coas cancións dos contos de OQO que tanto lles gustan aos exploradores.
- Unha peli para os peques.
- Un libro para a familia.
- Un libro de información para tod@s relacionado co noso proxecto: “Pinga a pinga”
- Un conto de OQO que aparece no cd das cancións. Na mochila dos exploradores o conto é: “Rato Tom e rata Tomasa”.

Así que cada venres un dos exploradores terá a oportunidade de darse un bo baño de lectura coa mochila de Margarida. Esperamos que sexa do voso agrado esta nova actividade…

GOTAS PARA NÍGER

Gotas para Niger – Redondela


Se celebra el 20 de marzo el Día Mundial del Agua, con un gran espectáculo a cargo de la compañía Pequit@s y Cía, que presenta “Una gota en apuros” a beneficio de Unicef, en la que se representará una obra de teatro, “En busca del tesoro” y posteriormente habrá un espectáculo de magia a cargo del mago Popin y un montón de sorpresas….

Cúando y dónde

20 de Marzo de 2011 a las 18:00 horas en el Multiusos A Xunqueira Redondela
Entrada : 2 €
Información y venta de entradas : 617 141 853

PACO TROLAS

Mañá imos ao Salón do Libro de Pontevedra. Este salón que se atopa na súa edición número XII está cheo de actividades para os nen@s, actividades onde se busca achegar de xeito lúdico á lectura. Este ano está adicado aos contos que falan da mentira. Aquí vos deixamos o enlace a súa páxina de actividades, tedes tempo ata o 19 de marzo, así que mirade ben porque é unha alternativa de ocio moi boa. Ten lugar no pazo da cultura de Pontevedra e, ademais, podedes aproveitar para ver a exposición que fan os coles de Pontevedra sobre a temática deste ano. De seguro que vos vai sorprender.

Nos imos ver o conto Paco Trolas, de OQO Editora. Conto ten unha posta en escea moi especial, como podiamos ler estes días en A voz de Galicia:

Paco Trolas es un ratón que percibe la realidad como un juego fantástico y que protagoniza un álbum de Roberto Aliga editado por el sello pontevrdrés OQO. Su historia será narrada por Andrea Bayer, mientras se proyectan ilustraciones de Simona Mulazzani y los músicos del Seminario Permante de Jazz pondrán el acompañamiento melódico. De esta forma, el cuento original se transformará con la mezcla de lenguaje visual y sonoro en un concierto didáctico.

Se clicades na portada do conto podedes ir a páxina de Oqo Editora onde podedes ver un resume do conto que traballamos hoxe na aula para ir preparados a actividade. Xa vos contaremos mañá como nos foi a cousa.

SABES ONDE ESTÁN AS LETRAS NO TECLADO

Aquí vos deixo un xogo onde podedes practicar onde están as letras no teclado.  Deixade que cargue, dádelle ao cadro amarelo que ten palabras chinas e a xogar. No bosque comezara a chover gotas con letras, hai que darlle a letra no teclado antes de que chegue ao chan. Espero que vos guste e pasedes mellor este día de chuvia.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.