XOGOS DE PATIO COS SEGUNDOS COCORICOS
16 sep 2011 1 comentario
in COMEZO DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
O xoves, as 12:00, chegaron o 2º grupo de cocoricos, estaban moi contentos por voltar á escola. Primeiro fixemos as presentacións, fixemos unha visita ao baño e logo fomos ao patio porque queríamos coñecer ao gran número dos peques de Reboreda e atopar entre eles algún moi coñecido, como irmáns, curmáns, amigos,…
Eiquí déixovos un vídeo deses momentos tan entrañables cos pequenos cocoricos, que a pesar dos contratempos está sendo moi tenro e cómodo traballar con eles. É pequeniño porque… coma sempre pasa no mellor momento, quedei sen tarxeta na cámara e sen batería, pero aínda así creo que mereceu a pena.
UN DÍA COS PRIMEIROS COCORICOS
15 sep 2011 6 comentarios
in COMEZO DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Hoxe estiveron na escola de novo os primeiros cocoricos durante 90 minutos. Fixeron moitas cousas pero cando comezaban a perder a vergoña xa chegou a hora de marchar. Pero como sei que así non o credes eiquí vos deixo un vídeo moi particular, onde podedes ver a estes pequechos tan ben integrados.
O ÚLTIMO GRUPO DOS COCORICOS
14 sep 2011 1 comentario
in COMEZO DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Hoxe chegaron á escola de Reboreda os últimos cocoricos e…… non estaban nada nerviosos!!!
Estaban tan emocionados que querían facer un montón de cousas, ir ao baño, xogar na clase cos xoguetes, ir a visitar ao resto dos peques de Reboreda,… bueno con tantas emocións algún púxose un pouco intranquilo pero… que rápido pasou o tempo, verdade??
Eiquí deixo unhas poucas fotos de todos eses momentos. Ata a próxima pequenos cocoricos!!!
NOVAS CHEGADAS DOS COCORICOS
13 sep 2011 3 comentarios
in COMEZO DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Hoxe chegaron ao cole de Reboreda novos cocoricos. Pasárono xenial aínda que á hora de marchar algúns tiveron algún atranco cos botóns e case non podían sacar o mandilón. Pero mellor que contárvolo e que o vexades vos mesmos. Benvidos pequechos!!!
OS PRIMEIROS COCORICOS
12 sep 2011 4 comentarios
in COMEZO DE CURSO, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Vaia, vaia… xa chegaron os cocoricos!!!
Hoxe tivemos o primeiro encontro con dous dos grupos dos cocoricos. E sabedes unha cousiña….. que maiores son!!!
Non choraron nadiña, xogaron un pouquiño, tomaron o almorzo visitaron as instalacións do cole, cantamos a canción das mans e cando nos demos conta…. xa era a hora de marchar para casa. Pero non vos preocupedes cocoricos que dentro duns días voltaremos a reencontrarnos, ok?
Agora vouvos deixar un vídeo das primeiras horas dos cocoricos na escola de Reboreda. Benvidos cocoricos!!!
INCORPORACIÓN DO ALUMNADO DE TRES ANOS: OS COCORICOS
10 sep 2011 Dejar un comentario
O próximo luns 12 moitos peques comezan o cole por primeira vez. Vai ser un día complicado, cheo de emocións e inquedanzas. As familias tedes que estar tranquilas e ser un apoio neste momento de transición tan importante para os vosos cativos. De seguro que en pouco tempo todos estaremos adaptados os uns aos outros.
Aquí vos deixo o horario de incorporación da primeira semana coas modificacións que acordamos na primeira reunión. Clicade na imaxe para poder velo a pantalla completa.
A finais da próxima semana poremos o horario da segunda semana do período de adaptación.
CONTO PARA OS MÁIS PEQUENOS
25 ago 2011 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN, RECURSOS
Seguimos preparando con ilusión os primeiros días, dos novos aventureiros, na escola de Reboreda. Nesta ocasión preparamos un pequeno e sinxelo conto para que antes de chegar ao cole as familias e os máis peques poidan falar da tan desexada entrada na escola dos maiores.
LIBROS QUE PODEN AXUDAR NESTES PRIMEIROS DÍAS
22 ago 2011 Dejar un comentario
Contos para ler na escola ou na casa antes de durmir, e libros para mestres e familias para coñecer un pouco máis aos nosos pequen@s. Como por exemplo:
- Tibilí, el niño que o quería ir a la escuela. Editorial Juventud. 
- Cómo comportarse en la escuela. Editorial Gemser. 
- Hasta la tarde. Ed. Corimbo. 
RECOMENDACIÓNS PARA O PERÍODO DE ADAPTACIÓN
20 ago 2011 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Dentro dunhas semanas dará comezo un novo curso polo que deixamos eiquí unha serie de recomendacións ás familias dos peques de 3 anos (4º curso de educación infntil). Son unhas pequenas axudas coas que podedes ir preparando pouco a pouco cos vosos peques a súa incorporación ao cole de “maiores”.
PREPAREMOS O PERÍODO DE ADAPTACIÓN
18 ago 2011 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Dentro de pouco temos que dar a benvida aos novos peques de Reboreda, polo que temos que comezar a preparar a súa entrada no cole.
O período de adaptación nalgúns casos é longo e traumático, polo que aquí deixámosvos algunhas pequenas recomendacións que podedes seguir para facer que a súa incorporación na escola sexa o máis agradable posible.
REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO
29 jun 2011 Dejar un comentario
in NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Maña ás 10 da mañá no cole de Reboreda teremos unha reunión coas familias do alumnado de tres anos para falar un pouco de como funciona o noso cole e darvos algunhas indicacións para o verán.
Aquí tedes a guía que imos entregar por se non podedes asistir ou queredes irlle botando un ollo. So tedes que clicar na imaxe.
QUEREDES COÑECER AOS WATERS?
22 sep 2010 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN, RUTINAS
Non son un grupo de rock, nin un gran grupo de astronautas, son…… os novos aventureiros da auga do cole de Reboreda.
Hoxe foi o primeiro día que estiveron todos xuntos durante un ratiño, e foi…… xenial!!!! Pasou tan rápido o tempo que algúns xa non querían marchar para casa e querían seguir gozando coas cousiñas que fixeron co profe Eteban.
Ahí tedes unhas poucas de fotos para que os vaiades coñecendo….
HOXE CHEGARON NOVOS WATERS
13 sep 2010 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Hoxe, ás 10 da mañá, comezaron a chegar novos membros do equipo dos waters, eran os grupos C e D. Ao principio había uns pouquiños de nervos pero despois todo foi sobre rodas.
Así gozaron estes novos peques do cole de Reboreda
OS PRIMEIROS WATERS
12 sep 2010 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, NOVAS, PERÍODO DE ADAPTACIÓN, XOGOS DE AULA
Este venres chegaron a Reboreda os primeiros “waters”.
Foi unha gran xornada, ao principio algúns estiveron un pouco tristes por ter que quedar sen papi e mami nun lugar descoñecido pero, pouco a pouco, cando descubriron todo o que o profe Esteban lles preparara rapidamente comezaban a xogar e a explorar novos territorios, como o patio, a aula dos exploradores.
Mirade, mirade!!!!!!………….. Así foi o seu primeiro día….























AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR