AS BOLSAS DA HORA DE LER VEÑEN CHEAS

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN. HOXE DABA GUSTO VER AOS PEQUES CHEGAR COAS BOLSAS DA HORA DE LER. COMPARTIRON OS CONTOS, COIDÁRONNOS MOI BEN E LERON MOI ANIMADOS. AGORA SO FAI FALLA COLLER O HÁBITO PARA QUE CADA XOVES E VENRES ESAS BOLSAS NOS ENCHAN DE BOAS LECTURAS.

AGASALLO DE MARGARIDA

Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Margarida, a mascota da biblio, trouxonos un paquete. A nosa encargada abriuno e… dentro tiñamos unhas mochilas de tela para poder traer os nosos contos os xoves e venres na hora de ler. Fíxonos moita ilusión e, coma todas as bolsas son iguais, puxémoslles o nome para non confundirnos cando traiamos os nosos contos. Tamén é unha maneira de animarnos para traer os contos porque custaunos un pouquiño, ás veces esquecémosnos, temos medo a que nolos rompan, non nos apetece compartilos… Como Margarida sabía destas inquedanzas fixo facernos este agasallo para animarnos a participar máis activamente no Plan de Lectura Silenciosa. Agora so falta facer un bo uso delas.

E así recibiron de contentos os exploradores os seus agasallos.

PRIMEIRO DÍA DA LECTURA SILENCIOSA

Hoxe deron comezo os 20 minutos de lectura silenciosa en todo o centro. Os exploradores levaban días preguntando cando chegaría a hora de ler, botaban en falta eses minutiños de lectura silenciosa, onde poden deixar voar a súa imaxinación con só ler ou observar os seus contos ou os contos de Margarida (a mascota da biblioteca do centro).

É sorprendente ver como os peques de Reboreda rapidamente aceptan as normas do momento de ler e nun par de minutos son capaces de estar tanto tempo caladiños. Hoxe aínda estaban un pouco desentrenados, despois do longo verán, pero mirade que ben o fixeron.

O DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do libro, pero, como tiñamos pensado subir ao monte ese día, adiantámolo para o xoves 22. Na hora da lectura silenciosa, no canto de ler, cada curso leu para todo o cole un pequeno relato relacionado coa interculturalidade. Foi unha experiencia moi chula.
Os Vincis decidimos que queriamos ler A lenda da Coca. Primeiro tivemos que ensaiar na clase cos voluntarios. Despois fixemos votacións para escoller a dous. Os gañadores foron Iván e Rosi. Así que á hora de ler, subiron a dirección e dende o micro contaron para o cole a Lenda. Teño que dicir que o fixeron xenial.
Despois escoitamos ao resto do cole e… SORPRESA, os maiores tamén contaron a lenda da Coca, pero non era igual ca nosa, así que ao remate tivemos un pequeno debate.

E DESPOIS DE COMER …..INVITAMOS AS NOSAS FAMILIAS A LER CON NÓS NO PLSS

Despois do que traballaron as nosas familias, ben merecían un pouquiño de descanso con un bo libro, os Sinefos compartímos coa mamá de Raúl e coa abuela de Pablo G o noso momento de lectura silenciosa. O video é moi pequeniño, pero podedes facervos unha idea do que foi e do que é cada Xoves e Venres .Cada vez facémolo mellor!!

PAPÁ E MAMÁ TAMÉN LEN

HOXE TIVEMOS UNHA LECTURA SILENCIOSA MOI PARTICULAR, ACOMPAÑÁRONNOS ALGÚNS DOS PAPIS E MAMIS DOS EXPLORADORES.

ESTES DÍAS AS FAMILIAS SEGUEN AXUDÁNDONOS COS DISFRACES DO ENTROIDO E COMO CHEGARON NA HORA DE LER TAMÉN TIVERON QUE SACAR O SEU LIBRO E DURANTE 20 MINUTOS LER EN SILENCIO SEN MOLESTAR A NINGUÉN COMO FAN TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA.

FOI UN MOMENTO ÚNICO TODOS LENDO CON MOITA ATENCIÓN O SEU LIBRO FAVORITO.

AS FAMILIAS ESTABAN ABRAIADAS AO VER AOS PEKES TAN CONCENTRADOS NUNHA TAREFA TAN DIFÍCIL, COMO É PARA ELES ESTAR TANTOS MINUTOS SEN FALAR. CADA DÍA QUE PASA SÍNTOME MÁIS ORGULLOSA DELES, SON XENIAIS!!!

“EN BUSCA DEL BESO”

COMO CADA LUNS VOLTAMOS AS NOSAS PARTICULARES SESIÓNS DE CONTACONTOS.

ESTA VEZ A PROTAGONISTA PRINCIPAL FOI LUCÍA C. A. E CONTOUNOS UNHA PRECIOSA HISTORIA QUE SE CHAMABA “EN BUSCA DEL BESO”.

UN CONTO MOI DOCE E MOI TENRO, CUNHAS BONITAS ILUSTRACIÓNS E UNHA HISTORIA DE REIS, RAIÑAS, PRÍNCIPES, CABALEIROS, LOBOS E ATA DRAGÓNS.

ESCOITADE ATENTAMENTE QUE ASÍ COMEZA A NOSA HISTORIA…

Os exploradores e a lectura

O XOVES E O VENRES DA SEMANA PASADA DEU COMEZO NA ESCOLA O PLAN DA “A LECTURA SILENCIOSA”, UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE ESTÁ A DAR MOI BOS RESULTADOS.

 

PARA OS EXPLORADORES ESTÁ FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA, AÍNDA QUE TEMOS QUE RECOÑECER QUE NON SABÍAMOS SE PODERÍAMOS AGUANTAR OS 20 MINUTOS SEN FACER RUIDO E SEN DEIXAR DE LER UN LIBRO. PERO SOMOS UNS CAMPEÓNS, XA QUE ESTIVEMOS TODO ESE TEMPO SEN FALAR, COMPARTINDO LIBROS COS COMPAÑEIROS SEN MOLESTAR A NINGUÉN E DESCUBRINDO MOITOS LIBROS INTERESANTES QUE NOS COLOCOU A PROFE ENRIBA DA MESA PARA CONSULTAR CON ATENCIÓN.

 

CANDO NOS DEMOS CONTA UNHA MÚSICA MOI DOCE COMEZOU A SOAR E XA REMATARAN OS 20 MINUTOS, PERO………… A PRÓXIMA SEMANA VOLTAREMOS A VIAXAR POLO MUNDO DOS CONTOS E DOS SOÑOS.

 

MIRADE QUE MAIORES XA SOMOS!!!!!!

 


| View Show | Create Your Own

 

LEEMOS UN POUCO EN SILENCIO??

Hoxe empezamos co PLSS, aínda que somos os peques do cole, nós tamén participamos.Antes de saír o patio deixamos xa o noso libro preparado enrriba da mesa, tendo en conta a nosa idade ( algúns non temos nin 3 aniños) podemos facer varios cambios de libro ao longo deste tempo , eso sí , hai que intentar non falar, aínda que as veces costa un pouquichiño por que nos libros atopamos cousas moi chulas que queremos amosarlle os compañeiros, e esto ten como resultado que a algún de nós lle coste un pouco máis
Mirade qué BEN o fixeron , e como se levantan a cambiar os seus contos na biblioteca da clase, sin alborotar, cada un o seu.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.