MENCIÓN ESPECIAL NOS PREMIOS VOZ NATURA
14 may 2012 Dejar un comentario
in NOVAS, PREMIOS, VOZ NATURA
O noso blog de Voz Natura foi premiado cunha mención especial entre 214 blogs que participaban no proxecto deste curso. Estamos super-contentos!!!
DÍA DO LIBRO NO COLE DE REBOREDA
29 abr 2012 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, CONMEMORACIONS, CONTOS, CREATIVIDADE, NOVAS, PREMIOS
O día 23 de Abril, coma todos os anos, celebramos o día do libro cun acto moi especial. Anunciáronse os gañadores do concurso de Reboraina e léronse, ante todo o alumnado e profesorado da escola, por estes grandes e futuros escritores. Fixérono moi, moi ben!!!
PARTICIPAMOS NOS PREMIOS ESPIRAL
07 mar 2012 Dejar un comentario
Este ano decidimos presentar o noso blog aos premios espiral. E temos que pedirvos a todos os que nos seguides un gran favor, que entredes na páxina dos premios e comentedes o que vos parece o noso blog para poder ter algunha opción. Agardamos a vosa axuda.
Clicade na imaxe, deixade os vosos comentarios e a ver se hai sorte.
GABRIEL PÚXOLLE SIMONA Á COCA DE REDONDELA
10 ene 2012 2 comentarios
in CONCURSO, CREATIVIDADE, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS, PREMIOS
O noso Cocorico Gabriel gañou o concurso para poñerlle nome á Coca, a súa idea foi escollida de entre máis de 450 propostas. Os Cocoricos estamos moi content@s e orgull@s do noso compañeiro. Moitas felicidades para Gabriel e tamén para a súa familia, que nos enviou os seguintes enlaces para que os poidamos ver. ¡Unha aperta!
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/12/24/0003_201112V24C9991.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/12/24/coca-simona-dragon-amigo-ninos/608752.html
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=2057
http://www.empresasredondela.com/nova.asp?id=832
PREMIOS PARA OS PEQUESREBOREDA
19 jun 2011 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, CONCURSO, MARGARIDA, PREMIOS
Un ano máis, antes de comezar o festival de Fin de curso, fixéronse no centro o entrega de premios. Os peques de Reboreda estamos de noraboa por dous motivos, un pola postal de Nadal que fixemos as catro clases en conxunto e pola que nos deron un agasallo que entregou a profe Patri, nada máis e nada menos que un conto musical para compartir entre todos nos.

Despois, Margarida, tamén nos deu un agasallo por ser o mellores lectores de todo o centro. Neste caso entregou a profe Rosa e todos marchamos para casa cun precioso agasallo.

BOAS NOVAS PARA O VINDEIRO CURSO
08 jun 2011 Dejar un comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, PREMIOS
Hoxe recibimos unha boa nova, presentámonos ao concurso VOZ NATURA que fomenta a educación medioambiental e ecolóxica nos centros educativos de toda Galicia e acabamos de saber que estamos entre os centros escollidos para formar parte do programa o próximo ano. Estamos moi contentos porque no proxecto presentamos as actividades levadas a cabo coa fervenza de Reboreda e o Día do Monte que se celebra no cole.
Podedes ver máis información clicando na imaxe.
Aquí tedes a lista dos centros escollidos.
Agora, toca comezar a pensar novas iniciativas para seguir traballando no vindeiro curso.
VOTANDO OS DEBUXOS PARA A CAMISETA DE AGRUPACIÓNS
27 may 2011 Dejar un comentario
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, AMIGOS, CREATIVIDADE, PREMIOS
Coma xa sabedes temos estamos buscando debuxos para a camiseta de Agrupacións Escolares. A semana pasada, os Vincis entramos en Facebook para ver todos os debuxos que participan e facer as nosas votacións.
ASÍ VIVIMOS A VISITA DOS NEN@S DE CASALONGA OS VINCIS
26 may 2011 Dejar un comentario
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, AMIGOS, ANIVERSARIOS, LETRAS GALEGAS-2011, PREMIOS
A semana pasada tivemos a sorte de poder reunirnos cos nosos compañeiros de Agrupacións por segunda vez neste ano. Coma nos xa foramos a Casalonga tiñamos unha pequena idea de coma recibir aos nosos amigos.
Os días previos, coma xa vos contamos fixemos o cartel, preparamos as pingarotas para darlles e mandamos notas as familias para ter nos tamén unha boa merendola.
Unha vez máis, temos que agradecer a todas as familias a súa implicación porque tiñamos unha mesa na que non faltaba de nada: doces, magdalenas, pizzas, empanadas, croquetas, tortillas, ovos recheos, galletas, biscoitos, empanadillas, bocatas…
Recibímolos con todo o noso agarimo, xogamos xuntos, compartimos a comida e a celebración dos aniversarios de abril e maio e, aproveitando que era o DIA DOS XOGOS no noso cole, tivemos unha xornada lúdica xogando e recibindo tickets que cambiamos por premios.
Foi un día moi intenso pero creo que todos, tanto os nen@s de Reboreda coma os de Casalonga quedamos moi contentos.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ESCOITARNO E AXUDARNOS EN TODAS E CADA UNHA DAS NOSAS INICIATIVAS, DA GUSTO TER FAMILIAS TAN IMPLICADAS NA EDUCACIÓN DOS SEUS PEQUENOS.
Cando os Vincis marcharon para casa, os nosos amigos de Casalonga inda quedaron un pouco máis no noso cole. Aproveitamos a cantidade de comida que mandaron as nosas familias para comer na clase dos Vincis. Logo xogamos un pouco, e, antes de marchar recollemos todos os xoguetes que gañamos cos xogos. Foi un día moi intenso e cheo de emocións. Ata a próxima, COCOS e PINGOTAS.
O CONCURSO DOS PITUFOS: ASÍ FIXEMOS O NOSO MURAL
02 may 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, AGRUPACIÓNS ESCOLARES, APRENDIZAXE COOPERATIVA, COIDANDO O MEDIO, PREMIOS
Aquí vos deixo un resumo na nosa primeira semana de volta ao cole despois das vacacións. Tivemos moito traballo porque os prazos dos concursos nos que estamos apuntamos botábansenos enriba e tivemos que traballar arreo.
A NOSA VISITA A FERVENZA EN PAPEL
29 mar 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, AGRUPACIÓNS ESCOLARES, CREATIVIDADE, PREMIOS
O outro día, antes de ir a fervenza, e aproveitando a celebración do día da auga, os Vincis debuxaron a fervenza, pero despois de ir vela había moitas cousas que non estaban ben así que tiveron que refacer os seus debuxos. Despois volvemos a poñelos no mural ao lado dos primeiros e, ese mural vaise converter na nosa proposta para os premios coidadores do medioambiente dos pitufos no que nos inscribimos fai unhas semanas. Xa vedes que aproveitamos o feito para o resto dos proxectos.
HOXE REMATA O PRAZO DOS ECOMETTA
31 ene 2011 1 comentario
in CONCURSO, CREATIVIDADE, PREMIOS
Hoxe é o último día para entregar os debuxos para o concurso de meteoroloxía no que participamos os peques de Reboreda. Os Vincis mandamos os debuxos feitos con auga antes do nadal, pero queriamos mandar algo máis e aproveitando que este ano traballamos sobre a auga fixen unha compilación de debuxos dos feitos na aula para mandar. Agora so nos falta agardar polo dictamen do xurado.
PREMIOS ECOMETTA
02 ene 2011 Dejar un comentario
in CREATIVIDADE, PREMIOS
Non sei se lembrades que o ano pasado presentámonos a uns premios dunha web catalana que estaba adicada ao tempo atmosférico. Este ano os nosos amigos de Ecometta fixeron o concurso especialmente adicado ao tema da auga por ser o tema que estamos traballando así que, unha vez máis non puidemos resistirnos a presentarnos ao concurso. Aquí vos deixo os debuxos dos nen@s, se clicades na imaxe de Ecometta tedes toda a información sobre o concurso, premios, datas de presentación… Agora so falta esperar que ao xurado lles gusten os nosos debuxos.
A NOSA PROFE VERO DÉRONLLE UN PREMIO
01 dic 2010 9 comentarios
in CELEBRACIÓNS, PREMIOS
OS PEQUES DE REBOREDA RECIBIMOS UN PREMIO
18 jun 2010 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, PREMIOS
Hoxe celebramos o festival de fin de curso no cole pero antes houbo a entrega de premios. Primeiro entregaron os premios aos gañadores de fúlbol sala e balomán e despois, os da biblio, por unha banda aos mellores lectores e por outra aos gañadores do concurso Margarida quere saber. Os peques levamos premio dobre, por unha banda por ser tan bo lectores e por outra polo ben que investigamos no concurso de Margarida. Fíxonos moitísima ilusión o premio e queremos darlle as grazas a PROFE AMPARO porque traballa moitísimo no cole e ten o poder máxico de engacharnos a ler, a participar nos concursos da biblio, nas exposicións… É unha traballadora nata, sempre preocupada de dinamizar o cole e de engancharnos. E iso vese porque ten a biblio chea de rapaces todos os días, unha chea de bibliotecarios que traballan codo a codo con ela, rapaces que nos contan contos con todo o seu amor, maiores que xogan con nos aos xogos do mundo… E non só iso, ademáis recopila todas as fotos do ano para hacer presentacións nos festivais onde todos poidamos vernos reflexados…
A administración que tan mal nos trata debería pasar polos coles e ver como hai xente que vive por e para os rapaces, dando o mellor de sí mesmos, hipotecando o seu tempo libre e vindo ao seu posto de traballo sempre cunha sorrisa.
GRAZAS PROFE AMPARO, MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
FELICITACIÓNS DE ENRIQUE
31 ene 2010 Dejar un comentario
in PREMIOS
Non me podo resistir a compartir con vos as impresións que tivo Enrique de “el temp de los aficionats” cando viu a entrega de premios que fixemos no cole. Aquí tedes o mail que lle enviou a profe Susana despois de ver o vídeo coa entrega:
Buenos días Susana.
Emoción…muchas emoción de ver con que cariño habéis entregado los premios. Después de tanto trabajo me habéis dado el mayor premio a nuestro esfuerzo…ver la cara de felicidad de esos maravillosos niños y niñas que tienen la suerte de tener a personas con un corazón tan grande como el vuestro. Muchas gracias de todo corazón por este emocionante video que nos habéis dedicado que de bien seguro tendrá una gran repercusión.
No he puesto nada acerca de la condición de los niños en regimen de acogida en Aldeas infantiles SOS porque no sabía si se puede divulgar ese tema. En el caso de que se pueda lo anunciaría para que se sepa que hemos dado el premio a 5 de ellos. Si no es el caso, la información quedará como la encontraréis en la sección de Ecometta. Por cierto, como el video me parece tan maravilloso hoy y mañana estará también en la página principal de la web.
Traslada mi cariño también a Verónica, Rosa y Luisa por la ilusión y el cariño que demuestran con los pequeños y por su colaboración con el concurso.
Biquiños a granel y seguiremos en contacto.
“La familia meteorológica”
Enrique, Carmen, Dan y Jonatan
www.eltiempodelosaficionados.com




























AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR