OS WATERS, OS SÍNEFOS E OS EXPLORADORES SON ESTATUAS

EN PSICOMOTRICIDADE XOGAMOS, VIAXAMOS A TRAVÉS DA NOSA IMAXINACIÓN E CONVERTÉMONOS EN PERSOAXES QUE PASAN POR MOITAS AVENTURAS! AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO QUE NOS DIVERTIMOS SENDO ESTATUAS!

XOGANDO CÓ CORPO

COMO VEREDES NESTE PEQUENO VIDEO OS SÍNEFOS ESTÁN EN PLENA FORMA: ATENTOS ÁS ORDES, COORDINACIÓN DE MOVEMENTOS, UNHA EXECUCIÓN PERFETA,COLABORACIÓN E UN MILLEIRO DE SORRISOS. MIRADE QUE BEN O PASAMOS.

BAILANDO E APRENDENDO

BOAS, DENDE HAI UN TEMPO ESTAMOS A TRABALLAR O ESQUEMA CORPORAL E COMO MÁIS NOS GUSTA E BAILANDO POLO QUE HOXE ENSINÁMOSVOS UNHA DAS NOSAS CANCIÓNS PREFERIDAS, QUE XA SABEDES QUE ESTA NA BARRA DEREITA DO NOSO BLOG. SAÚDOS.

A CANCIÓN DE……. CHIMPÚN

Ao longo do curso, os exploradores, estiveron aprendendo moitas cancións, algunhas delas xa volas ensinamos a través de divertidos vídeos para que as poiderades bailar con nós, agora deixámosvos a presentación dunha delas coa letra da canción que se chama “Chimpún” para que  a poidades cantar xunto cos vosos peques antes de ir durmir.

Trata das partes do corpo e das diferentes accións que podemos facer con elas. Tocaremos a cabeza, os pés, a cintura, saltaremos para adiante e para atrás, coa pata coxa, sentaremos no chan e ata nós estarricaremos.

Pouco a pouco iremos deixando todas as letras das cancións para que na casa tamén as poidades cantar cada vez que os peques queiran cantar con vós.

Se queredes escoitar a melodía só tedes que buscar no blog, na categoría de cancións, e alí atoparedes os vídeos destes pequenos cantores.

UNHA SAÍDA SEN IGUAL, INDIANA BILL

A última saída do curso é a máis esperada de todo o ano, xa que xogar en Indiana Bill non ten comparación.

Os pequenos exploradores non tiñan nin idea do que alí se ían atopar, ao principio xa quedaron asombrados coa cabeza do dinosaurio e logo cando chegamos ás piscinas de bólas entraron nas máis sinxelas con colchonetas, balancíns e pequenos tobogáns, nin se deran conta de que había moitos máis lugares onde xogar, trepar, balancearse, facer equilibrios,… pero unha vez que os descubriron xa non querían saír nin para merendar. Xogaron tanto, tanto, taaaanto, que algúns deles sudaban moitísimo e  semellaban que acababan de saír da ducha.

Se aos exploradores queredes ver gozar, neste vídeo teredes que pinchar………

OS VINCIS TAMÉN O PASARON XENIAL

E os Chamáns gozaron sen parar

NOVA SESIÓN DE XOGOS DO MUNDO

Hoxe os maiores fixeron unha nova sesión de xogos do mundo connosco. Foi moi divertido, tiñamos xogos de Gran Bretaña, de China, de África… Foi xenial. Os maiores axudáronnos e explicáronnos como tiñamos que xogar e nos fixémolo moi ben.

Unha vez máis grazas a profe Amparo polo seu traballo e adicación.

UNHA NOVA SESIÓN DE: XOGOS DO MUNDO

Esta semana, na clase de psicomotricidade, tivemos uns mestres moi particulares, os nosos compañeir@s de sexto curso de primaria, que nos ensinaron uns novos xogos do mundo, por exemplo, xogos de Portugal, da China, de América do Sur, de África, de Bolivia. O que máis nos gustou foi o xogo da China, o “mikado”, consistía en deixar caer un montón de pauciños no chan e logo tentar coller de un en un sen mover aos outros, semellaba bastante difícil porque tiñamos que ter moito coidado e movernos despaciño para non descolocalos pero ao final resultou moi divertido. Tamén xogamos ao “reloxo” cunha corda que non debíamos pisar, á “pulga” con chapas das botellas e por último a “thunka” cunhas pedras e un debuxo no chan que se semellaba ao noso xogo da “mariquitiña”. Para rematar a sesión xogamos todos xuntos a un xogo portugués que se chamaba “mata”.

Estas experiencias entre ciclos son moi enriquecedoras para todos, xa que grandes e pequenos aprenden novas formas de interactuar e de traballar en equipo. Noraboa a todos e todas!!!

CANCIÓN: BOLOCO

Aos exploradores lles encanta a música e gozan co baile, así que de vez en cando facemos na clase unha pequena sesión de psicomotricidade moi especial empregando a música e a expresión corporal. Coa canción de Boloco, falamos do círculo, das partes do corpo e de diferentes maneiras de moverse,  como por exemplo: movernos a rolos. Foi moi divertido desplazarse pola clase dese xeito, tentando non molestar ao resto dos compañeiros e buscando a maneira de moverse así para ir dun lugar a outro. Shhhhh, silencio!!! comeza o baile!!!

OS VINCIS FAN XOGOS DO MUNDO

Os Vincis, igual que os Sinefos, os Exploradores e os Chamáns, tivemos a nosa sesión de xogos do mundo. Foi xenial. Os nen@s maiores tratáronnos con moito agarimo e explicáronnos moi ben o que tiñamos que facer. Foi unha clase de psicomotricidade moi especial.

Moitas grazas a profe Amparo e os compañeiros de 6º por todo.

BICIS E TRICICLOS

Hoxe tivemos un recreo diferente. Como chovía tanto e non podíamos saír fóra, despois de marchar os maiores do patio cuberto, os peques de Reboreda quedaron un ratiño máis, xa que había uns días que chegaran á escola un agasallos moi chulos e aínda non puideramos estrealos, eles non sabían nada, por iso cando sacamos os novos xoguetes as caras de asombro foron espectaculares.

Eran dúas bicis para os grandes deportistas, cos seus rodíns e as súas cestas, e dous triciclos 4×4 para os peques máis aventureiros.

Foi unha grandísima sorpresa e gozaron sen parar durante varios minutos, ata o profe Alberto non puido resistirse a non probar aquelas preciosas bicis, aínda que tivo algún pequeno problema e os chamáns rapidamente acudiron na súa axuda.

É unha gozada vir a traballar así á escola, cada día atopamos cousas distintas que fan que todo sexa diferente e novidoso, sempre estamos atentos aos intereses dos cativ@s e atopamos nas pequenas cousas sempre algo interesante co que aprender e traballar sen darnos conta.

OS VINCIS TAMEN O PASARON XENIAL

OS SINEFOS TAMÉN ESTRENARON AS BICIS

XOGOS INTERCULTURAIS – INTERCICLOS

Esta semana na clase de psicomotricidade, os maiores da escola, os nenos e nenas de 6º curso, quixeron ensinarnos un montón de xogos do mundo. Había xogos de África, de América, de Asia, pero o que máis nos sorprendeu foi atopar un xogo da China que se chamaba “tamgran”. Xogábase cunhas pezas pequenas, con algunhas formas que nós xa coñecíamos como por exemplo: o cuadrado, os triángulos,…

Os maiores tamén quedaron asombrados cos pequenos exploradores, porque cando chegaron ao recuncho do xogo da China, estes pequenos aventureiros sabían moitas cousas da China, como por exemplo: sabían facer pagodas. Vaia, vaia!!!

O vídeo da sesión de psicomotricidade é tan extenso que tivemos que facer dous vídeos para que poidades comprobar o ben que se entenderon maiores e pequenos. Foi unha sesión que nunca esquecerán!!.

CANCIÓN: CHIMPÚN

SE AOS EXPLORADORES QUEREDES VER DANZAR ……………………………. NESTE VÍDEO TEREDES QUE PINCHAR!!!

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.