FÍOS, TÍTERES EN REDONDELA

O pasado martes, todo o alumnado da escola baixou a Redondela ao multiusos para ver a obra de títeres, “Fíos”, xa que era o XIII festival de títeres en Redondela.

Ahí os deixamos unha pequena mostra de xenial obra teatral coa que nos agasallou Baobab, coa súa preciosa posta en escea.

CONTO DOS TRES PORQUIÑOS CON MÚSICA

Como xa sabedes estes días andamos liados traballando ao redor do conto: “Os tres porquiños”, polo que queremos deixarvos un bonito vídeo onde podedes gozar coa historia cantada destes travesos porquiños e así tamén podedes cantar con eles. Esperamos que vos guste…

MÁIS EXPRESIÓN MUSICAL COA MESTRA ISA

TAL E COMO ACORDAMOS AQUÍ TENDES AOS SÍNEFOS UNHA VEZ MÁIS DISFRUTANDO DAS CLASES DA MESTRA ISA.

NESTA OCASIÓN CUN POUCO DE PERCUSIÓN, MIRADE, MIRADE.

OS PEQUES BAIXAN A REDONDELA PARA FACER UN ENVÍO POSTAL

Os peques de Reboreda prepararon con moito entusiasmo uns paquetes moi especiais, cheos de libros, cds de música, vídeos, etc. das tradicións de cada un dos recunchos de España que participan con nós no proxecto ARCE de todas as agrupacións escolares.

Nos levabamos todo un trimestre traballando cos libros da maleta viaxeira que chegou ata o noso cole dende o CRA de Teo, e agora terá que voltar a viaxar ata a ZER de Lleida, ZER Baridà-Batllia. Así que preparamos varios paquetes e baixamos andando ata Redondela para entregar en correos estes grandes e pesados paquetes. Foi toda unha aventura!!! E despois reposamos un pouco nun dos parques da vila para merendar e xogar un anaquiño antes de regresar camiñando de novo ata a escola.

Menuda camiñata!!!

UN CONTO DE CARAPUCHIÑA PARA TOD@S

Eiquí vos deixamos o noso particular power-point do conto de Carapuchiña para que papi ou mami poidan lelo con nós antes de ir durmmir. Papi e mami poden ler a letra en minúscula e nós podemos completar as frases interpretando os debuxos. Esperamos que vos guste!!!

UN DIVERTIDO E DIFERENTE CONTO DE: “CARAPUCHIÑA VERMELLA”

Levamos días escoitando diferentes contos de “Carapuchiña vermella” e descubrimos que poden existir miles de versións, ata nós mesmos podemos facer a nosa. E navegando pola rede atopamos un novo conto de “Carapuchiña vermella” moi particular, con detalles novedosos e no que vós mesmos podedes elexir o final que máis vos a guste. Clicade na imaxe e poderedes divertirvos un anaco con este conto tan particular.

LIM: CARAPUCHIÑA VERMELLA

 

Como estas semanas estamos a traballar ao redor do famoso conto de Charles Perrault: “Carapuchiña vermella”, atopamos unha chea de recurso que nos poden axudar a descubrir novas formas de presentar o conto. Nesta ocasión vos deixamos un precioso LIM, de Ana Martínez Rey, no que podemos xogar, ler, contar,… dun xeito divertido e entretido. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

CANTOS DE PIRATAS

Como dentro de poucos días saíremos da escola nun fantástico desfile polas rúas e camiños de Reboreda, os peques ademáis de levar uns disfraces chulísimos, uns navíos e bandeiras que dan medo, tamén teñen tempo para preparar os seus cánticos pirateiros. E para que na casa vaiades ensaiando, eiquí vos deixamos uns vídeos explicativos cos cantos e danzas que todos iremos interpretando.

“Juanito, el pirata”

“Había una vez un gran barco de piratas”

“Cuando un pirata baila, baila, baila”

E para rematar, o canto dos verdadeiros piratas: “Somos Piratas”

CARTAS DE NADAL PARA OS NOSOS AMIGOS

Uns días antes de marchar de vacacións de Nadal, Lucas tivo unha gran idea, escribir unha chea de felicitacións para todos os seus compis, e claro… o resto dos exploradores tambén quixeron facer as súas felicitacións. Polo que puxémonos mans as cartas e fixemos un gran traballo entre todos. Primeiro eleximos o amigo ao que lle íamos mandar a nosa postal, logo deberíamos pensar e escribir unha chea de bos desexos para o noso amigo e para rematar escribimos o destinatarrio e o remitente nos sobres e pegamos os selos.

Cando tivemos todas as cartas preparadas metémolas nun buzón moi especial, cada un podía elexir onde o quería meter, polo lado de Papá Noel ou dos Reis Magos. E de súpeto apareceu un carteiro de Nadal moi particular que repartíu as cartas entre todos os exploradores.

Foi unha experiencia incrible, gustóunos moitísimo e as súas cariñas xa o din todo. O mellor foi o gran final no que se pode comprobar o bo equipo que fan estes intrépidos exploradores. Noroboa meus peques!!! Cada día estou máis orgullosa de vós!!!

A NOSA PANXOLIÑA: “O ABETO ESTÁ BALEIRO”

Dentro dalgunhas semanas chegará o Nadal e con el… o noso famoso festival de panxoliñas.

Como queremos facelo moi ben estamos a preparar anosa cantiga con moito interese. Será un pouco complicado porque ademáis de cantar teremos que acompañalo coa nova linguaxe que estamos a coñecer, a linguaxe de signos.

A profe Alejandra é toda unha experta nesta linguaxe por iso adícanos uns pequenos minutiños á semana para ensaiar con ela e así aprender rapidamente todos os signos que empregaremos.

Se queredes aprendela connosco na casa, anímate!!! Alejandra preparou este sinxelo vídeo para que pouco a pouco os peques tamén ensaien a panxoliña coas familias antes de ir para a cama.

DÓNDE ESTÁ LA ESCOBA DE LA BRUJA “PIRUJA”?

Para rematar estes días de medos, sustos, mostros,… eiquí vos dixamos un bonita canción que aprendemos estes días na escola: “Dónde está la escoba de la bruja “Piruja”?.

Hicimos este pequeño vídeo para que así todos en casa podais cantar con vuestros peques una de las cancioncillas más divertidas del samaín.

CHOCOLATA, UN DOS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Eiquí vos deixamos un dos nosos contos preferidos, “Chocolata”.

O conto de OQO trata dunha simpática hipopótama que quixo viaxar á cidade para ir darse un baño a unha nova casa de baños da vila pero cando estivo alí…… Eiquí vos deixamos unha sinxela presentación do conto e a súa pegadiza canción.

FICHAS: “OS ESTADOS DA AUGA NOS DIFERENTES CONTORNOS”

Durante o 2º trimestre do curso os nenos e nenas do 5º de educación infantil estiveron traballando arredor da auga doce, o ciclo da auga, e os diferentes estados nos que a podemos atopar no contorno.

Ahí vos deixamos uns exemplos de todo o que traballamos nese trimestre en forma de fichas.

NOVA BITÁCORA AMIGA: MUSICAS CATIVAS

No cole de Reboreda encántannos os contos e tamén a música. Moitos dos contos que contamos teñen canción porque temos un profe de música amigo que sempre se presta a musicarnos os contos. Levabamos moito tempo pedíndolle que publicase todo o que fai e, por fin, temos ao noso dispor o seu blogue: MUSICAS CATIVAS, un espazo para soñar, disfrutar e aprender cheo de contos e cancións.

Ademais, teñen un apartado que leva ao blog musicaagochada no que tamén participa a profe Isa do noso cole, e onde hai actividades chulísimas feitas ao longo do ano.

Noraboa polo blog, profe e grazas por compartir.

 

NOVOS RECURSOS NA BARRA LATERAL

Dende fai uns días, están aparecendo elementos novos na barra lateral dereita para que poidades disfrutar aínda máis do noso blog. Por unha banda tedes unha neveira na que podedes escribir. So tedes que darlle a onde pon clear e subir as letras que están na parte de abaixo para poñer as vosas mensaxes.

Tamén podedes entrar no enlace ao facebook de Agrupacións Escolares para votar aos debuxos que máis nos gusten. Lembrade que tedes que facer unha solicitude coma amigos, moitos de vos xa estades connosco, e os que faltades, ánimo e a votar.

Finalmente, tamén vos convidamos a coñecer uwalltv, unha páxina onde podedes ver o vídeo ou escoitar a música do voso cantante favorito. Cando entrades hai un mural enorme cheo de cantantes, buscade o que máis vos gusta e atoparedes unha lista con todos os seus éxitos, seleccionade o que queirades e a disfrutar da música.

Esperamos que vos gusten e, coma sempre, seguiremos buscando enlaces que nos parezan interesantes para poder compartir con todos vos.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.