A ARAÑA DOS COCORICOS

¡Ola familias! Desde o outono Os Cocoricos estivemos moi implicados na elaboración da nosa araña, foron moitas horas de traballo e adicación; pintando, modelando, pegando e ,por suposto, xogando. Pero o traballo valeu a pena, xa que nos quedaron unhas arañas moi terroríficas á par de simpáticas. Esperamos que pasarades moito medo ao velas, xa que nos divertimos moito practicándoo na aula.
Neste video podedes ver unha pequena mostra dos pasos que seguimos para a súa elaboración, esperamos que o desfrutedes moito.
Un bico grande.

ANIVERSARIOS TERRORÍFICOS EN OUTUBRO

Coma todos os meses celebramos a chegada do fin de mes coa festa dos aniversarios. Nesta ocasión foi unha festa moi terrorífica xa que aproveitamos para celebrar tamén o “Samaín”.

Nesta ocasión preparamos unha receita moi, moi “asquerosa”. Tomamos “Vómito apestoso”, feito con natillas de chocolate, galletas oreas e gominolas de dedos de bruxa, vermes, esqueletes,… A verdade é que……… estaba moi boa, jajajajajaja.

OS SÍNEFOS
AQUÍ TENDES AOS PRIMEIROS SÍNEFOS QUE CUMPREN ANOS ESTE CURSO

OS WATERS

XA TEMOS O VÍDEO DOS ANIVERSARIOS DO MES DE OUTUBRO, A HOMENAXEADA FOI A NOS WATER MARÍA. MIRADE QUE BEN RODEADA ESTIVO. SAÚDOS.

OS COCORICOS

Nesta vez os aniversarios cadraron nunha data moi significativa, O Samaín, polo que tivemos uns festexos bastante terroríficos á par que saborosos. ¡Desexamos que vos gusten! Moitas felicidades a todos os nen@s e dun xeito especial aos Cocoricos Diego de Jesús e Daniella.

¡Un saúdo!

OS EXPLORADORES

Ahí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron os Exploradores, nesta festa dos sustos e dos medos.

CHULAS DE CABAZAS

Dando por rematado o tempo de samaín, na clase dos exploradores poidemos degustar unhas ricas chulas de cabazas que unha experta cociñeira fixo para estes peques tan larpeiros. Fixo tantas e tantas…… que repetimos varias veces e ninguén deixou de probalas.

Mmmmmmmmm, que ricas estaban!!! Seguro que tamén vos queríades probalas, jajajajajaja, pero ao final non deixaron nin migalla.

DÓNDE ESTÁ LA ESCOBA DE LA BRUJA “PIRUJA”?

Para rematar estes días de medos, sustos, mostros,… eiquí vos dixamos un bonita canción que aprendemos estes días na escola: “Dónde está la escoba de la bruja “Piruja”?.

Hicimos este pequeño vídeo para que así todos en casa podais cantar con vuestros peques una de las cancioncillas más divertidas del samaín.

ABRACADABRA, PATA DE CABRA

Traballando estes días o samaín, tentamos facer bruxas malvadas que tiñan un nariz retorcido, cheo de verrugas, moitas enrrugas, dentes moi lixos,… Así foi o resultado final e as malvadas bruxas dos exploradores.

DÍAS DE SAMAÍN NO COLE DE REBOREDA

Coa chegada do outono e a finalización do mes de outubro no cole de Reboreda comezan a ocurrir un milleiro de cousas moi misteriosas, será o “Samaín”???

Pois os exploradores non quixeron pasar esta celebración por alto e estiveron traballando todos estes días redor desta festa tan antiga.

Mirade cantas cousiñas prepararon estes días e que ben o pasaron sen chisca de medo. Uuuuuuuuuuuuhhhh!!!

O SAMAÍN DOS COCORICOS

¡Ola familias! Como podedes ver Os Cocoricos tamén desfrutaron moito das actividades que levamos a cabo para celebrar o día do Samaín. Esperamos que vos gusten e aínda que son algo terroríficas, ¡non teñades medo!
¡Un saúdo!

PREPARADOS PARA UN XOGO TERRORÍFICO?

A nosa amiga Belén Junquera ten no seu blog este simpático xogo onde podedes deseñar cabazas moi chulas. Hai moitas letras en inglés pero é fácil, escolledes o modelo de cabaza que queredes, o instrumento co que ides facer o vaciado e… MELLOR VELO. Clicade e terroríficos xogos!!!

RECURSOS PARA O SAMAIN

Matilda, a mascota da biblioteca do CEIP OUTEIRO DAS PENAS, creou este site cheo de recursos para traballar o samain. Hai de todo, xogos, cancións, información… Aquí volo deixo, clicade na imaxe e a traballar. Grazas aos profes que comparten o seu traballo, colaborando entre todos enriquecémonos e melloramos a nosa práctica.

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Hoxe os peques de Reboreda celebramos os aniversarios de outubro, como coincidía coa festa do Samín aproveitamos para facer un menú terrorífico. Preparamos unhas deliciosas arañas con galletas oreo e regalices. Os nen@s pasáronno moi ben facendo as súas arañas e déronse u bo banquete.

Os exploradores tamén o pasaron de medo, mirade como gozaron…

Aniversarios de outubro dos Sínefos

Neste mes de outubro tres Sínefos estivemos de celebración, Mónica, Braulio e Carlos como podedes ver están moi fermosos coas súas coroas.

ANIVERSARIO MES DE OUTUBRO

Neste mes de Outubro, na clase dos Waters, estivo de cumpleanos María, polo que ahí vos deixamos o vídeo para que vexades o ben que os pasamos entre nós, cos Exploradores, cos Vincis e cos Sínefos… Anímadevos a deixarnos comentarios no blog xa que nos encanta ver se entrastes e coñecer as vosas impresións de tódalas cousas que facemos no cole, ¿dacordo? Saúdos dos Waters…

VÍDEO INTERACTIVO DO SAMAÍN-HALLOWEEN

Os papis e mamis tamén son todos uns expertos navegando e buscando cousiñas pola internet. Mirade que vídeo interactivo , sobre o samaín-halloween, atoparon pola rede. Espero que debuxe un bonito sorriso das vosas lindas caras ou un terrorífico berro da vosa garganta, jajajajaja.

Clicade na imaxe para ver o vídeo

FESTA DO SAMAIN

O manantial de 4ºA estivo con nos neste día tan festivo para axudarnos a pasar unha boa festa. Foron uns monitores xeniais e axudáronnos a facer máscaras, a decorar globos, a maquillarnos e a preparar caramelos terroríficos. Despois fixéronnos unha obriña de teatro sobre o samaín e, así entre talleres e teatro celebramos o noso particular samain.

Pasámolo estupendamente. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS NENOS DE 4º E A SÚA PROFE LUISA.

Así traballaron nos talleres os exploradores

ESQUELETES BAILARÍNS

Alguén me pode axudar?

Sabedes onde están os meus exploradores???

Coa chegada do Samaín non sei o que está a ocurrir pero…… despareceron os meus queridos exploradores e a clase enchéuseme duns terroríficos e danzantes esqueletes, que bailan sen parar dende o alba ata o anoitecer, UUUUUUUUUhhhhhhh!!! Que medo!!!

CABAZAS MORCEGO

Todos os anos os nenos traen cabazas por estas datas pero como os Vincis xa as abrimos, xa as comemos en chulas, cheirámolas, puxémoslles candeas… Este ano quixemos facer algo distinto, así que sacamos os pinceis e convertimos unha cabaza rugosa nun terrorífico morcego.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.