VISITA AO VERBUM

¡Ola! Os Cocoricos voltamos a facer unha pequena saída, esta vez fomos visitar O Museo da Palabra (VERBUM) xunto cos nos@s amig@s Os Waters. Foi unha saída un pouco mollada, posto que a chuvia nos acompañou durante todo o traxecto, tanto na ida coma na volta, pero aínda así pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.
Foi no Museo onde recoñecemos distintas maneiras de comunicarnos, como os xestos, a música … ou mesmo as palabras, ao igual que a importancia dos cinco sentidos (a vista, o olfacto, o oído, o tacto e o gusto) para percibir a información de todo o que nos rodea.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da visita para que o poidades desfrutar. ¡Unha aperta!

OS COCORICOS NO ZOO DE VIGO

Ola familias! Os Cocoricos e os Waters fomos de excursión ao Zoo de Vigo, xunto cos nosos amig@s da Escola de Casalonga (Teo), unha saída programada en conxunto e dentro do Proxecto de Agrupacións Escolares (ARCE). Foi un día para lembrar, pois estivemos moi ben acompañad@s por Luisa, a profe Loli, a profe Aida e o profe Esteban. Coñecemos moitos animais e poidemos desfrutar de fermosos momentos. Estamos a falar de animais moi coñecidos por nós comos os leóns, os trigres, os osos polares, as tartarugas, os tan temidos lobos… e de outros non tan coñecidos como os orix, o tejú, os muflóns, etc.
¡Esperamos que desfrutedes como o fixemos nós! ¡Unha aperta!

OS PEQUES BAIXAN A REDONDELA PARA FACER UN ENVÍO POSTAL

Os peques de Reboreda prepararon con moito entusiasmo uns paquetes moi especiais, cheos de libros, cds de música, vídeos, etc. das tradicións de cada un dos recunchos de España que participan con nós no proxecto ARCE de todas as agrupacións escolares.

Nos levabamos todo un trimestre traballando cos libros da maleta viaxeira que chegou ata o noso cole dende o CRA de Teo, e agora terá que voltar a viaxar ata a ZER de Lleida, ZER Baridà-Batllia. Así que preparamos varios paquetes e baixamos andando ata Redondela para entregar en correos estes grandes e pesados paquetes. Foi toda unha aventura!!! E despois reposamos un pouco nun dos parques da vila para merendar e xogar un anaquiño antes de regresar camiñando de novo ata a escola.

Menuda camiñata!!!

OS COCORICOS VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O mércores pasado Os Cocoricos, xunto aos nos@s amig@s de Infantil, realizamos a nosa primeira saída do curso. Foi un día moi especial, estabamos moi emocionados e preparados. Visitamos o Salón do Libro de Pontevedra, que este ano está adicado á superstición.
Ao chegar recibiunos un lobo, a mascota do Salón, que se comportou moi ben con nós, aínda que non lle tiñamos moita confianza. Durante a nosa visita vimos as bágoas de San Lourenzo, contamos os pétalos dunha flor, buscamos o trébol de tres follas, lemos contos, coñecemos o home do saco e descubrimos o que espanta aos vampiros, o allo.
Ao remate da visita apareceu O Lobo, que sen querer meteunos moito medo, algúns dos Cocoricos asustámonos moito. Pero ao ver que el estaba igual de asustado e triste, fomos agarimalo para que non se preocupase.
Saímos do Salón cun novo amigo, O Lobo.
A nosa excursión rematou merendando e xogando nun parque próximo, onde desfrutamos dun día verdadeiramente completo. Desexámos que vos guste!

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Este ano poidemos achegarnos unha vez máis ao famoso salón do libro de Pontevedra, onde os libros, os contos e vellas tradicións galegas enchían cada unha das salas do salón. Nesta ocasión estaba adicado as supersticións, xa que era o seu 12+1 vez que se leva facendo. Poidemos descubrir montóns de supersticións galegas que poden ser certas ou non. Tamén poidemos contemplar e manipular unha chea de libros e traballos feitos polos nenos e nenas das escolas de Pontevedra. Atopamos cousas incribles e preciosas!!!

Pero non todo foron supersticións e maldicións, tamén tivemos tempo para merendar e xogar nun tranquilo e precioso parque das beiras do Lérez, pretiño á illa das esculturas, onde deixámosnos levar pola imaxinación para ser piratas, indios, tarzáns,… Ahí vai un pequeno resumo de todas as nosas vivenzas nun día cheo de emocións.

DE VISITA POLO VERBUM DA MAN DOS EXPLORADORES E DOS SÍNEFOS

Cada día estou máis orgullosa destes peques, son todo un exemplo para moitos maiores, estiveron super atentos e con gañas de traballar e de aprender miles de cousas da man de Sonia e de Susana pola “Casa das palabras” dun xeito maxistral.

No obradoiro, completaron “a man dos sentidos” a través de diferentes xogos sensitivos, nos que tivemos que comunicarnos sen falar, empregando ás veces os xestos, outras veces ler sen utilizar os ollos e utilizar soamente as mans, elexir entre doce e salgado levantando as paletas bicolores dos sabores cando xogamos co gusto,… Logo fomos con Susana e amosounos novas formas de comunicarnos e utilizar o sentidos para dar a coñecer a todos e a todas o que sentimos, o que desexamos, o que nos gusta, o que nos entristece ou sorprende. A verdade que o tempo pasou tan rápido que case non nos demos tempo de que xa nos tiñamos que ir. Pero antes de rematar, como fomos tan bos poidemos escoitar e participar nun conto con pictogramas e logo escoitar un conto moi coñecido nun teatro de guiñol moi especial.

Mirade que maiores xa son estes peques!!!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación customized with Smilebox

VISITA A GRANXA ESCOLA FERVENZA DO TOXA

Este luns, os Vincis, non foron a Indiana Bill, pero non quedaron tristes porque tiñamos outra visita programada dentro do proxecto Agrupacións Escolares, fomos a unha granxa escola.
O viaxe foi longo pero valeu a pena, cando chegamos había unha chea de monitores esperando por nos. Déronnos auga e a algo de comer e logo comezamos a nosa expedición.
Primeiro fomos a un muíño, a monitora alucinou porque sabiamos unha chea de cousas. Despois fixemos un percorrido polo río recollendo follas e aprendendo que é un sabugueiro, un amieiro, un carballo… e que utilidades lle dan ao río. Tamén que animais viven alí e porque.
Tanta visita deunos unha fame negra e comemos todo o spaguetti e croquetas que nos puseron. Despois de comer foi  tempo de xogar.
A tarde foi igual ou máis interesante que a mañá. Primeiro aprendemos moitísimas cousas sobre as charcas e vimos unha chea de animaliños que están alí aínda que a simple vista non se vexan.
Despois vimos un ciclo da auga caseiro e, antes de marchar, fixemos un taller coas follas que recollemos pola mañá.
En fin, xa vedes que non tivemos tempo de aburrirnos.
As monitoras quedaron encantadas co bo comportamento dos nen@s e con todo o que sabían. Acostumados a recibir a coles déronnos a noraboa por ter uns grupos tan bos. Así que, unha vez, ole polos Vincis e polo Manantial de 4º A porque da gusto ir con eles a calquera lugar.

Algúns Vincis crian que iamos ir a Fervenza pero non está moi accesible para ir en grupo, iso si, agora que ven o verán podedes achegarvos un día a Bandeira, en Silleda e disfrutar coas vistas da fervenza máis alta de Galicia.

RISAS E DIVERSIÓN EN INDIANA BILL

Onte os exploradores, os waters e os sínefos, como saída fin de curso, foron a Indiana Bill en Ramallosa e pasáronno xenial. Alí poideron gozar coas grandes piscinas de bólas, cos tobogáns, cos tuneis, pontes, bólas colgantes,… E despois de levar xa un bo anaco xogando tiveron que repoñer forzas tomando un gran bocata e un gran vaso de auga. Despois voltaron aos xogos e acabaron todos pingando como se de verdade caíran nunha piscina chea de auga. Que ben o pasaron estes peques!!!

Atentos aos vídeos porque as súas cariñas son o reflexo da felicidade.

OS VINCIS VISITAN O BARCO “NEW POLAR” EN PESCANOVA

Os Vincis esta semana tiveron unha saída moi especial, grazas a nai de Lucas C., viron de preto un barco enorme chamado “New Polar”, que estaba estes días en Pescanova. Foi una visita fantástica!!!!

Os Vincis estaban abraiados do grande que era, por fóra e por dentro. O que máis lles gustou foi vestirse como uns verdadeiros mariñeiros ou sentarse na cadeira do capitán. Alí, tamén, poideron ver e descubrir un montón de cousas moi mariñeiras grazas as explicacións dos encargados da visita.

Cando rematou a visita recibiron uns bonitos agasallos de recordo dunha visita tan espectacular.

VISITA AO ACUARIO DA CORUÑA

Dende que os peques de Reboreda souberon que ían ir ao acuario da Coruña xa non descansaban, estaban super emocionados porque estarían fóra de casa todo o día e non lles daba chegado o día pero……… por fin chegou!!!

Cando chegamos ao acuario xa nos estaban esperando os peques do CRA de Teo. Como erabamos tantos tiveron que dividirnos en grupos de 40 nen@s guiados por unhas expertas monitoras. Visitamos o submarino Nautilus e viaxamos nel polo fondo do mar observando con moita atención a todos os peixes que alí vivían, coñecemos a un temible tiburón chamado Gastóne a súa noiva. Coñecemos a un peixes que aplastados que se camuflaban coa area e se chamaban rodaballos. Tamén saímos ao exterior do acuario para ver as piscinas onde vivían as focas femias cos seus bebés e a piscina das focas machos, ata poidemos ver como comían.

E despois de tanto nadar polos fondos mariños fomos comer cos nosos amigos no parque de Culleredo para recueprar os folgos e logo compartimos unha morea de xogos. Pero….. tiñamos que regresar, xa que todavía nos quedaba unha longa viaxe en bus, así que nos despedimos dos nosos novos amigos e voltamos a casiña pero claro despois dun día tan longo e tan cheo de emocións algúns dos meus exploradores decidiron botar unha cabezadiña antes de chegar a Redondela.

Ahí vos deixo algunhas imaxes dese día polas terras coruñesas….

Tamén vos deixamos o vídeo que fixemos dentro do Nautilus, non se esscoita moi ben porque no momento que estabamos nós con Raquel (a nosa monitora) chegaron nen@s doutros coles e facían un pouquiño de balbordo e non nós deixaban escoitar moi ben o que explicaba a nosa monitora.

OS VINCIS

 

Non teño moito máis que engadir ao que xa comentou a profe Rosa, so que o pasamos todos xenial e eles, coma sempre portáronse xenial. Ata as monitoras do Acuario nos deron a noraboa, non so polo comportamento, que foi espectacular, senón pola implicación e por todo o que sabían da auga. Da gusto ir con eles a calquera parte. E, ter proxectos como Agrupacións Escolares que nos permiten mover aos nen@s e levalos a coñecer mellor o seu entorno da ganas de seguir buscando novas propostas que melloren a formación dos nosos peques, porque aprenderon máis no acuario que en clases e clases sobre a vida mariña. Grazas as familias por confiar en nos e por deixar que case todo o noso alumnado disfrutase desta saída.

E así de ben o pasaron os sínefos

VICENTE, EL PIRATA VALIENTE

Onte amosámosvos o ben que o pasaron os peques de Reboreda polas rúas de Pontevedra: no teatro, na alameda, no parque das Palmeiras.

Agora deixámosvos eiquí o vídeo da obra de teatro tan chula que poidemos admirar. Era un teatro diferente e máxico, era un teatro de luz negra, con música e cancións moi pegadizas que á segunda volta todos os peques cantaban co personaxe da historia, Vicente, un pirata moi valiente e moi argalleiro que quería viaxar ata o fondo do mar. Alí atopuse cun mundo cheo de sorpresas, coma: peixes de cores, grande se pequenos, polbos, calamares, golfiños, cabaliños de mar,… e ata aprendemos que os peixes grandes comen aos peixiños pequenos. Pero se queredes saber como remata a historia, teredes que ver o vídeo dende o principio ata o final, jajajaja.

COMO PODREIS VER EN EL VIDEO LOS SÍNEFOS LO PASAMOS MUY BIEN EN PONTEVEDRA Y NOS ENCANTÓ LA INTERPRESTACIÓN DE VICENTE EL PIRATA VALIENTE, CONSEGUIDA CON LA TÉCNICA DE TEATRO NEGRO Y LUZ ULTRAVIOLETA.

A FERVENZA VISTA POLOS EXPLORADORES

Despois da nosa visita á fervenza de Reboreda, os exploradores quixeron reflexar a súa particular visión nuns sorprendentes debuxos. A fervenza e todo o paseo ata ela foron moi chamativos, os exploradores estaban tan abraiados co que alí se atoparon que así o reflexaron nos seus sinxelos debuxos.

Atoparon unha fervenza moi distinta a que eles viran nas fotografías. Non podían crer que eles, despois dun largo e complicado paseo entre herbas, regatos, pedras e demais, estaban alí, diante dela observando a súa caída, escoitando os sons da súa auga e as divertidas historias que lles contaban os papis e mamis de cando eles eran pequenos e xogaban nas súas augas.

Agora todas aquelas historias quedaban moi lonxanas xa que os accesos eran moi complicados, o lixo decoraba as beiras da poza, e case xa non quedaban pegadas dos recordos dos nosos papis e mamis. Pero a pesar de todo iso merecía e mereceu a pena pasar un ratiño alí diante dela deixando voar a nosa pequena imaxinación.

Ahí vos deixamos a imaxes e recordos que os meus pequenos exploradores teñen agora da fervenza…

CHEGOU O DÍA: VISITAMOS A FERVENZA DE REBOREDA

OS WATERS

O xoves pasado vivimos unha experiencia moi grata que levábamos moito tempo agardando. Despois de moito falar na aula da fervenza de Reboreda, por fin fomos coñecela. Non moi un camiño doado xa que os accesos son complicados a nada acondicionados, pero grazas ós pais e nais dos nenos conseguimos chegar e disfrutar dunha das paisaxes máis fermosas de Reboreda.
Ahí vos queda un anaco da experiencia vivida. Saúdos.

OS VINCIS

Despois de tantos meses de traballo e aproveitando que esta semana celebramos o DÍA MUNDIAL DA AUGA, hoxe fomos a fervenza. Ás 10.30 puxemos a hora de saída e levamos unha maravillosa sorpresa cando vimos a cantidade de familias que acudiron ao cole para acompañarnos. Estaban os pais, as mamás, tías e ata as avoas. Quedamos tod@s contentísimos de ter tantos acompañantes.

 Puxemos rumbo a fervenza e fomos aproveitando para ver o río e os muiños que hai polo camiño.

Entramos polas obras do AVE porque era o camiño máis directo e sinxelo para os peques, pero,  aínda así tivemos que sortear ferros, charcos, terraplens, pasar por unha herba case máis alta ca nos… Este paseo sería imposible se as familias non se coordinasen e nos axudaran a subir os nen@s nos desniveis, abriran paso indo diante e tumbando as herbas, marcaran os charcos poñéndose diante e crearan un muro no borde na fervenza para evitar sustos.

Os Vincis quedaron moi preocupados porque aínda non limparon o camiño, porque non poden bañarse coma os seus papás, porque había basura a beira da fervenza e pouco sitio para xogar. Están desexando escribir e mandar as fotos a todas partes para poder poñer remedio.

Lucía estaba preocupada porque cando debuxamos a fervenza so fixeron un salto de auga e na fervenza había tres, dous grandes e un pequeno, tampouco debuxaron o río nin as pedras. Para solucionar isto mañá imos volver debuxar a fervenza.

Coma sempre seguide atentos porque seguiremos na nosa particular loita. Alguén poderá pensar que isto non nos vai levar a ningunha parte pero a estas alturas coa conciencia medioambiental que teñen os nosos peques, a súa valoración da importancia de conservar o medio próximo, o coidado co que escriben as cartas e os mails, a súa aprendizaxe da procura de máis información e o seu poder de implicar as familias, eu creo que a fervenza ten sido un dos mellores contidos educativos destes últimos tres anos xuntos.

UNHA VEZ MÁIS GRAZAS A TODOS POR ESTAR A NOSA BEIRA, POLA VOSA IMPLICACIÓN E POR VOLVER FÁCIL O DIFÍCIL.

OS EXPLORADORES

Os exploradores tamén gozaron do lindo. Xa polo de camiño á fervenza ían explorando novos territorios en busca de información, atopando regatos, saltos de auga, muíños, muíños de vento para sacar auga,…

Pero… o que máis lles gustou foi camiñar entre a herba, estaba tan alta que case non se lles veía. Eles ían todos preparados coas botas de auga porque xa sabían o que poderían atopar nun lugar tan pouco coidado, quedaron abraiados co estado da fervenza, xa a viran en fotos pero non era o mesmo que estar alí tan pretiño. Ata as familias estaban sorprendidas do deterioro tan grande da súa querida fervenza.

Pouco a pouco comezaron a contarlles aos cativ@s todas as súas aventuras de mocidade, como por exemplo, cando se ían a bañar a fervenza e se tiraban dunha pedra facendo que era un trampolín, onde aprenderon a nadar sen flotador, había algún que fora tan traveso que perdera algún dente nalgunha daquelas rochas. Eles tampouco podían imaxinar que ninguén se preocupara todos estes anos de tan fermoso lugar e deixase que a maleza e o lixo se apoderara dela.

Así foi de divertida a visita dos exploradores…

O XOVES PASADO OS SÍNEFOS TAMÉN DISFRUTAMOS DA SAÍDA Á FERVENZA DO RÍO ALVEDOSA, AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA

O SALÓN DO LIBRO

A semana pasada fomos de visita ao salón do libro de Pontevedra a ver a obra Paco Trolas. Foi unha visita sorprendente porque contánronos o conto acompañados por un quinteto de jazz. A contadora converteu un sombreiro de copa nun rato e cun bastón fíxolle o rabo. Foi moi interesante e a historia gustounos moito.

Aquí vos deixamos un fragmento do conto que escoitamos deste quinteto tan xenial…

E para que coñezades o conto da editora OQO, aquí vos deixamos un sinxela presentación.

Merendamos a pé do río e logo paseamos pola Illa das Esculturas.

Aprendemos unha chea de cousas e vimos cheos de experiencias.

O día que visitamos o salón do libro aproveitamos para coñecer un pouquiño máis a cidade do río Lérez, Pontevedra.

Paseamos polas súas beiras e descubrimos moitas cousas interesantes, como: pontes peonils de metal, a illa das esculturas, unha fervenza artificial na outra banda do río, respiramos un aire moi fresco dos eucaliptos e … ata atopamos unha fermosa praia fluvial.

Ahí vos deixamos algúns retazos deses momentos…

PACO TROLAS

Mañá imos ao Salón do Libro de Pontevedra. Este salón que se atopa na súa edición número XII está cheo de actividades para os nen@s, actividades onde se busca achegar de xeito lúdico á lectura. Este ano está adicado aos contos que falan da mentira. Aquí vos deixamos o enlace a súa páxina de actividades, tedes tempo ata o 19 de marzo, así que mirade ben porque é unha alternativa de ocio moi boa. Ten lugar no pazo da cultura de Pontevedra e, ademais, podedes aproveitar para ver a exposición que fan os coles de Pontevedra sobre a temática deste ano. De seguro que vos vai sorprender.

Nos imos ver o conto Paco Trolas, de OQO Editora. Conto ten unha posta en escea moi especial, como podiamos ler estes días en A voz de Galicia:

Paco Trolas es un ratón que percibe la realidad como un juego fantástico y que protagoniza un álbum de Roberto Aliga editado por el sello pontevrdrés OQO. Su historia será narrada por Andrea Bayer, mientras se proyectan ilustraciones de Simona Mulazzani y los músicos del Seminario Permante de Jazz pondrán el acompañamiento melódico. De esta forma, el cuento original se transformará con la mezcla de lenguaje visual y sonoro en un concierto didáctico.

Se clicades na portada do conto podedes ir a páxina de Oqo Editora onde podedes ver un resume do conto que traballamos hoxe na aula para ir preparados a actividade. Xa vos contaremos mañá como nos foi a cousa.

Previous Older Entries

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.