PREPARATIVOS E PRIMEIROS ENSAIOS DA NOSA GRAN OBRA TEATRAL

As familias dos exploradores quixeron darnos unha gran sorpresa cun divertido conto, chamado: “A galiña que quería voar”

Polo que nos pediron axuda para acompañalos nese día no seu gran debut artístico. Os exploradores estaban moi emocionados porque levaban días preparando as máscaras, a máquina para voar, as entradas para ir ver a obra teatral, invitar a todos os compañeiros do ciclo, profes,… Utilizaron diferentes recursos e materiais de refugallo e tentaron traballar de forma cooperativa na elaboración das entradas. Tamén durante varios días ensaiaron coas familias para que resultado final fose marabilloso.

Queredes ver todo o proceso de preparación??? Pois ahí vos deixamos un pequeno adianto.

ALEX, UN CONTACONTOS MOI FEROZ

Pouco a pouco van pasando pola clase dos exploradores e do resto dos peques de Reboreda uns contacontos moi especiais. Nesta ocasión Alex agasalóunos cun conto moi chulo, “O oso e a espada”. Gustóulles tanto aos peques que Alex estaba encantado ensinándolles as ilustracións, explicando as súas dúbidas e para comprobar se estiveran atentos ao final fíxolles moitas preguntas pero estes pequenos espectadores non perderan detalles.

Mirade que bonita foi esta sesión de contacontos…

CONTO DOS TRES PORQUIÑOS INSTRUMENTADO

A profe Isabel, leva varias sesións liada cos compañeir@s de 4º preparando un coñecido conto cuns instrumentos moi particulares. Os peques tivemos que escoitar o conto dun xeito singular, tiñamos que estar de espaldas aos músicos e caladiños para escoitar atentamente todos os sons que aparecían para descubrir, como dunha adiviña se tratase, cal era o conto que os amig@s de 4º acababan de representar.

Unha vez rematada a instrumentalización rapidamente os peques adiviñaron o conto. Tratábase do conto: “Os tres porquiños”. Explicaron como o adiviñaron e logo pedíronlle aos músicos que nos explicasen como facían cada un dos sons que aparecían no conto, como facían os porquiños, como soaba o lume, ou o vento, ou mesmo a auga fervendo na cheminea. Pasámolo xenial!!!

Ahí vos deixamos algúns deses bonitos momentos.

AS MAMÁS DOS SÍNEFOS ANÍMANSE A CONTAR CONTOS

LULA, A MAMÁ DE GABI; E RO, UNHA COMPAÑEIRA FORON AS PRIMEIRA EN ANIMARSE A CONTARNOS UN CONTO. MOITAS GRACIAS.

CON ELAS DISTRUTAMOS DUNHA NOVA HISTORIA,  ACLARÁRONOS UNHA CHEA DE VOLABURARIO, SOBRE TODO  RELACIONADO COA ORNITOLOXÍA, E COMEZARÓN A COA SÚA INTERPRETACIÓN E NÓS  FIXEMOS VOAR A NOSA INAXIMACIÓN, E CUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS, CANDO NOS DECATAMOS XA REMATARAN. GUSTOUNOS MOITO E ESPERAMOS QUE VOLTEDES PRONTO.

ANTÍA, A NOSA CONTACONTOS MÁIS CREATIVA

Dende o Nadal, Antía leva preparando un dos seus contos favoritos, “O apalpador e a castaña máxica”. E chegou o momento de contarllo a uns espectadores moi especiais, os seus compis………… “Os Exploradores”.

Antía soe ser moi tímida cando ten que falar en público pero nesta ocasión deixou a vergoña gardada nun caixón e mirade que ben o fixo.

VISITA SEMANAL POLO RECANTO DE MARGARIDA

Como todas as semanas, os venres ímos visitar a Margarida no seu recunchiño, a biblioteca da escola, alí buscamos, en silencio, o libro que leremos durante a fin de semana con papi e mami, mentras esperamos podemos ler un chisquiño e ao final se algún quere pode contarnos un conto. Nesta ocasión Lucía C.A. quixo agasallarnos co conto: “A ratiña presumida”, ao principio tiña moita vergoña pero pouquiño a pouco foi subindo a voz e rematou facéndoo moi, moi ben!!!

Da gusto velos traballar así e que maiores e responsables son. Noraboa meus pillabáns!!!

VICENTE, EL PIRATA VALIENTE

Onte amosámosvos o ben que o pasaron os peques de Reboreda polas rúas de Pontevedra: no teatro, na alameda, no parque das Palmeiras.

Agora deixámosvos eiquí o vídeo da obra de teatro tan chula que poidemos admirar. Era un teatro diferente e máxico, era un teatro de luz negra, con música e cancións moi pegadizas que á segunda volta todos os peques cantaban co personaxe da historia, Vicente, un pirata moi valiente e moi argalleiro que quería viaxar ata o fondo do mar. Alí atopuse cun mundo cheo de sorpresas, coma: peixes de cores, grande se pequenos, polbos, calamares, golfiños, cabaliños de mar,… e ata aprendemos que os peixes grandes comen aos peixiños pequenos. Pero se queredes saber como remata a historia, teredes que ver o vídeo dende o principio ata o final, jajajaja.

COMO PODREIS VER EN EL VIDEO LOS SÍNEFOS LO PASAMOS MUY BIEN EN PONTEVEDRA Y NOS ENCANTÓ LA INTERPRESTACIÓN DE VICENTE EL PIRATA VALIENTE, CONSEGUIDA CON LA TÉCNICA DE TEATRO NEGRO Y LUZ ULTRAVIOLETA.

UN CONTO ESPECIAL

Onte, os peques de Reboreda tiveron unha oportunidade moi especial, recibiron a visita de Camilo un contacontos diferente, era sordo e empregaba a linguaxe de signos para comunicarse con nós.

Ao principio todos os peques estaban abraiados pero rapidamente foron capaces de seguir o conto con só prestar atención ás mans de Camilo, aínda que cando respostaban esquecíanse de falarlle e miraban cara atrás para darlle as respostas ás intérpretes das súas palabras.

Contóunos dúas lindas historias e logo ao rematar ensinóunos a dicir algunhas sinxelas palabras, como: papá, mamá, árbore, comer, durmir, gato, can,… El tamén quedou moi abraiado ao ver que os nosos peques eran capaces de facelo moi ben e sen esquecerse de ningún dos sinais.

OS VINCIS E OS SINEFOS TAMÉN DISFRUTARON MOITO DESTE CONTO. MIRADE QUE CARIÑAS!!

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.