Archivos de la categoría ‘TRABALLOS’

O CARBALLO DAS CEN POLAS

15 Noviembre 2009

Este curso tócanos os de infantil facer algo representativo de Reboreda para participar con outros centros de Redondela na confección do calendario, o tema elexido foi ” O carballo das cen polas” , todo Infantil participa e cos traballos de tod@s @s cativ@s imos facer unha composición que nos represente.
O traballo foi laborioso por que tivemos que ir pouco a pouco, pegando cada un como quixo os diferentes anaquiños de papeis de cores e periodico e logo fixemos unha gran composición . Este é o resultado do traballo en equipo dos Sinefos e a súa visión acerca deste tema.

XOGAMOS AO BINGO

10 Noviembre 2009

Levamos varios días traballando os números e aprendendo a contar ata 100. Aínda que so temos catro anos facémolo fenomenal, e, para seguir practicando hoxe aprendemos a xogar ao bingo. Foi moi divertido e estivemos moi atentos marcando todos os números.  Xogamos por parellas porque 4 ollos ven mellor que dous.

Aínda que houbo quen cantou bingo, fixémolo tan ben que todos fomos gañadores.

OS LUNS CONTO

8 Noviembre 2009

Todos os luns traballamos co libro que levamos para casa o fin de semana. Buscamos así que os nen@s teñan gusto pola lectura, valoren e coiden os libros. Por suposto, isto non é posible sen a colaboración dos pais que tendes que contarlle o conto aos nen@s.

O luns temos que escribir o título do conto e facémolo sos, algún tentan escribir a súa maneira, outros copian o título aínda que é difícil porque moitas veces está escrito en minúsculas, outros piden axudan aos compañeiros pero todos acaban escribindo o título. Despois debuxan o conto e gardamos a nosa ficha de lectura. Este é un xeito de ter un rexistro dos libros que lemos e de non levalos a casa repetidos.

O TEATRILLO DOS SINEFOS

6 Noviembre 2009

O Xoves estrenamos na nosa clase o teatrillo, como é algo novo intentámos que sexa divertida a súa chegada, o mellor de todo foi ver as súas hipótesis sobre o que era ese armatoste que a profe puxo no medio da clase, este video vai íntegro tal cual, polo camiño entre coller a cámara e empezar a grabar perdéronse as mellores respostas, pero penso que vos podedes facer unha idea da maxia deste momento.

XOGANDO COS NOSOS NOMES

4 Noviembre 2009

ESTES DÍAS OS EXPLORADORES ESTÁN XOGANDO COS SEUS NOMES.

NUNHAS TARXETAS TEÑEN ESCRITOS OS SEUS NOMES E NOUTRAS APARECE A SÚA FOTOGRAFÍA. UNHAS VECES XOGAN A BUSCAR O SEU NOME ENTRE TODOS OS NOMES DOS SEUS COMPAÑEIROS, XOGAN A EMPARELLAR O NOME COA FOTORAFÍA, OUTRAS VECES DEBEN ADIVIÑAR DE QUEN É O NOME QUE AMOSA A PROFE OU OUTRO COMPAÑEIRO. 

E AÍNDA QUE TODO ISTO TODAVÍA É UN POUCO DIFÍCIL, NÓS PASÁMOLO MOI BEN TENTANDO DESCUBRIR DE QUEN É CADA NOME, ALGÚNS COMEZAN A UTILIZAR OS SEUS RECURSOS E AS SÚAS ESTRATEXIAS PARA RECORDAR CADA NOME, POR EXEMPLO: SABEMOS QUE OS NOMES MÁIS LONGOS SON OS DE LUCÍA C. A., E DE LUCÍA C. C. TAMÉN SABEMOS QUE O NOME DE SHEYLA COMEZA POR UNHA LETRA QUE É COMA UNHA SERPE, E MARA XA SABE QUE O SEU NOME É COMA UNHA MONTAÑA QUE SUBE E BAIXA. TAMÉN DESCUBRIMOS QUE NA CLASE HAI CATRO NOMEs QUE COMEZAN POR “L” (Lucas, Lucía C. A., Lucía C. C. e Lois), E TRES QUE COMEZAN POR “A” (Anxo, Antia e Antón).

 

O POMELO CHINO

4 Noviembre 2009

Fai unhas semanas unha das exploradoras trouxo ao cole unha froita moi rara que comen os chinos. Parecía como unha cabaza pero era máis branda. A súa mamá díxonos que era un pomelo, un pouco insípido pero moi codiciado polos chinos. Hoxe xuntámonos na clase dos exploradores e comezamos a investigar. Foi moi interesante e ilustratido.

OS ANIMAIS DO BRASIL

4 Noviembre 2009

Unha das primeiras cousas que os Sinefos quixeron saber do Brasil ,é qué animais hai alí, así que …coa axuda das familias estámos recopilando moita información e estes investigadores xa coñecen e identifican un montón de animais, e conste que o nome de algún é moi raro ehhh!!!!

O BRASIL DOS SINEFOS

4 Noviembre 2009

Neste curso traballamos a interculturalidade como xa sabedes, e os Sinefos estámos a investigar para coñecer un montón de cousas de Brasil, o primeiro que necesitábamos era un Brasil grande sobre o que poder traballar, así que …..mans a obra, preséntovos o Brasil destes pequenos grandes artistas.

CANCIÓN: CHIMPÚN

3 Noviembre 2009

SE AOS EXPLORADORES QUEREDES VER DANZAR ……………………………. NESTE VÍDEO TEREDES QUE PINCHAR!!!

Facendo puzzles

21 Octubre 2009

Os pequenos exploradores andan estes días moi ocupados xogando cos puzzles, coas bólas de ensartar, coas construccións, e cos xogos de costura para mellorar a súa psicomotricidade fina, a súa coordinación óculo-manual, a súa atención,… Este tipo de actividades son moi moitvantes e eles gozan realizándoas, xa que cada día atrévense a facer retos máis complicados. Mirade como buscan diferentes recursos para acadar os seus fins.

 


| View Show | Create Your Own