COÑECEMOS MELLOR AOS PIRATAS

Lembrades que o outro día falamos cos piratas. Pois se clicades na imaxe podedes ir ao seu blog e, ademais, no artigo podedes ver a videoconferencia dende o seu punto de vista.

Nos estamos a aprender moitas cousas dos chocos para contarllas aos piratas proximamente. É un gustazo compartir e aprender cos outros. Benvidos a nosa familia piratas.

VIDEOCONFERENCIA COS PIRATAS DE SALVATERRA

Ter un blog e correo electrónico fai que nos xurdan amigos de escolas inesperadas. Ao principio de curso comezamos a recibir correos duns nen@s de Salvaterra que se chaman os piratas. Falamos ao principio pero logo perdémoslles a pista.

Estes días a profe escribiunos de novo porque tivo un mal ano e nun puido continuar a relación pero gustaríalle que falaramos antes de rematar o curso, así que organizamos unha videoconferencia. Falamos cos nen@s, coñecemos a Doris, a súa tartaruga, que era un boneco, tamén as tartarugas de verdade que lles encantan, cantáronnos unha canción e presentáronse.

Nos tamén cantamos, ensinámoslles a fonte máxica e falamos un pouco con eles.

O vídeo é moi curto porque aguantar a videocámara, que agarren o micro e tentar gravar a un tempo é complicado, pero aquí tedes a parte final para que vos fagades unha idea.

PREPARANDO A SAÍDA A CASALONGA

Xa vos mostrei como foi o noso día en Casalonga, pero, antes de ir tivemos que facer unha chea de preparativos, pensar o día que queriamos ir, que nos facía falta, que iamos facer alí, por que iamos… Cando xa resolvemos todas esas preguntas decidimos facer unha videoconferencia cos Pingotas e, así o fixemos, sen planificación nin previo aviso, cando vimos que os Pingotas tiñan o skype preparado chamamos e así foron as cousas.

UNHA CHAMADA SORPRESA PARA LUCAS

Nesta ocasión, fomos nós, os exploradores, os que quixemos darlle unha sorpresa a Lucas.

O venres, despois de vir de visitar a Margarida na biblioteca, a profe decatouse de que Lucas tiña a súa sesión de skype aberta, polo que decidíu darlle unha bonita e inesperada sorpresa.

Mentras os exploradores estaban rematando de merendar, a profe foi chamando a aqueles que xa merendaran e querían falar con Lucas para compartir con él algúns minutiños e o resto dos exploradores seguían as conversas a través da pantalla xigante que temos na parede da clase. Falaron de todo o que se lles ocurría nese momento, dos curmáns pequenos, das mascotas, do que estaban a facer no cole, ata lle recordaron que ese día David cumplía xa 4 anos. Ao principio resultaba raro falar con Lucas deste xeito, a través dunha pantalla de ordenador. Falabamos rápido porque lle queríamos contar moitas cousas e claro como había algo de retardo non nos aclarábamos moito cos turnos de palabra pero aínda así fixémolo moi, moi….. ben.

Mirade que conversas tan divertidas…

UNHA CHAMADA SORPRESA

Hoxe os exploradores recibiron unha gran sorpresa, estabamos todos entretidos facendo as nosas tarefas e recollendo todo porque ía vir Mariví, a profe de inglés, cando de repente escoitamos un son moi raro que viña do ordenador, semellaba a unha chamada de teléfono, a profe foi rápidamente a ver que pasaba e quedou abraiada cando…… de repente…. apareceu Lucas no outro lado do ordenador dende a súa casa, podía falarnos e vernos nese mesmo momento.

Os exploradores quedaron tan sorprendidos que non sabían que dicir, a profe tampouco non sabía que facer, ata esqueceu coller a cámara, cando se deu conta xa levabamos un bo anaco falando co noso amigo. Foi un deses momentos máxicos que xurden dentro da nosa rutina diaria e que nunca esqueceremos.

Grazas Montse por facer con estes xestos tan bonitos que cada día gocemos máis vindo ao cole!!!!

Así foi esta divertida chamada…

RECIBIMOS UNHA CHAMADA

Dende o curso pasado o noso teléfono do ordenador non sonaba pero está mañá, susto cando nos preparabamos para a clase de relixión recibimos unha chamada. Fomos correndo a contestar e alí estaban os Pingotas, do Cra de Teo. A profe dos Pingotas é a nosa querida profe Susana. Foi algo improvisado e sen preparar pero estivo moi ben.
Disfrutade coa conversa dos Vincis cos Pingotas.

VIDEOCONFERENCIA DE LOS SINEFOS

Hoy por fin hemos podido retomar las videoconferencias, Raúl y Antía fueron los encargados de hablar durante un ratito con los niños y la profe de Rúa Palencia, la conexión no estaba muy bién y a ellos les faltaba la web cam por lo que nosotros no podíamos verles, aunque ellos a nosotros sí . Como fué una pequeña prueba no duró mucho , pero lo suficiente para que se suelten a hablar y quieran ser ellos los que les cuenten las cosas a los otros compañeros.
Tenemos pendiente comunicarnos con un montón de amigos nuevos que quieren conocernos y compartir experiencias con los Sinefos, así que poco a poco os los iremos presentando .

VIDEOCONFERENCIA CON RIANXO

O outro día publiquei un artigo sobre a videoconferencia coa escola de Outeiro pero o vídeo non era posible velo. Así que despois das modificacións oportunas aquí tedes a conversa dos Vincis cos nen@s de Outeiro.

FALAMOS DO TEMPO COS NEN@S DE OUTEIRO (RIANXO)

Despois de dúas semanas con intentos fallidos, por fin conseguimos facer unha videoconferencia cos nen@s da escola de Outeiro (Rianxo).
Os Vincis subimos á aula de informática co nosa folla de datos para completar. Cando conectamos cos nen@s de Outeiro, eles tamén tiñan a súa folla así que, pouco a pouco, fomos preguntando a información e completando datos.
Aos nen@s de Outeiro parecíalles que tardabamos moito en completar a folla pero claro, eles son pouquiños, e nos 25, cada un co seu ritmo, así que iamos máis devagar ca eles.
Despois na aula seguimos traballando, fixemos a gráfica comparativa do tempo no ordenador e despois na mesa revisamos os nosos datos para facer correpcións e escribimos quen tivo a maior cantidade de días de sol, de chuvia, nublados…
Así que xa vedes, “falar do tempo” e moitísimo máis importante do que parece.

VIDEOCONFERENCIA FRUSTADA

O venres os Vincis iamos falar cos nosos amigos da escola de Outeiro (Rianxo) para ver o tempo que fixera no seu cole e comparalo co tempo de Redondela pero, xa sabedes, o malo das novas tecnoloxías é que deixante tirado en calquera momento e non puidemos contactar. Subimos coas nosas fichas de datos preparadas, organizamos os turnos de intervención e as preguntas e… quedou todo en nada. O luns faremos un novo intento, pero, como xa estabamos na aula de informática, aproveitamos para xogar coas minúsculas e pasámolo moi ben.

PRIMEIRA VIDEOCONFERENCIA DOS SINEFOS

En Infantil temos moitos obxectivos a hora de traballar co noso alumnado , un dos que máis intentamos potenciar é que @s nos@s cativ@s sexan capaces de poder falar e expresarse ca maior soltura e riqueza de vocabulario posible, as TICs proporciónannos unha serie de ferramentas que fan posible que poidan interactuar e falar de xeito significativo con outras persoas, coñecidas ou como en este caso desconocidas para eles.
Recibimos a chamada dun amigo dos Exploradores, ” O Abuelo Oso”, os Sinefos aproveitaron para falarlle do Papá Nöel que acababa de chegar a clase enviado por Feitiño, e dun xeito máis ou menos organizado foron expresandose voluntariamente , intentando facerse entender polo seu interlocutor, aínda que por cousas das conexións o retardo dun segundiño no retorno do son daba pé a mal ententidos moi simpaticos como o que lle ocurreo a Aarón e Braulio.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.