PLANTAMOS AMORODOS NO HORTO
23 may 2012 Dejar un comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, HORTA, NOVAS, VOZ NATURA
Coa chegada da primaveira Os Cocoricos traballamos no horto do colexio, plantamos uns deliciosos amorodos. Xa tiñamos as plantas, pero había que preparar a terra, facendo uns buratos ben grandes para que collesen dentro. Unha vez rematado tiñamos que botarlle unha pouca auga para así conseguir que medrasen con moita enerxía. Á hora de facelo dividimos o traballo, uns facían os buratos, outros plantaban e outros regaban, conseguindo que todos colaborasen. Durante o proceso estivemos acompañados por unhas boas reporteiras, a cocorica Alba e a profe Aida, que non perderon detalle do asunto. Tamén nos acompañou Luisa, cantándonos fermosas cancións.
Pasadas unhas semanas e coa axuda do sol e a auga, puidemos comprobar como saían uns enormes e vermellos amorodos, ¡da gusto velos!
DÍA DA ÁRBORE NO COLE DE REBOREDA
21 may 2012 Dejar un comentario
in CELEBRACIÓNS, COÑECEMENTO DO MEDIO, CONMEMORACIONS, NOVAS, VOZ NATURA
Un ano máis no cole de Reboreda tivo lugar unha das celebracións más populares da escola “O día da árbore”.
Este ano as comunidades de montes de Reboreda e Ventosela recomendáronnos ir a plantar as árbores preto do campo de fútbol de Reboreda. Alí os peques axudaron a plantar as árbores, merendaron e xogaron sen parar.
Ahí vos deixamos algúns recordos deses momentos.
MENCIÓN ESPECIAL NOS PREMIOS VOZ NATURA
14 may 2012 Dejar un comentario
in NOVAS, PREMIOS, VOZ NATURA
O noso blog de Voz Natura foi premiado cunha mención especial entre 214 blogs que participaban no proxecto deste curso. Estamos super-contentos!!!
OS AMORODOS DO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA
09 abr 2012 1 comentario
in APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, HORTA, VOZ NATURA
Cada día o horto dos peques estase a encher con novas plantacións. Nesta ocasión plantamos amorodos porque así dentro dalgunhas semanas, e se o tempo o permite, poderemos degustalos antes de que remate o curso.
Esta soe ser a plantación que máis lles gusta aos peques porque rapidamente poden comprobar e probar as ricas e deliciosas froitas da súa horta que con tanto mimo coidaron durante semanas.
Agora deixámosvos un pequeno vídeo cun novo grupo dos exploradores cos amorodos e dando algúns retoques ao horto para que todo medre moitísimo.
OS COCORICOS APRENDEMOS A RECICLAR COA CASIÑA DO TRASNO
24 mar 2012 2 comentarios
in CREATIVIDADE, MATERIAIS E RECURSOS, MEDRANDO NO COLE, NOVAS, RECURSOS, VOZ NATURA
Ao longo deste curso, Os Cocoricos, estivemos investigando cousiñas sobre os trasnos, uns fermosos seres máxicos e mitolóxicos que forman parte da nosa cultura e tradición. Co motivo de afondar na súa forma de vida, decidimos elaborar un casiña para o noso amigo O Trasno.
O feito de levar a cabo esta pequena produción valeunos para tratar máis á fondo a reciclaxe, xa que reutilizamos elementos que ían ir para o lixo, tales como os botes de iogur líquido ou os cartóns da froita.
Tal e como podedes observar, a casiña é un fermoso cogomelo que Os Cocoricos elaboraron con moita ilusión e agarimo. ¡Esperamos que vos guste!
TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO
19 mar 2012 Dejar un comentario
in APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, HORTA, VOZ NATURA
Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.
Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.
RECOBRANDO VIDA NA NOSA HORTA
08 mar 2012 1 comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, HORTA, NOVAS, VOZ NATURA
ESTES DÍAS ESTIVEMOS FACENDO UN SEMILLERO DE PEMENTOS, PARA PODER TRASPLANTAR Á NOSA HORTA.
AS SEMENTES ERAN DUNS PEMENTOS CON FORMA DE CAMPÁ QUE VÍRAMOS O ANO PASADO NA AULA E DE PEMENTOS VERMELLOS GRANDES, POLO QUE TIÑAMOS UNHAS SEMENTES UN CHISCO MÁIS GRANDES QUE AS OUTRAS.
HOUBO QUEN QUIXO PROBALAS, E DECATOUSE DE QUE NON SE COMIAN, ESTABAN UN POUCO DURAS.
TRANSPLANTANDO NO HORTO DOS PEQUES DE REBOREDA
11 feb 2012 Dejar un comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, HORTA, VOZ NATURA
Fai unhas semanas os “Amigos da Terra” ensináronnos a plantar nun sementeiro moi particular. Fixemos as primeiras plantacións da tempada: leitugas, cebolas, fabas, chícharos,… Logo día a día coidámolas nas nosas aulas e como medraron tanto tivemos que transplantalas ao noso pequeno recunchiño hortícola.
Así pouquiño a pouco vai collendo forma o noso horto…
TRASPLANTANDO O NOSO SEMILLERO
02 feb 2012 1 comentario
in APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, HORTA, VOZ NATURA
DURANTE O MES DE DECEMBRO FIXEMOS UN SEMILLERO COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN AMBIENTAL “AMIGOS DA TERRA”, E COMO ESTIVEMOS MOI ATENTOS AO SEU COIDADO AS NOSAS SEMENTES MEDRARON DÍA TRAS DÍA, ATA CHEGADO O PUNTO QUE O SEU VASIÑO DE IOGUR QUEDÁBALLE ESCASIÑO DE TODO. POLO QUE APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS ACOMPAÑABA, COLLEMOS AS PRANTAS DE FABAS E CHÍCHAROS XUNTO CON TÓDOLOS UTENSILIOS NECESARIOS E, POR PARELLAS, FOMOS TRANPLANTANDO TÓDALAS PRANTAS NA NOSA HORTA. DURANTE ESTA ACTIVIDADE DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS E O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FORON AS RAICES, A SÚA COR, FORMA, TEXTURA, OLOR,… MIRADE COMO DISFRUTAMOS.
WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ
28 ene 2012 Dejar un comentario
in ACTIVIDADES LIM, COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, ESQUEMA CORPORAL, VOZ NATURA
Achégase o día da Paz e a nosa amiga Belén Junquera fixo esta LIM tan fermosa onde podedes escoitar o conto de Wangari e logo facer as actividades do nivel básico. Espero que vos guste. Clicade e a xogar.
OS AMIGOS DA TERRA
10 dic 2011 Dejar un comentario
in A AUGA, AMIGOS, COIDANDO O MEDIO, NOVAS, VOZ NATURA
Os nenos e nenas de Infantil tivemos a inmensa sorte de recibir no noso centro a Os Amigos da Terra, unha asociación ecoloxista, que fomenta o respecto cara o medio ambiente dun xeito xusto e solidario. Grazas a eles aprendemos o importante que é a agricultura ecolóxica, sen pesticidas nin fertilizantes químicos, unha agricultura que promove a conservación dos recursos naturais.
Coa súa axuda plantamos as sementes dos chícharos, que fomos coidando cada día, asegurándonos que tiñan auga e luz do sol. Esperamos que vos guste.
¡Unha aperta!
BUSCANDO FOLLAS DE OUTONO DURANTE A FIN DE SEMANA
30 nov 2011 Dejar un comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, MATERIAIS E RECURSOS, MEDRANDO NO COLE, VOZ NATURA
Este curso os maiores dos peques acaban de iniciarse nunha nova tarefa. Temos unha libreta viaxeira coa que mandamos recados a casa, para dar algunha noticia ás familias, para ensinarlles unha canción ou unha adiviña, e tamén para facer cousiñas durante a fin de semana coas familias. Nesta ocasión propusémoslle unha saída polo seu contorno para buscar os cambios na paisaxe durante o outono, e como actividade escolar pedímoslles que trouxeran follas de outono de cores e formas diferentes.
Foi todo un éxito!!! Os pequech@s estaban emocionadísimos por levar unha libreta de “maiores” e encantóulles a actividade proposta polo que os resultados foron espectaculares. Atoparon tantas cousiñas que tivemos que facer unha gran asemblea na que amosaron ao grupo as súas follas, comentaron como eran (grandes, pequenas, lisas, rugosas, aromáticas, grosas, fráxiles,…), como se chamaban e tamén trouxeron algúns recordos dese paseo polo campo, como por exemplo:cogumelos.
Mirade, mirade canto aproveitamos estes pequenos recursos.
VOZ NATURA
08 oct 2011 1 comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, VOZ NATURA
Este ano temos a sorte de formar parte do proxecto VOZ NATURA organizado polo xornal, A VOZ DE GALICIA. Este programa vainos dar a oportunidade de mellorar a nosa horta, facer saídas ao entorno próximo, sensibilizar ao noso alumnado no coidado e defensa do medio ambiente… Para isto, creamos un novo espazo web onde imos recoller todas as actividades que fagamos ao longo do curso. Tedes o enlace na barra lateral dereita, onde pon o logo de VOZ NATURA. Pouco a pouco tentaremos enriquecer o blog, poñer xogos que teñan que ver co medio ambiente, enlaces interesantes… Esperamos que vez de en cando tamén lle deades unha visita.
INTERCAMBIO DE SEMENTES NA ALAMEDA DE REDONDELA
05 oct 2011 Dejar un comentario
in COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, VOZ NATURA
Este sábado a AAVV de Ventosela organiza un encontro de intercambio de sementes na Alameda de Redondela, onde, ademáis, haberá charlas e diversas actividades. É un bo momento para ir cos peques e aprender máis cousas sobre as sementes, coñecementos que podemos aplicar despois a nosa horta. Ademáis, podedes aproveitar e intercambiar sementes por outras novas que plantar no cole. Aquí vos deixo o cartel e o programa do día.
PREPARAMOS A NOSA HORTA DE OUTONO
28 sep 2011 1 comentario
in APRENDIZAXE COOPERATIVA, COÑECEMENTO DO MEDIO, COIDANDO O MEDIO, HORTA, NOVAS, VOZ NATURA
Os exploradores este luns andiveron moi liados coa nosa pequena horta, xa que durante o verán e as vacacións medraron moitísimo as herbas malas e agora nos tocaba preparala para a chegada do outono.
Quitamos as herbas secas, regamos, plantamos coles galegas típicas desta tempada, e ata poidemos recoller algúns dos froitos plantados na primavera, como por expemplo as fabas que recollemos grazas a Lucía C.C. e a súa familia, xa que o curso pasado regaláronnos unha chea de sementes.
Mirade que ben o pasan no horto estes pequenos pero grandes labregos.
























AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR