Archivo mensual: marzo 2008

Unha das actividades que estamos a facer este ano é a de participar no “Proxecto europeo Rural Wins e no Youra”, gracias a eles poidemos coñecer a uns cativos que viven moi lonxe de Reboreda, en Lleida, nunha aldeiña chamada Prats, falan con nós de cando en vez a través de videoconferencias, contannos cousas de alí , o que fan e algunha das súas tradicións , e nós tamén lles contamos cousas que facemos por aquí , compartimos tradicións e traballos, este nadal mandámoslles unhas estrelas preciosas, entre todos os que participamos no proxecto xuntamos casi 500. No Antroido tocoulle o turno as caroutas, as nosas eran africanas e foron para un cole que hai preto de Santiago, o da ramallosa, nestes momentos estamos intentando facer uns contacontos a través da rede, nós amosarémoslles os que máis nos gustan e eles farán o mesmo.

Gracias os amigos de Prats coñecimos a tradición do “Caga tió” un tronco máxico que en estas terras ten un primo o que lle chamamos “Feitiño”, pero xa vos contaremos quén é e de donde veu ., por certo vós sabedes onde está Prats????, pois nós sí, e sabemos atopalo no mapa que nos dou Miquel o seu profesor.

[rockyou id=109106003&w=426&h=319]

Anuncios

                O samaín é unha celebración moi divertida, neste curso  fixemos morcegos, arañas coas súas telarañas, bruxas, decoramos cabazas, e o mellor de todo foi que nos disfrazamos de pantasmas cuns sacos , pintamos a cara de branco e fumos xunto coas profes a dar sustos polo cole   ¡¡¡¡¡UUUUUHHHHH!!!!!!, qué ben o pasamos!

[rockyou id=109103401&w=426&h=319]


“O meu cole o meu castelo”, este é  o tema do proxecto de traballo que temos este curso, é un bo proxecto , pero implicounos moito traballo, tivemos que facer castelos con pezas de construcción, para que cada un mostrase as ideas que tiña sobre os castelos e as partes que os forman, os seus habitantes , os animáis que por alí poderíamos atopar …etc, decorar os pasillos do colexio, a clase, en fin….que traballamos e moito. Aquí deixamos unha pequeniña mostra de eso, que esperamos nuns días poder aumentar.
[rockyou id=109100527&w=426&h=319]


O INICIO DO CURSO 2007-8

   Hoxe comenzamos a nosa andaina,”PEQUESREBOREDA”  Somos os nenos e nenas de Educación infantil , pouco a  pouco iremos enchendo este blog coas nosas experiencias,amosandovos parte do noso traballo diario na aula,das excursións ,cumpleanos…etc

    Ningún comenzo é perfecto,así que tendes que ter un pouco de paciencia con nós, iremos a modo pero con paso firme,estámos a medrar, a aprender, a facernos persoas autónomas  e eso as veces é duro e leva tempo,así que …..a ter paciencia.

 Desexamos que vos guste,esta é a nosa páxina,o noso traballo ,a nosa vida na escola .Coincidindo coa chegada da primaveira  empezamos a andar. BENVIDOS A TODOS.



A %d blogueros les gusta esto: