Archivo mensual: abril 2008

O venres día 16 Carla tivo un día moi feliz. O seu debuxo foi elixido coma portada da revista Bolboreta. A verdade é que ela non pensaba gañar, fixo o debuxo para divertirse no recuncho dos animais que temos na aula e, SORPRESA, de súpeto a súa bolboreta regordeta convertíase en portada.

De regalo recibiu un libro de Castelos e un puzzle de animais. Os regalos gustáronlle moito e está desexando ver a revista para ver que tal quedou o seu debuxo.\"\"

[rockyou id=111471533&w=426&h=319]

Anuncios


Ayer domingo en el Faro de Vigo se publicó un nuevo artículo referido a la entrega de premios que se llevó a cabo en el centro el pasado viernes con motivo de las diversas actividades que hemos llevado a la practica a lo largo de todo este mes de Abril.

[rockyou id=111331159&w=426&h=320]


       

            O día 22 deste mes de Abril, o Faro de Vigo nas súas páxinas adicadas os centros educativos da zona  editou unha reportaxe sobre o noso cole.

“O mes dos libros no colexio Santo Paio de Abaixo”, por si alguén non puido velo, aquí lle deixamos unha pequeniña mostra, pero abaixo tendes o enlace para poder velo ben na web.  

FARO VIGO ARTÍCULO


A finais de Marzo chegou a profe Susana cunha grata sorpresa tiña ovos de vermes de seda, tiña miles e miles de ovos diminutos que quería compartir con nós, repartiu ovos a todas a clases que quixeran participar no coidado dos vermes. Descubrimos que ter unhas pequenas mascotas na clase é algo divertido e de moita responsabilidade porque temos que coidalos, darlles de comer, limpalos, … sen esquecerse ni un só día. Tamén descubrimos que sorprendente é comprobar como van crecendo, como constrúen o seu casulo con seda que eles mesmos fabrican e como de xeito máxico e sorprendente convértense en bolboretas despois de varios días durmidos dentro do mesmo. O que máis nos sorprendeu é o moito que comen, pasan todo o día comendo sen parar follas de morera.


Neste mes de Abril, co gallo do día do libro ideamos unha gran exposición cos contos, gracias a axuda dos cativos/-as e as súas familias, compartindo pequenos anacos do día para deseñar xuntos un xoguete, un obxecto, un debuxo… que estivese relacionado co libro que máis lles gustase e ao que lle tivesen un cariño especial.


[rockyou id=111059314&w=426&h=319]



A %d blogueros les gusta esto: