Archivo mensual: mayo 2008

 

 

Os nenos/-as de cinco anos fixeron un “abezoo” coa mestra Verónica porque son moi maiores e xa coñecen moitos animais e coñecen todas as letras do abecedario, pero nos os pequenos de catro anos (A e B) estamos a facer o libro dos animais do castelo, empregando en cada páxina do libro diferentes técnicas plásticas, diferentes recursos e diferentes materias plasticos e de refugallo e ademais escribindo o nome da cada un deses animais, porque xa estamos aprendendo a ler e a escribir un pouquiño, xa que tamén coñecemos todas as letras do abecedario. Está resultando un traballo moi entretido e moi lindo, esperamos que vos guste moito, un bico e unha aperta moi grande para todos os nosos lectores!!!!

 

 

[rockyou id=114084198&w=426&h=320]

Anuncios

[rockyou id=114165819&w=426&h=319]



Un mes máis celebramos os aniversarios do mes de maio todos xuntos. Nesta ocasión cunha deliciosa macedonia.

[rockyou id=113964826&w=500&h=375]


Aínda que somos un grupo de nenos de Infantil , o noso traballo estalles a interesar ata os maiores do Instituto ( Qué pasadaaa!!!!) Así que oxe poñemos no noso Blog o enlace o I.E.S Monte Carrasco para que todo o mundo os poida tamén coñecer a eles. Unha perta para todos e en especial para o profe ALEX .


Con un pouco de cartulina, pegamento e unhas tiras de papel de periódico vello estes cativos diseñaron a súa peluca de “indios peludos” . Transformados pois nunha tribu de indios fumos a visitar e “asustar” a alguns dos nosos compañeiros de ciclo e tamén a biblioteca onde atopamos traballando a profe Amparo, pero aínda así e despois do susto que lle demos , ensinounos unha canción de indios preciosa. Gracias profe Amparo, xa eres parte da nosa tribu.

[rockyou id=113840555&w=426&h=319]



Parece que o bo tempo non acaba de chegar, nembargantes, os nenos/as de cinco anos decidimos remediar estes días grises dándolle un pouco de cor e luz as nosas vidas.

[rockyou id=113826127&w=500&h=375]


[rockyou id=113679927&w=426&h=319]



A %d blogueros les gusta esto: