Archivo mensual: junio 2008

¡¡¡¡ O equipo de infantil desexavos unhas felices vacacións, vémonos o próximo curso!!!!

equipo de infantil<

Anuncios

El pasado Viernes 27 se ha jubilado nuestra compañera Mª Carmen,desde aquí queremos aprovechar para desearle la mejor de las suertes, que disfrute de esta nueva etapa de su vida y sobre todo darle las gracias por compartir con todos nosotros todos estos años de docencia, con sus días buenos y no tan buenos pero con una sonrisa permanente en el rostro.

¡¡¡GRACIAS MAESTRA!!!

[rockyou id=116357808&w=426&h=319]



Hace un tiempo prometimos contaros algo de “Feitiño”, nuestro tronco mágico.
Le cogimos mucho cariño y preguntamos de vez en cuando a la profe cuándo vuelve a vernos???, en Navidad volverá, hasta entonces…..os presentamos a FEITIÑO, nuestro tronco mágico.


Vos recomendamos algúns libros que vos poden axudar a afrontar a chegada o cole, a loita por non querer ir durmir, as pataletas…

[rockyou id=115959143&w=426&h=319]


Cando falamos do  proceso de adaptación estamos referíndonos as fases sucesivas polas que pasa o neno/a ata adapatarse a novo medio, neste caso a escola.

Trátase dun intervalo de tempo onde os nen@s teñen que asimilar os cambios que se van producir na súa vida, contorna e ambiente e, ademais, en moitos casos, a primeira separación das figuras de apego.

O ingreso na escola é un cambio moi grande para os nen@s: novo ambiente, novos espacios, novos compañeiros…, situacións novos que lle van dar novas aprendizaxes e experiencias que non poden vivir nas súas casas e que lle van permitir resolver infinidade de situacións.

Chegar a un lugar novo producenos a todos, e sempre, certa desconfianza e inseguridade, por iso debemos estar ao lado dos nen@s, escoitalos e axudalos a construir esta nova dimensión que se presenta nas súas vidas.

Aproveitade este tendo vacacional para falar cos nen@s da escola, sen enganalos, non lle podemos dicir que algo marabilloso, nin tampouco que é un sitio terrible. A nosa seguridade e tranquilidade é fundamental para que a actitude do neno cara a escola sexa positiva. Se tedes medo ou desconfianza ídesllo transmitir ao neno.

Sentade cos nen@s e se tedes algún fillo maior, sobriño ou amigo que estuvera fai pouco na escola infantil que vos conte a súa experiencia.

 [rockyou id=115950879&w=450&h=337]


         Parece incrible o rápido que pasa o tempo. Fai nada estábamos aprendendo a poñernos o mandilón e hoxe xa deixamos a etapa infantil para converternos en nen@s de primaria.

         Lémbrome agora de cando xogabamos a ver, escoitar, cheirar, tocar e comer os contos, ou cando fixemos o proxecto do protagonista da semana convidando aos papás e as mamás a aula para que contasen cousas nosas, cando enchemos a aula de insectos feitos por nós, cando visitamos a biblioteca de Redondela, cando pasamos de ser 11 a ser 22, como, pouco a pouco, e por arte de maxia comezamos a ler, cando escribimos na PDI por primeira vez, o día que chegaron xoguetes novos ao patio… e, ata, fai uns días cando visitamos primeiro.

         Pasaron unha chea de cousas no tempo que compartimos xuntos, pero, sobre todo, aprendemos a compartir, a respetar, a escoitar, a esperar, a razonar e a ilusionarnos.

         Só espero que o paso do tempo non esvaeza da nosa memoria o tempo que pasamos xuntos e que, antes o despois, poidamos volver a atoparnos e compartir a maravillosa experiencia de descubrir algo novo xuntos.




A %d blogueros les gusta esto: